xoves, 31 de xaneiro de 2013

Open Gibraltar 2013 (R10) Vitiugov, Vachier-Lagrave, Sandipan e Short xogarán o desempate

Tras a rolda matinal que facía a décima catro xogadores remataron empatados a 8 puntos na cabeza. As regras impoñen desempate pola tarde, no que estarán Vitiugov, Vachier-Lagrave, Sandipan e Short.

mércores, 30 de xaneiro de 2013

Gibraltar 2013 (R9) Short, Vitiugov e Vacheir-Lagrave chegan empatados na cabeza para a derradeira rolda

Tres xogadores contarán cas máximas opcións de gañar o torneo con 7,5 puntos: Short, Vitiugov e Vachier-Lagrave. Tras deles a medio puntos con 7 estarán con opcións tamén Ivanchuk, Adams, Navara, Sandipan, Zhao e Georgiev. Por detrás un amplo pelotón de xogadores con 6,5 puntos esperando chegar ao máis arriba que poidan, entre eles Iván Salgado, Juan Carlos Ibarra e Renier Vázquez.

martes, 29 de xaneiro de 2013

Gibraltar 2013 (R8) Short e Vitiugov empatados na cabeza

O gañador da edición pasada Nigel Short e Nikita Vitiugov son os líderes do Open de Gibraltar 2013 con 7 puntos tras xogarse oito das dez roldas das que consta o torneo. Tras deles con 6,5 están Kamsky, Yu Yangyi e Vachier-Lagrave. Con 6 puntos hai un bo grupo de xogadores entre os que está o GM Iván Salgado e o MI Juan Carlos Ibarra. O MI David Lariño perdeu esta rolda e seue con 5 puntos.

Gibraltar 2013 (R7) Táboas de Salgado con Navara e derrota de Lariño ante Short

Sorte dispar para os dous galegos que están a xogar o Open de Gibraltar. Salgado tivo vantaxe toda a partida contra Navara, pero a súa calidade de máis non era suficiente para romper a fortaleza do checo. Lariño non tivo un bo día, e o excandidato ao título mundial de Kasparov gañoulle unha peza e a partida.
Na cabeza Le Quang fixo unhas táboas rápidas con Ivanchuk, o mesmo resultado que na partida Adams - Tchakiev que tivo algo máis de xogo, aunque no momento das táboas había moito que xogar. Jones e Shirov tamén empataron, pero tras cambiar case todas as pezas.
A partida que enfrontaba a dous xogadores do grupo de cabeza foi unha dura loita na que a catalana de Vitiugov apretou a Georgiev gañando un peón, pero o búlgaro conseguiu organizar unha boa defensa grazas a ter bispo por cabalo e todos os peóns no mesmo flanco. Sen embargo o ruso apretou ata gañar.
Na oitava rolda Salgado levará brancas na cuarta mesa contra Adams, e Lariño negras na decimosegunda contra Ehlvest.

luns, 28 de xaneiro de 2013

Gibraltar 2013 (R6) Os galegos Salgado e Lariño entre os mellores

Salgado en Gibraltar
Tras xogarse seis partidas do primeiro open importante do ano figuran na cabeza o vietnamita Le Quang, o ruso Vitiugov e o búlgaro Georgiev con 5,5 puntos.
Tras deles un gran grupo con 5 puntos entre os que están os galegos GM Salgado e o MI Lariño, este último á caza de puntos elo para que a FIDE poida darlle o título superior. Tamén están nese grupo dos que levan cinco Adams, Navara, Iturrizaga, G. Jones, Ivanchuk, Kamsky, Tkachiev, Shirov e Short. Case nada...
Na sétima rolda os galegos, como era de esperar, teñen partidas moi complicadas: Salgado - Navara e Short - Lariño. Poderemos seguilas na web oficial.

domingo, 27 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess (Final) Magnus Carlsen gaña en Wijk Aan Zee

A derradeira partida de Carlsen foi un trámite
Con 10 puntos sobre 13 e xogando a 2930 Magnus Carlsen foi o claro gañador do Tata Steel Chess 2013. Por detrás del, a medio PUNTO Aronian, e logo Anand e Karjakin que sumaron 8 puntos. Pecharon a táboa Caruana con 5 puntos e deixándose 25 de Elo, L'Ami con 4 e Sokolov con 3.
No grupo B Naiditsch e Rapport empataron na cabeza con 9 puntos, deixando detrás, a medio de distancia a Movsesian e Smeets. Pechou con 3,5 Ernst.
No grupo C o gañador foi Brunello, que gañou a derradeira partida mentres Peralta facía unhas rápidas táboas, correndo o risco de non quedar na cabeza como así aconteceu.

