No I Torneo Cidade de Lugo o MF Óscar de Prado acadou con autoridade a primeira praza, gañando as sete primeiras partidas e acordando táboas na derradeira rolda con Javier Mazaira. Deste xeito o clube de Arteixo levouse as dúas primeiras prazas, porque esas táboas daban vantaxe no desempate a Javier Mazaira, ex-vicepresidente de AGAX, fronte a Alfredo López López.
Resultados completos.
martes, 30 de novembro de 2010
martes, 23 de novembro de 2010
- I Torneo Cidade de Lugo. Óscar de Prado na cabeza
O MF Óscar de Prado leva o pleno nas seis rondas xogadas, e a falta de dúas partidas ten 1,5 puntos de vantaxe sobre cinco xogadores que están empatados nos postos do 2º ao 6º. A seguinte rolda será o sábado 27 as 17:00, con estes enfrontamentos nas primeiras mesas.
A clasificación dos dez primeiros.
M. | No. | 0 | Nombre | Pts. | Resultado | Pts. | 0 | Nombre | No. |
1 | 1 | FM | De Prado Rodriguez Oscar | 6 | 4½ | Vazquez Del Valle Ruben | 13 | ||
2 | 9 | Fernandez Lopez Miguel Angel | 4½ | 4½ | Carril Garcia Luis | 6 | |||
3 | 8 | Mazaira Alba Javier I. | 4½ | 4½ | Pardo Gomez Jose Ramon | 21 | |||
4 | 12 | Nieto Velado Antonio | 4 | 4 | Diaz Nunez Adolfo | 2 | |||
5 | 3 | Casares Cabanas Carlos | 4 | 4 | Brana Lopez Eduardo | 11 | |||
6 | 24 | Fernandez Fernandez Fernando | 4 | 4 | FM | Del Barrio Gomez Jesus Maria | 4 | ||
7 | 7 | Lopez Lopez Alfredo | 4 | 4 | Perez Pardo Ricardo | 27 | |||
8 | 5 | Penalonga Sweers Angel | 3½ | 3½ | Pardo Gomez Juan Carlos | 25 | |||
9 | 22 | Prado Acebo Ines | 3½ | 3½ | Florez Rodriguez Diego | 10 | |||
10 | 29 | Grana Castanal Andres | 3½ | 3½ | Sanchez Lopez Borja | 16 |
A clasificación dos dez primeiros.
Rk. | 0 | Nombre | FED | Elo | Club/Ciudad | Pts. | Des 1 | Des 2 |
1 | FM | De Prado Rodriguez Oscar | ESP | 2308 | Gal | 6,0 | 1934 | 2760 |
2 | Vazquez Del Valle Ruben | ESP | 1905 | Gal | 4,5 | 1788 | 2188 | |
3 | Mazaira Alba Javier I. | ESP | 2072 | Gal | 4,5 | 1784 | 1966 | |
4 | Carril Garcia Luis | ESP | 2079 | Gal | 4,5 | 1771 | 2027 | |
5 | Fernandez Lopez Miguel Angel | ESP | 2042 | Gal | 4,5 | 1640 | 1886 | |
6 | Pardo Gomez Jose Ramon | ESP | 1681 | Gal | 4,5 | 1608 | 2541 | |
7 | FM | Del Barrio Gomez Jesus Maria | ESP | 2196 | Gal | 4,0 | 1922 | 2153 |
8 | Casares Cabanas Carlos | ESP | 2238 | Gal | 4,0 | 1903 | 1994 | |
9 | Lopez Lopez Alfredo | ESP | 2078 | Gal | 4,0 | 1850 | 1838 | |
10 | Diaz Nunez Adolfo | ESP | 2248 | Gal | 4,0 | 1749 | 2008 |
- Gilberto Milos gañador do Iberoamericano
O xogador brasileiro remontou a derrota da primeira partida e venceu no desempate ao español Marc Narciso. Na loita polo terceiro e cuarto posto Felgaer gañou por incomparecencia do venezolano Iturrizaga, feito bastante curioso.
domingo, 21 de novembro de 2010
- I Torneo Cidade de Lugo. Javier Mazaira na segunda mesa.
O que fora tantos anos vicepresidente de AGAX está a ter unha boa actuación no torneo que ten lugar na cidade da muralla, e ocupa o posto número catro da clasificación xeral, empatado a puntos con Rubén Vázquez e Luis Carril. Na cabeza, con cinco puntos, o MF Óscar De Prado. Parece que aos xogadores da delegación da Coruña Centro vailles moi ben o formato deste torneo. Agora estase a xogar a sexta rolda, con interesantes partidas nas primeiras mesas.
