venres, 31 de agosto de 2012

- Olimpiadas 2012 (R3) Chegou o xadrez de verdade

Vallejo e Salgado antes os armenios - Web oficial
Desta xa tivemos matches igualados, onde o favorito non era tan claro como nas roldas anteriores, aínda que algún tivo sorte no emparellamento e pasou unha xornada de descanso a maiores.
A España tocoulle xogar contra a actual campiona olímpica, Armenia. Na primeira mesa Vallejo perdeu con Aronian, nunha partida na que sempre estivo algo peor e chegou a un final de torres que perdeu. Na segunda mesa Salgado contra Movsesian acordou táboas no medio xogo, que non é mal resultado. Illescas quedou pasivo contra Sargissian pero aguantou a presión e empatou, acadando unha posición na que podía forzar o final onde rei para a peón de torre e bispo. No cuarto Korneev bateu contra a defensa Berlinesa de Tigran Petrosian (o vivo) e non foi capaz de sacar adiante a pequena vantaxe que tiña. Un 1,5 - 2,5 que estivo preto do empate.
O equipo feminino español tiña partidas dificiles contra Serbia, aínda que por ELO as españolas eran mellores. Sairon Matnadze, Alexandrova, Vega e Hernández. Pero como o Elo son soamente números perdeuse o encontro por 0,5 a 3,5 e grazas. Soamente Sabrina Vega non perdeu. Matnadze xogou con peza de menos unha morea de xogadas, e Alexandrova e Hernández foron esmagadas na apertura.
Pasando xa a competición en xeral Estados Unidos deu boa conta dunha Venezuela que estaba tal vez demasiado arriba, o mesmo caso que no Azerbaijan - Islas Feroe. Os rusos gañaron con atrancos aos letóns, e o mesmo pasoulle aos chinos cos rumanos. Había tres encontros estelares na rolda: Inglaterra - Cuba, Ucrania - Israel e Francia - Bulgaria. Vitoria dos ucranianos e franceses pola mínima, e un 3-1 dos chinos.
Na olimpiada feminina tiñamos un China - Ucrania no que a campiona do mundo tivo que rescatar a súa selección para empatar a 2. Rusia deu boa conta de Mogolia, e a India gañou a Armenia pola mínima. No Georgia - Alemania, outro encontro de candidatos a medalla o resultado foi 2-2, Das favoritas soamente as rudas e as indias quedan con tres vitorias.
Para a rolda 4ª o equipo masculino español ten un encontro que pode sacar adiante contra o Yemen. O feminino ten partida contra Austria, que en principio é peor equipo que o español. No torneo masculino enfrontamentos moi importantes hoxe, con Estados Unidos contra India, Rusia contra China, Azerbaijan contra Alemania e Francia - Inglaterra.
Web oficial.

mércores, 29 de agosto de 2012

- Olimpiadas 2012 (R2) España gaña pola mínima a Bielorrusia

Vallejo na 2ª rolda - Foto da web oficial
Mellorou a rentransmisión. Houbo menos cortes nas partidas, non apareceron encontros que non existiron nin se adxudicaron puntos ao revés. Ben, algún erro si houbo, como as táboas que apareceron na partida de Caruana con bispo de menos, ou os peóns ficticios na partida de Nakamura, pero foron moitos menos que na primeira rolda. Alguén debeu dar unha lección aos árbitros de como hai que colocar os reis ao remate das partidas para que o taboleiro DGT sepa o resultado.
España xogaba contra Bielorrusia, e gañouse 2,5 - 1,5 con vitoria de Illescas e táboas de Vallejo, Salgado e Pérez Candelario. Todos os países favoritos sacaron adiante os seus encontros, aínda que ninguén tivo un match para poder xogar relaxado. Os derrotados ilustres foi Ivanchuk, que tanto forzou unha posición de táboas que acabou perdendo. Houbo xa matchs interesantes, como o Alemania - Georgia ou o Grecia - Rusia, e mañá xa veremos encontros a cara ou cruz, sen favorito.
Na Olimpiada feminina segunda vitoria de España, 3,5 a 0,5, desta ante Noruega. Xogaron Alexandrova, Sabrina Vega, Calzetta e Hernández. Vitorias nos dos taboleiros de arriba, táboas no terceiro e o punto final no cuarto. Das candidatas a medalla as chinesas, rusas e georgianas gañaron sen problemas.

