sábado, 23 de novembro de 2013

Magnus Carlsen novo campión mundial de xadrez

Unhas táboas na décima partida do match deron a vitoria matemática a Magnus Carlsen diante de Viswanathan Anand na décima partida do match polo campionato do mundo de xadrez.
O match foi xogado en Chennai, na India. Estaba pactado a doce partidas, pero non foi necesario xogalas todas, sendo o resultado final a favor do noruegués +3 =10 -0.

xoves, 21 de novembro de 2013

Anand - Carlsen 2013. Anand deixase unha peza e as súas opcións na novena partida

Anand xogou a gañar e perdeu. Atacou con todo e obrigou a Carlsen a defenderse con xogadas case únicas, pero nos apuros de tempo nunha posición de dobre fío errou e tivo que abandoar.  Quedan tres partidas e con medio punto Carlsen será o novo campión do mundo.

martes, 19 de novembro de 2013

Azerbaijan gaña o europeo de seleccións

Os xogadores azerís gañaron a medalla de ouro no europeo que tivo lugar en Polonia. Na segunda praza e medalla de prata acabou o equipo francés, e salvando os mobles ao final o euipo ruso levou o bronce. España o fixo mal e rematou no posto 19 partindo do 11.
Na sección feminina as gañadoras foron as ucranianas, seguidas das rusas e as polacas. O equipo español o fixo ben, quedando no posto 11 cos mesmos puntos que o sexto.

Match Anand - Calsen 2013. Dúas táboas máis deixan a Carlsen máis cerca da coroa

Ningún apuro pasou Carlsen ante Anand nas partidas sete e oito, polo que o indio terá que facer moito máis se quere nivelar o match nas catro partidas que faltan. Na sete, con brancas, o campión non conseguiu apretar ao aspirante que empregou outra vez a berlinesa na española. Na oitava partida repetiuse apertura con colores cambiados, e Carlsen xogou unha partida tranquila que non foi alterada por Anand e o punto repartiuse sen nada que salientar.

domingo, 17 de novembro de 2013

Anand - Carlsen 2013. Carlsen gaña dúas partidas seguidas e ponse +2 na metade do match

O noruegués Magnus Carlsen, o aspirante ao título, gañou as partidas 5ª e 6ª do match ante o campión mundial Viswanathan Anand e toma clara vantaxe para o que resta da competición. Carlsen gañou dous finais xogando moi preciso e agardando unha imprecisión do campión. Cando estas chegaron non as deixou pasar e venceu primeiro con brancas e ao día seguinte con negras.

mércores, 13 de novembro de 2013

Campionato de Europa de seleccións (R5) Francia na cabeza

Tras cinco roldas o equipo francés está a dar a sopresa e marcha na cabeza en solitario.  Na segunda praza empatan varios equipo, destacando Grecia e Xeorxia que non partían entre os mellores. España está a obter resultados normais.

Match Anand - Carlsen Mundial 2013 - Empate tras catro partidas

O xadrez de altura apareceu nas partidas tres e catro, onde os que levaron negras tiveron contra as cordas ós das brancas. Pero defensas precisas fixeron que non se pasase das táboas e que o marcador esté 2-2.

domingo, 10 de novembro de 2013

Comezou o match Anand - Carlsen pola coroa mundial

Xa está en marcha o encontro no que Anand Viswanathan defende o seu título diante de Magnus Carlsen. Tras as dúas primeiras partidas o marcador está igualado, con moito respeto entre os dous xogadores.

venres, 1 de novembro de 2013

Nova lista de Elo FIDE de novembro. Aronian recupera a segunda praza.

Non hai moitos cambios. Carlsen segue sendo o número un e ten unha diferenza de 95 respecto a Anand a poucos días de comenzar o match polo título. Nakamura chega máis alto que nunca, a cuarta praza. Radjabov segue sen levantar cabeza, e agora está no posto 33º. O primeiro español segue a ser Vallejo, con 2705 no posto 44. Na lista feminina como sempre manda Judith Polgar.