M. | No. | 0 | Nombre | Pts. | Resultado | Pts. | 0 | Nombre | No. |
1 | 2 | Diaz Nunez Adolfo | 4 | 5 | FM | De Prado Rodriguez Oscar | 1 | ||
2 | 6 | Carril Garcia Luis | 4 | 4 | Mazaira Alba Javier I. | 8 | |||
3 | 13 | Vazquez Del Valle Ruben | 4 | 3½ | Casares Cabanas Carlos | 3 | |||
4 | 4 | FM | Del Barrio Gomez Jesus Maria | 3½ | 3½ | Nieto Velado Antonio | 12 | ||
5 | 21 | Pardo Gomez Jose Ramon | 3½ | 3½ | Penalonga Sweers Angel | 5 | |||
6 | 25 | Pardo Gomez Juan Carlos | 3½ | 3½ | Fernandez Lopez Miguel Angel | 9 | |||
7 | 34 | Alves Rodriguez Jorge Alberto | 3½ | 3 | Lopez Lopez Alfredo | 7 | |||
8 | 10 | Florez Rodriguez Diego | 3 | 3 | Grana Castanal Andres | 29 | |||
9 | 11 | Brana Lopez Eduardo | 3 | 3 | Arias Pineiro Alejandro | 26 | |||
10 | 27 | Perez Pardo Ricardo | 3 | 3 | Perez Carballo David | 14 |
- Marc Narciso gaña a primeira partida da final do Iberoamericano
Unha apertura inglesa deulle ao GM español Marc Narciso vantaxe na final deste torneo que está a ter lugar en México, celebrando a súa terceira edición. Hoxe vaise xogar a segunda partida, na que o seu rival, o GM Milos levará as brancas.
Marc Narciso - Gilberto Milos, México 2010.
1.c4 e5 2.g3 Cc6 3.Cc3 g6 4.Ag2 Ag7 5.e4 d6 6.Cge2 Cge7 7.d3 Ae6 8.Cd5 a6 9.Ae3 0–0 10.0–0 Dd7 11.Dd2 Tae8 12.Tac1 f5 13.b4 Cd8 14.b5 c6 15.Cxe7+ Txe7 16.bxa6 bxa6 17.exf5 Axf5 18.Tb1 Ah3 19.Axh3 Dxh3 20.Tb6 Tef7 21.Cc3 Tf5 22.Txa6 Ce6 23.Txc6 e4 24.Cb5 Th5 25.f4 exf3 26.d4 Txb5 27.cxb5 Cxd4 28.Tf2 Cxc6 29.Dd5+ Rh8 30.bxc6 Dg4 31.Dxd6 h5 32.c7 Rh7 33.De7 Dc4 34.h4 Tf6 35.c8D Dxc8 36.Ad4 Db8 37.Axf6 1–0
No encontro polo terceiro e cuarto posto Edurdo Iturrizaga gañou a partida contra o arxentino Felgaer.
A partires das 18:30 podes ver as partidas na web oficial.
Marc Narciso - Gilberto Milos, México 2010.
1.c4 e5 2.g3 Cc6 3.Cc3 g6 4.Ag2 Ag7 5.e4 d6 6.Cge2 Cge7 7.d3 Ae6 8.Cd5 a6 9.Ae3 0–0 10.0–0 Dd7 11.Dd2 Tae8 12.Tac1 f5 13.b4 Cd8 14.b5 c6 15.Cxe7+ Txe7 16.bxa6 bxa6 17.exf5 Axf5 18.Tb1 Ah3 19.Axh3 Dxh3 20.Tb6 Tef7 21.Cc3 Tf5 22.Txa6 Ce6 23.Txc6 e4 24.Cb5 Th5 25.f4 exf3 26.d4 Txb5 27.cxb5 Cxd4 28.Tf2 Cxc6 29.Dd5+ Rh8 30.bxc6 Dg4 31.Dxd6 h5 32.c7 Rh7 33.De7 Dc4 34.h4 Tf6 35.c8D Dxc8 36.Ad4 Db8 37.Axf6 1–0
No encontro polo terceiro e cuarto posto Edurdo Iturrizaga gañou a partida contra o arxentino Felgaer.
A partires das 18:30 podes ver as partidas na web oficial.
sábado, 20 de novembro de 2010
- Marc Narciso xogará a final do Torneo Iberoamericano
Na segunda partida do desempate, usando a Defensa Alekhine, o GM español Marc Narciso foi quen de superar ao GM arxentino Rubén Felgaer e pasar á final do torneo.
Na outra semifinal tamén chegouse ás partidas de desempate, e o GM de Brasil Gilberto Milos acadou o pase á final vencendo o GM de Venezuela Eduardo Iturrizaga.
venres, 19 de novembro de 2010
- Torneo Iberoamericano de Xadrez. Semifinais
Táboas nas primeiras partidas das semifinais, Iturrizaga - Milos e Narciso - Felgaer.
- Aronian campión mundial de rápidas
- O armenio Levon Aronian acadou un novo título na súa carreira en Moscú, gañando o Campionato Mundial de Blitz. Subcampión quedou Radjabov e Carlsen completou o podio. A táboa completa aquí.
mércores, 17 de novembro de 2010
- Torneo Iberoamericano de Xadrez (4ªR) Non hai grupos decididos a falta de unha rolda.
