xoves, 26 de abril de 2012

- Match Aronian - Kramnik (R4) Empate a dous

Tras táboas na derradeira partida o match vai +1 =2 -1 para cada xogador. Na web oficial hai ampla información e acceso as grabacións dos comentarios en directo das partidas.

mércores, 25 de abril de 2012

- Match Aronian - Kramnik (R3) Kramnik empata o match

Tras tres partidas dun match de exhibición en Zurich entre o número dous e o o tres do mundo o encontro está igualado tras a vitoria de Kramnik de onte, que anulaba a vantaxe do armenio lograda na primeira partida.

luns, 23 de abril de 2012

- Iván Salgado é o novo campión iberoamericano

Salgado en Ecuador - Foto da web oficial
O GM galego Iván Salgado, tras gañar na derradeira rolda ao GM peruano Julio Granda, proclamouse campión do IV Torneo Iberoamericano, que xogouse en Ecuador. Na segunda praza quedou Granda, e na terceira praza o GM Milos. Salgado non perdeu partida en todo o torneo e é o primeiro español en gañar este título. O gañador do ano pasado, o cubano Bruzón, desta ocasión foi cuarto.
Salgado gañou nunha apertura española pechada con as pezas brancas, montando un bo ataque contra o rei rival. Pódese ver a partida no visor.

mércores, 18 de abril de 2012

- IV Torneo Iberoamericano. Salgado gaña o seu grupo e pasa á fase final

Tras xogar a cinco partidas e facer catro puntos o GM Iván Salgado gañou o seu grupo e pasou á fase do K.O. Con el estarán Bruzón, Milos, Hoyos, Granda e Leitao.

domingo, 15 de abril de 2012

- IV Torneo Iberoamericano. Bo comezo de Salgado

O GM Iván Salgado derrotou ao GM chileno Morovic na primera partida da fase de grupos do torneo. Salgado superou a defensa siciliana de Morovic montando un ataque contra o rei do chileno que acabou dándolle material decisivo. No resto de grupos destaca a importante vitoria de Bruzón sobre Felgaer, a de Granda sobre Barrientos e a de De la Riva sobre Zambrana. A información oficial é lamentable, con unha web moi mala e cos resultados en ChessResults sen completar.

sábado, 14 de abril de 2012

- Iván Salgado será o representante español no IV Torneo Iberoamericano

Do 14 ao 23 de abril en Ecuador vai ter lugar a cuarta edición deste torneo. Participan xogadores membros das federacións asociadas, e por España vai xogar o GM galego Iván Salgado. O torneo ten unha fase de grupos seguida despois de eliminatorias. Salgado vai estar no grupo D nesta primeira fase i é o favorito por elo do seu grupo. Lázaro Bruzón é o do torneo.


GRUPO  A
    
CUBA
BRUZON
LAZARO
GM
2694
ARGENTINA
FELGAER
RUBEN
GM
2564
URUGUAY
RODRIGUEZ
ANDRES
GM
2502
VENEZUELA
PRASCA
RAFAEL
MI
2420
ECUADOR (3)
MACIAS
BRYAN
MI
2382
PUERTO RICO
ALMEDINA
EDGARDO
   f
2245

GRUPO B
    
PERU
GRANDA
JULIO
GM
2640
BRASIL (2)
MILOS
GILBERTO
GM
2593
COLOMBIA
BARRIENTOS
SERGIO
GM
2519
ECUADOR (2)
GUERRA
LENIN
   f
2421
PORTUGAL
FERREIRA
JORGE
   f
2339
HONDURAS
COLINDRES
DANIEL
   f
2255

GRUPO C
    
BRASIL (1)
LEITAO
RAFAEL
GM
2623
MEXICO
HOYOS
LEON
GM
2569
ANDORRA
DE LA RIVA
OSCAR
GM
2545
BOLIVIA
ZAMBRANA
OSVALDO
GM
2492
REP. DOMINICANA
INFANTE
MIGUEL
   f
2314
NICARAGUA
BRAVO
WILLIAM
   f
2251

GRUPO D
    
ESPAÑA
SALGADO
IVAN
GM
2621
CHILE
MOROVIC
IVAN
GM
2577
ECUADOR (1)
MATAMOROS
CARLOS
GM
2548
COSTA RICA
GONZALEZ
BERNAL
MI
2424
PANAMA
BAULES
JORGE
MI
2358
PARAGUAY
LATORRE
MATIAS
 
2252