sábado, 27 de abril de 2013

Grand Prrix FIDE - Zug (R8) Topalov marcha líder

Na localidade suiza de Zug estase a xogar un torneo desa competición que á que FIDE tenta dar importancia dende fai anos, o Grand Prix, con pouco éxito. Tras oito partidas está na cabeza o búlgaro Topalov, medio punto de vantaxe sobre Ponomariov e un sobre Karjakin e Caruana.
Web oficial.

venres, 26 de abril de 2013

Memorial Alekhine 2013 (R5) Dous franceses na cabeza da táboa

Chegado o primeiro día de descanso no Memorial Alekhine está na cabeza Vachier-Lagrave con 3,5 puntos (+2 =3 -0), e tras del está Fressinet a medio punto (+1 =4 -0). Parece que xogar no Museo do Louvre inspira aos xogadores galos.
Empatados con Fressinet están Gelfand, Aronian e Adams. Co 50% dos puntos atópase Anand, e a continuación Ding, Kramnik e Votiugov con 2 puntos. Pecha Svidler con un. De momento está a ser un torneo arrepiante para os rusos, que ocupan tres das catro derradieras prazas.

mércores, 24 de abril de 2013

Memorial Alekhine 2013 (R4) Aronian, Vachier-Lagrave, Admas e Gelfand na cabeza

Tras catro roldas xogadas tres xogadores mandan na clasificación con dous puntos e medio: o armenio Aronian, o francés Vachier-Lagrave, o israelí Gelfand e o inglés Adams.
Está a ser un torneo movido, proba de elo é que para ser líder soamente hai que ter medio punto máis do 50% e soamente quedan tres xogadores imbatidos dos dez que participan. Na cuarta rolda Aronian derrotou a Svidler, que estando peor cometeu un erro que rematou a partida no momento. O resto das partidas foron táboas.

luns, 22 de abril de 2013

Comezou o Memorial Alekhine



Un dos torneos máis fortes do ano está a ter lugar estes días. Parte vaise xogar en París e outra parte en San Petersburgo. Os escenarios non poden ser mellores: o museo do Louvre en París e o Museo Ruso en San Petersburgo.
Aronian, Kramnik e Anand están á cabeza como favoritos. Na primeira rolda gañaron Kramnik a Vitiugov, Liren a Aronian e Adams a Kramnik, polo que podemos decir que houbo un par de sorpresas, Táboas entre Vachier-Lagrave e Fressinet e entre Svidler e Gelfand. Unha vez máis os rusos fan unha retransmisión do torneo abraiante, en HD e con comentarios en ruso, inglés e francés.

domingo, 14 de abril de 2013

Pasamento do GM Robert Byrne

Aos 85 anos morreu o xadrecista dos Estados Unidos Robert Byrne. Foi un dos habituais da selección americana nas olimpiadas durante 30 anos, na que xogou moitas veces con Fischer e obtivo varias medallas. Chegou a clasificarse para os matchs de candidatos de 1974, onde caeu ante Spassky.

Campionato de España Universitario 2013 en Extremadura

Finalmente haberá campionato universitario, que vai ter lugar en Badajoz do 16 ao 19 de abril. Nove roldas de xadrez rápido.

luns, 1 de abril de 2013

Candidatos 2013 (Final) Carlsen gañador, perdendo a sú partida, pola derrota tamén de Kramnik

Tras perder Carlsen na partida ca que pechaba o torneo contra Svidler, a Kramnik bastáballe o empate para ser o campión, pero a súa posición con Ivanchuk era mala. Uns minutos máis tarde da derrota de Carlsen, Kramnik tiña que renderse diante do xenio ucraniano. Deste xeito, o desempate favoreceu o noruegués polas súas cinco vitorias.
Aronian gañou a Radjabov e quedouse a medio punto dos primeiros empatado con Svidler, que sempre fai bo papel nestes torneos. Aquí o desempate favoreceu ao ruso, que fixo 1,5 no enfrontamento particular. Quinto e sexto Gelfand e Grischuk, sétimo Ivanchuk e pechou a decepción do torneo Radjabov.
Rank
SNo.
Name
Rtg
FED
1
2
3
4
5
6
7
8
Pts
Res.
vict
1
8
GM
Carlsen Magnus
2872
NOR
* *
½ ½
1 0
½ ½
1 1
1 ½
½ 0
½ 1
1
5
2
5
GM
Kramnik Vladimir
2810
RUS
½ ½
* *
½ 1
½ 1
½ ½
½ 1
½ 0
½ 1
1
4
3
4
GM
Svidler Peter
2747
RUS
0 1
½ 0
* *
½ 1
½ ½
½ ½
½ 1
1 ½
8
4
4
1
GM
Aronian Levon
2809
ARM
½ ½
½ 0
½ 0
* *
1 0
½ ½
1 1
1 1
8
½
5
5
2
GM
Gelfand Boris
2740
ISR
0 0
½ ½
½ ½
0 1
* *
½ ½
½ ½
½ 1
1
2
6
6
GM
Grischuk Alexander
2764
RUS
0 ½
½ 0
½ ½
½ ½
½ ½
* *
½ 1
½ ½
1
1
7
3
GM
Ivanchuk Vassily
2757
UKR
½ 1
½ 1
½ 0
0 0
½ ½
½ 0
* *
0 1
6
0
3
8
7
GM
Radjabov Teimour
2793
AZE
½ 0
½ 0
0 ½
0 0
½ 0
½ ½
1 0
* *
4
0
1