As partidas de hoxe pechan a fase de grupos. Soamente o gañador de cada grupo pasará a semifinais. A retransmisión en directo as 18:30 aquí.
· Grupo A: O GM Marc Narciso é agora líder en solitario, sacando medio aos MI Baules e Santos. Hoxe xoga cas pezas negras fronte o salvadoreño Aguilar, 2157 de Elo FIDE, e debería poder obter a primeira praza e pasar a semifinais.
· Grupo B: O GM Iturrizaga líder sacando un punto ao MF Dias e o GM González Zamora. Hoxe péchase o grupo co encontro entre Iturrizaga e González Zamora, que ten que gañar si ou si. Dias ten o rival máis asequible na teoría, pero o coeficiente de desempate de Iturrizaga e moito mellor se chegasen a quedar igualados.
· Grupo C: O GM Milos líder, con un punto sobre o MI González e o GM Morovic. Milos e Morovic xogan entre eles, e a Morovic soamente lle serve gañar. González debería vencer a Mazara, agardar a derrota de Milos e calcular os desempates.
· Grupo D: O MI Ibarra primeiro con 4 de 4, sacando medio ao GM Felgaer. Xogarán entre eles unha partida con moita emoción. levando Felgaer as brancas. O resto non ten opcións.
martes, 16 de novembro de 2010
- Torneo Iberoamericano de Xadrez (3ªR). Paso adiante de Marc Narciso
· Grupo A: O representante español no torneo, GM Marc Narciso, logrou unha importante vitoria con pezas negras ante Julio Granda, o número un dos xogadores participantes. Comparte a primeira posición no grupo co MI Alberto Santos, pero ten mellor desempate e figura no posto que da acceso a semifinais. Este está a ser o grupo das sorpresas, onde o número un e o número tres na orde de forza do grupo ocupan os dous últimos postos. As partidas de hoxe.
M. | No. | 0 | Nombre | Resultado | 0 | Nombre | No. |
1 | 6 | GM | NARCISO DUBLAN Marc | GM | GONZALEZ GARCIA Jose | 5 | |
2 | 1 | IM | BAULES Jorge | IM | SANTOS FLORES Alberto | 4 | |
3 | 2 | GM | GRANDA ZUNIGA Julio E | AGUILAR Gustavo | 3 |
· Grupo B: As táboas do GM Iturrazaga co MF Larrea dan máis vida ao grupo, onde a falta de dúas partidas hai un xogador a medio punto e dous a un punto cabeza, pero o calendario parece favorecer ao GM venezolano. As pardidas de hoxe.
M. | No. | 0 | Nombre | Resultado | 0 | Nombre | No. |
1 | 6 | FM | FONSECA Jose Luis | GM | ITURRIZAGA Eduardo | 5 | |
2 | 1 | GM | GONZALEZ ZAMORA Juan Carlos | FM | LARREA Manuel | 4 | |
3 | 2 | FM | DIAS Paulo | GM | CORDOVA Emilio | 3 |
· Grupo C: O GM Milos segue en cabeza, sacándolle un punto a tres xogadores, polo que podería acadar a clasificación matemática tras acabar a quinta ronda. As partidas de hoxe.
M. | No. | 0 | Nombre | Resultado | 0 | Nombre | No. |
1 | 6 | CM | MAZARA Adan | GM | MOROVIC FERNANDEZ Ivan | 5 | |
2 | 1 | GM | MILOS Gilberto | GM | FRANCO OCAMPOS Zenon | 4 | |
3 | 2 | FM | LORENZANA Wilson Estuardo | IM | GONZALEZ Bernal | 3 |
· Grupo D: Neste grupo temos o único xogador con 3 de 3, o MI mexicano Ibarra, que saca medio punto ao arxentino Felgaer e un ao cubano Almeida. Todo por decidir, tendo en conta que ao líder fáltalle xogar cos dous perseguidores. As partidas de hoxe.
M. | No. | 0 | Nombre | Resultado | 0 | Nombre | No. |
1 | 6 | CM | VAZQUEZ REYES Raul | GM | FELGAER Ruben | 5 | |
2 | 1 | IM | IBARRA CHAMI Luis Fernando | GM | ALMEIDA QUINTANA Omar | 4 | |
3 | 2 | CM | MEDINA COLINDRES J Vier | IM | CAPO VIDAL Uriel | 3 |
luns, 15 de novembro de 2010
- I Torneo Cidade de Lugo
Este fin de semana xogaronse en Lugo as tres primeiras roldas da primeira edición deste torneo, a ritmo de liga, e con un bo número de xogadores inscritos, do que destacamos ao ex-vicepresidente de AGAX, Javier Mazaira.
De momento non tivemos graves accidentes dos favoritos, e non hai ningún deles descartado para facerse ca vitoria final.
O próximo fin de semana imos ter as rondas 4ª, 5ª e 6ª, dúas o 20 de novembro, as 10:00 e as 17:00, e unha o 21, as 17:00.
A clasificación despois da rolda 3ª:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)