sábado, 26 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess (R12) A Carlsen sóbralle a derradeira partida para gañar o torneo

Magnus Carlsen xa é o gañador do torneo tras esnaquizar a Nakamura na rolda 13ª, para sumar así 9,5 puntos e sacarlle un e medio aos seus perseguidores, Anand e Aronian. Aronian empatou con Giri sen facer nada por tratar de gañar e apretar o torneo. Anand tivo que remontar contra L'Ami, que atacou o enroque do campión mundial pero non acertou, a partida deu a volta e quedou nun final gañador para Anand. Segue sen levantar cabeza Caruana, a cinco puntos do líder.
No grupo B os líderes a cousa vai estar sen decidir ata que acaben as partidas da última rolda, con varios xogadores con opcións: Rapport, Movsesian e Naiditsch teñen 7,5 puntos, a e medio deles está Smeets. Non xogan entre eles, así que todo pode pasar.
No grupo C o título estará entre  o arxentino Peralta e o italiano Brunello, que con 10 puntos deixan a dous e medio aos seus rivais. A partida de Brunello en principio é máis doada, pero nunca se sabe.

venres, 25 de xaneiro de 2013

A FIDE retoca as normas para computar o elo das partidas

Podense consultar os cambios no enlace. Parece que como crearon lista rápida e blitz fan as partidas para a lista clásica sexan máis lentas.

Open de Gibraltar 2013

O primeiro open  forte do ano está a ter lugar en Gibraltar. Moitos GM presentes e de momento moitos xogadores con todos os puntos tras tres roldas. Boa retransmisión en directo con comentarios.
Está a xogar o GM galego Iván Salgado, que parte no posto 21 do ranking inicial entre dúas lendas dos 80 e 90, Yusupov e Elvest. De momento as cousas vanlle moi ven con 3 de 3. Na cuarta contra Le Quang Liem vai ter unha difícil partida.

xoves, 24 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess (R10) Carlsen segue imparable

Con 8 sobre 10 e xogando a 2954 o número un do mundo parece sentenciar o torneo. Carlsen saca punto e medio a Anand, Aronian e Nakamura e a falta de tres roldas soamente terá que xogar con americano. O calendario de Anand é o menos difícil do dos catro, pero parece difícil que alguéu poña en perigo a vitoria do noruegués.

domingo, 20 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess (R8) Carlsen líder

Un clásico, Jan Timman
No grupo A un dos líderes, Anand, fixo táboas rápidas con Sokolov, o que permitiu ao holandés deixar de ser o colista e a Anand chegar aos 5,5 puntos. O outro líder, Magnus Carlsen, deu moitas voltas a unha partida igualada contra un dos xogadores que tiña a medio puntos, Karjakin, ata chegar a un final onde o ruso perdeu a rumbo e rematou perdendo, polo que o noruegués é líder en solitario con 6 puntos.
O outro perseguidor, Nakamura, salvou medio punto nun final perdido contra van Wely. Aronian tras a súa vitoria de hoxe suma 5 puntos igual que o americano.
No grupo B hai na cabeza tres xogadores empatados: Rapport, Movsesian e o veterano Timman, os tres con 5,5. A medio punto deles encóntrase Naiditsch..
No C o torneo parece cousa de dous, Peralta e Brunello que con 6,5 sacan un ao seu perseguidor, Klein.

sábado, 19 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess 2013 (R7) Anand alcanza a Carlsen na cabeza

Tras derrotar a van Wely o campión do mundo Anand sumou un punto para chegar a cinco, e así comparte a primeira praza da clasificiación con Carlsen, que fixo táboas con Leko nun final no que estaba peor pero o húngaro non consguiu forzar a posición. Nakamura tamén gañou a súa partida para unirse a Karjakin no grupo de perseguidores a medio puntos dos dous primeiros.
No grupo B Rapport segue primeiro en solitario, o mesmo que Peralta no C.

venres, 18 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess 2013 (R6) O número un do mundo xa manda no torneo

Carlsen - Sokolov
Tras vencer a Sokolov nun ataque no que en posición xa perdida o holandés precipitou a súa derrota, Magnus Carlsen é o líder en solitario do Tata Steel, tras ver como os sue rivais facían táboas.
Anand empatou con Harikrishna nunha partida igualada pero con material desigual que podería haber chegado máis lonxe, e Karjakin empatou con Caruana xogando unha Petrov ben coñecida na que non pasou apuros.
Aronian está a recuperarse do mal inicio e gañou a Leko. Chegou a primeira vitoria da campiona mundia Hou, que con negras e unha siciliana deu boa conta de Anish Giri, que estivo mal dende a apertura.
No grupo B manda Rapport con un punto de vantaxe sobre tres xogadores, e no C comparten a cabeza Brunello e Peralta.

