mércores, 30 de abril de 2014

Carlsen gaña o Memorial Gashimov 2014

Un forte torneo tivo lugar estes días en Azerbaijan, na cidade de Shamkir, onde participaban Carlsen, Caruana, Karjakin, Nakamura, Mamedyarov e Radjabov. O torneo comenzou ben para o campión mundial, pero tras perder dúas partidas seguidas chegou a metade do torneo medio punto detrás de Radjabov. Na segunda metade do torneo fixo +3 =2 -0 acadando os 6,5 puntos e levouse a primeira praza en solitario. Na derradeira partida entre Carlsen e Caruana as táboas servían ao italiano para ser o gañador, pero perdeu e rematou o torneo na segunda praza con 5,5 puntos.
Empatados a cinco puntos quedaron Nakamura, Radjabov e Karjakin. O ruso foi considerado varios anos a posible alternativa a Carlsen, pero con un torneo onde fixo todo empates deixou claro outra vez que non o vai ser. Radjabov xogou moito mellor que nos últimos tempos, onde caera ata os 2718. 
Pechou con tres puntos Mamedyarov, que tivo un mal torneo.

martes, 1 de abril de 2014

Lista ELO abril 2014. Anand sube ata a terceira praza

Tras o Candidatos houbo cambios importantes na lista de Elo FIDE. Aronian mantén a segunda praza, pero perdendo 18 puntos respecto a lista anterior. Anand sube ata a terceira praza tras o bo resultado do torneo, onde Kramnik baixou algo e Topalov moito. Caruana segue na quinta praza seguido de Karjakin, que aproveitou tamén o Candidatos para mellorar.
Dos españois segue na cabeza Vallejo, por diante de Korneev. David Antón superou a Salgado e é agora o terceiro por diante do galego.