sábado, 11 de xuño de 2016

A española Sabrina Vega subcampiona europea

A canaria Sabrina Vega acadou o maior éxito do xadrez feminino español tras obter a medalla de plata no Europeo 2016 xogado en Constanta, Rumania. A gañadora do torneo foi a ucraniana Ushenina con 8,5 puntos, os mesmos que acadou Vega, pero con mellor desempate. A búlgara Stefanova levouse o bronce. A outra española, Ana Manadze, rematou no posto 11º.

mércores, 8 de xuño de 2016

Viktor Korchnoi morreu aos 85 anos

Unha das lendas do xadrez, Viktor Korchnoi, morreu o 6 de xuño de 2016. Foi catro veces campión da URSS, e tras escapar de alí o foi cinco de Suiza e unha de Holanda. Xogou duas veces contra Karpov polo título mundial (1978 e 1981), e outra máis na final de candidatos de1975 na que Karpov foi logo campión pola renuncia de Fischer.