Tata Steel Chess 2013 (R5) Segue o empate na cabeza

Enfrontábanse Anand e Carlsen. A súa partida foi unha Petrov onde cambiouse todo rápidamente e acordaron o empate. Karkajin non aproveitou a situación e non conseguiu distanciarse, polo que os tres seguen empatados.

mércores, 16 de xaneiro de 2013

A FEDA publica as normas para incluir torneos como valederos para elo

A información é importante, porque inclúe as normas para torneos rápidos e blitz. Enlace FEDA.

Vídeo da analise de Anand sobre a súa vitoria sobre Aronian

Unha partida que será incluída nas mellores de todos os tempos. Anand deu unha lección de como levar unha partida preparada e de como atacar na vitoria acadada contra Aronian no Tata Steel Chess 2013.


martes, 15 de xaneiro de 2013

Tata Steel Chess 2013 (R4) Carlsen e Anand empatan na cabeza con Karjakin

O empate do líder Karjakin, e gracias, ante Nakamura permitiu a Magnus Carlsen empatar con el na cabeza a tres puntos tras derrotar a Harikrishna. Tamén conseguiu gañar o campión mundial Anand, que derrotou a Aronian, e que parece recuperar o nivel que baixara no ano pasado. Na cola da clasificación Yifan Hou con un punto.
No grupo B Tiviakov e Rapport manteñen o pulso na cabeza, agora sumando 3,5. No grupo C agora o líder en solitario é o GM arxentino Fernando Peralta con 3,5.

Karjakin lidera o Tata Steel Chess tras tres roldas

O ruso Karjakin con 2,5 puntos é o actual líder do torneo no grupo. A medio punto están Carlsen, Anand e Harikrishna. No B hai dous líderes, Tiviakov e Rapport. No C ata catro xogadores están na cabeza: Brunello, Peralta, Gretarsson e Mekhitarian.
As retransmisións diarias, con vídeo e motor de análisis on-line, poden seguirse na web oficial.

venres, 11 de xaneiro de 2013

O 12 de xaneiro comeza o Tata Steel Chess 2013

Un ano máis a cidade de Wijk Aan Zee vai celebrar o seu festival, que ao final segue a ser tan completo como todolos anos. Magnus Carlsen comeza a defender o seu record de Elo, nun torneo onde botarase en falta a Kramnik e Radjabov.
Web oficial.

martes, 8 de xaneiro de 2013

Gawain Jones gaña Hastings

Na 88ª edición do Torneo de Hastings o GM Gawain Jones foi o vencedor, por diante dos tamén GM Sumets e Kulaots. Na décima praza foi o GM español Alsina, que marchaba na terceira praza na penúltima rolda, pero perdeu as súas opcións tras ser derrotado por Jones.

luns, 7 de xaneiro de 2013

Chega a Liga Galega 2013

O día 12 de xaneiro os reloxos poñeranse en marcha para dar comezo a Liga Galega 2013. Sorte a todos os participantes.
Información completa da FEGA.
Enlace ao GEFE.

venres, 4 de xaneiro de 2013

A Fide publica a lista de árbitros a xaneiro de 2013

Neste enlace podense consultar os árbitros con licencia da FIDE que hai o mundo, según publica a FIDE. A continuación poñemos aos españois, que son os que máis cerca nos tocan.


