xoves, 26 de febreiro de 2015

Campionato de Europa 2015 (R3) Quedan cinco xogadores con tres de tres

Cinco xogadores todavía co 100% dos puntos ocupan o grupo de cabeza en Xerusalén. Mañá ocuparán as primeiras mesas, e soamente queda Navara dos dez primeiros cabezas de serie. Dos españois Salgado gañou a súa partida e ten 2,5 puntos. Vallejo empatou e ten 2.

mércores, 25 de febreiro de 2015

Campionato de Europa 2015 en Xerusalén

Do 23 de febreiro ata o 9 de marzo, por sistema suizo, vai ter lugar o campionato europeo de xadrez. Por España xogan Vallejo e Salgado, que parten do número 6 e do número 43 do ranking inicial. Moitas ausencias, con soamente seis xogadores por riba dos 2700.
Na primeira rolda Salgado gañou a un MF ruso de 2227 e Vallejo deu táboas a un grande mestre israelí de 2444.

xoves, 12 de febreiro de 2015

Carlsen gañou en Baden Baden

O campión mundial Magnus Carlsen resultou o gañador do torneo de Baden Baden tras vencer no desempate a Naiditsch, despois de que os dous rematasen o torneo con catro puntos e medio. Na terceira e cuarta praza empataron Adams e Caruana, a medio punto dos primeiros.

xoves, 5 de febreiro de 2015

Nakamura gaña o Open de Gibraltar

O americano Hikaru Nakamura foi o gañador do Open de Gibraltar, tras facer 8,5 puntos en 10 roldas. Na segunda praza quedou o inglés David Howell a medio punto, e medio por diante dun grupo de oito xogadores que quedaron empatados con 7,5: a campiona mundial feminina Yifan Hou, Vitiugov, Topalov, o MI alemán Wagner, Adhiban, Harikrishna. Bachmann e Malakov.
Os mellores dos españoi foron Iván Salgado e David Antón, os dous con seis puntos. Aparte do torneo "grande" había pequenos "opens" para amateurs, e a destacar ao MF Luis Javier Sánchez, que gañou o Challenger "A".

martes, 3 de febreiro de 2015

Comezou o Torneo de Baden Baden

Un clásico dos pechados deu comezo en Alemania, un fortísimo torneo con Carlsen, Caruana, Anand, Aronian, Bacrot, Adams, Naiditssh e Baramidze. Ata o sete de febreiro con retransmisións en directo.

Comezou o Open de Moscú

Non ten nomes tan ilustres como o de Gibraltar, pero o Open de Moscú é un festival con varios torneos en marcha (categoría absoluta, feminina, veteráns, estudantes...) para superar o milleiro de xogadores. Os premios totais supean os catro millóns de rublos (máis de 50.000 €). Está a xogar Vallejo, que é un dos primeiros do ranking.