SPAIN ESP 22239545 Alfonso Senabre , Manuel FA D
ESP 22292519 Almansa Martin, Miguel Angel FA D
ESP 2273705 Ananos Palacios, David NA
ESP 22200053 Anaya Lopez, Gonzalo Javier NA
ESP 2278707 Arnaiz  Yanes, Miguel Angel IA C
ESP 32009461 Arriazu Dominguez, Ivan NA
ESP 103101 Asensio, Enrique IA D
ESP 22232664 Barranco Serrano, Guillermo FA D
ESP 22241132 Bas Sanchez, Jose Joaquin NA
ESP 2219107 Blasco de la Cruz, Luis IA C
ESP 32029179 Bosch Porta, Cristina                                     NA
ESP 2288109 Bosch Romay, Jaume NA
ESP 2261910 Cajo Esteban, Ruben FA D
ESP 2214423 Camell Jane, Jose Maria FA D
ESP 2226766 Castillo Garcia, Pau NA
ESP 2296675 Corral Olivera, Felix Manuel NA
ESP 2209683 Cubero Ferreiro, Rodrigo NA
ESP 2238411 Curto Rodriguez, Ricardo IA D
ESP 2271290 Daimiel Bescos, Eleuterio NA
ESP 2211351 Escobar Dominguez, Daniel FA D
ESP 22243976 Escribano Lasa, Juan Jose IA C
ESP 22269495 Exposito Avila, Gabino NA
ESP 2245507 Felipe Generelo, Julio Jose NA
ESP 22280812 Fernandez Calabuig,  Manuel Antonio NA
ESP 2214288 Fernandez‐Diaz Mascort, Miguel IA D
ESP 22232699 Gallego Martinez, Antonio IA D
ESP 2267934 Galvez Rubio, David NA
ESP 2210681 Garcia Boix, Raul NA
ESP 2286564 Garcia de Haro , Jaime NA
ESP 32063717 García Gallardo, Francisco NA
ESP 2288940 Garcia Rodriguez, Juan Carlos NA
ESP 22223258 Garcia Valer, Jesus FA D
ESP 2271303 Gerona Maura, Jesus NA
ESP 2214954 Gomez Roca, Vicente Fernando IA D
ESP 2256860 Gonzalez Pruneda, Arturo FA
55ESP 32008732 Gonzalez Valero, Jose Antonio IA D
ESP 22216774 Gracia Laguens, Maria Asuncion IA D
ESP 22224548 Hevia  de los Rios, Alberto NA
ESP 22224548 Hormiga Amador , Miguel Angel NA
ESP 2204916 Iruretagoiena Pascual, Lucas IA D
ESP 32012373 Leal Barrios, Eugenio IA D
ESP 2211874 Leiro Giralt, Daniel NA
ESP 2211696 Llerins Bonet, Ricardo NA
ESP 22225501 Lopez Rodriguez, Eduardo IA C
ESP 22225641 Lucena Moreno, Rafael NA
ESP 22226079 Martin Vazquez, Jose Luis IA D
ESP 2297744 Martinez Cebrian, Andres IA C
ESP 2264595 Martinez Hernandez, Noemi FA D
ESP 22280952 Mena Sarasola, Jesus IA A
ESP 2216418 Mimbela Lopez, Luis NA
ESP 22260102 Muela Pérez, Miguel A IA D
ESP 32063245 Navarro Cardenas, Jose Adrian NA
ESP 2266385 Nieto Gonzalez, Ismael IA C
ESP 2258269 Ogando Gonzalez, Francisco Javier FA D
ESP 2224690 Pareja Lopez, Francisco Jesus NA
ESP 2207869 Pellicer Cemeli, Jose Luis IA C
ESP 22228306 Pescador Canora, Enrique FA D
ESP 32068620 Razaq Pena , Jamil NA
ESP 2262347 Reinaldo Soto, Alvaro IA D
ESP 32012454 Rodriguez Aguilar, Sagrario IA C
ESP 2256967 Rodriguez Del Pino, Daniel IA D
ESP 2256967 Rodriguez Font, Roger IA C
ESP 22287485 Royo Fernández, Juan Miguel IA D
ESP 2230844 Sancho Miranda, Antonio IA D
ESP 32071841 Soria Morales, Manuel NA
ESP 2203650 Suarez Roa, Jose Francisco FA D
ESP 2218828 Suarez Sedeno, Manuel IA D
ESP 22251014 Torrens  Gordiola, Juan Antonio IA C
ESP 22040594 Valentin Saura, Juan J. IA D
ESP 14109344 Zaiats Protchenko, Vladimir NA

martes, 1 de xaneiro de 2013

O record de Elo de Kasparov chegou ao seu fin

Dende o ano 1999 o excampión Gary Kasparov tiña a marca de 2851 como o record absoluto de Elo da historia. Na teoría, isto quería decir que era o xogador máis forte de todos os tempos. Dende hoxe o record pertence a Magnus Carlsen, que finalizou o ano xogando para acadar 2861 puntos, batindo por dez o record na lista de enero da Fide.
Na segunda praza da lista está agora Kramnik, que aproveitou a caída libre na que está Aronian dende fai un tempo, que agora é terceiro. Teñen 2810 e 2802 respectivamente. No cuarto lugar está Radjabov e no quinto Caruana. 
O primeiro español segue a ser Vallejo, que mantén 2694. Salgado perdeu a segunda praza dos españoi, e agora teñen máis puntos que el Illescas e Korneev.