martes, 28 de agosto de 2012

- Olimpiadas (R1) Vitorias dos dous equipos españois

A sala de xogo - Foto da web oficial
O equipo masculino, con Vallejo, Salgado, Illescas e Korneev gañou ao Líbano. Gañaron os tres primeiros e Korneev fixo táboas nunha longa partida na que chegou a un final teórico de táboas con peon e bispo contra cabalo. O equipo feminino anotou un 3 - 1 contra Exipto, con táboas nas dúas primeiras mesas de Matnadze e Alexandrova, gañando Calzetta e Hernández.
Xogando catro xogadores é difícil ver unha gran sorpresa nalgún encontro. Houbo tamén pequenas sorpresas, como o punto que Armenia deixouse contra Bolivia ou o medio de Rusia contra a República Dominicana.
A retransmisión ten gran calidade nas imaxes, pero o comentarios, en inglés, por soamente unha persoa resultan aburridos. E a cobertura das partidas é moi mellorable: faltaron os nomes dalgúns xogadores, perdíanse xogadas, os resultados sumábanse ao revés... De feito, deron a vitoria de Uganda 3,5 0,5 ante Letonia e a de Siria por 2,5 a 1,5 sobre Romania, que ao final non tiñan nada que ver ca realidade. A ver que tal a segunda rolda.

- Olimpiadas 2012 (R1) España - Líbano na primeira rolda

Tras o día de presentacións hoxe comeza o xogo. Como é habitual na primeira rolda emparellamentos moi desnivelados nas primeiras "mesas", con o República Dominicana - Rusia abrindo a lista de encontros no torneo "open", e o China - Bangladesh no feminino. A retransmisión na páxina oficial conta con imaxes en HD e comentarios en inglés. As partidas tamén son retransmitidas, pero a calidade da retransmisión é mala, moito peor que a da olimpiada anterior, e as posicións das partidas e os resultados provisionais dos encontros mostran erros.
España comeza contra o Líbano, con Vallejo, Salgado, Illescas e Korneev. Na teoría habería que gañar doadamante. No torneo feminino o rival é Exipto, e España sae con Matnadze, Alexandrova, Calzetta e Hernández.
Web oficial.

domingo, 26 de agosto de 2012

- Aplicación en Android para seguir a Olimpiada de Xadrez

Unha utilidade para poder seguir a Olimpiada que comeza mañá. Os que teñan un móvil con Android poden ter unha cobertura moi lograda da Olimpiada de Estambul 2012 descargando a aplicación do enlace.

sábado, 25 de agosto de 2012

- Europeos por idades. Prata para Amalia Aranaz e bronce para Daniel Forcén

Na rolda final houbo decepcións e alegrías para os xogadores españois. Non se conseguiron todas as medallas que estaban ao alcance, pero tampouco se perderon todas.
Na Sub18 masculina, grazas á súa vitoria sobre o armenio Gabuzyan nunha boa partida de ataque, o MI Daniel Forcén rematou a medio punto do gañador, o ruso Moiseenko, empatado con Gabuzyan. Pero o desempate favoreceu ao perdedor da partidae Forcén quedouse ca medalla de bronce. David Antón fixo o que tiña que facer para optar á medalla, gañar, pero os resultados das primeiras mesas fixeron que non chegase, e rematou sexto.
Na Sub18 feminina derrota de Amalia Aranaz contra a nova campiona europea, a rusa Goryachkina. Era a partida que decidía a gañadora da categoría, e a española, que levaba medio punto de vantaxe sobre varias perseguidoras, tivo a sorte de cara nese aspecto e non perdeu nin un posto polo desempate, mantendo a segunda praza.
Na Sub16 feminina Irene Nicolás forzou todo o que foi posible unha posición igualada para tratar de gañar a súa partida, dando voltas a un final empatado. Cando tiña a partida algo mellor e con máis posibilidades de que errase á rival nos apuros de tempo, foi a española a que fixo o blunder. Unha mágoa porque a vitoria daba o bronce e rematou oitava.
Finalmente na Sub8 feminina María Eizaguerri empatou na derradeira partida con negras contra Zavgorodneva, rematando con seis puntos e medio. Este empate fixo que perdese a medalla de bronce pola vitoria da azerí Isamyil, que tiña medio punto menos que ela. Rematou cuarta.
O resto dos xogadores españois tiveron resultados máis ou menos acordes ao seu nivel, e hai que ter en conta que nas idades máis baixas a orde de forza inicial pode non ter moito que ver co nivel real actual dos xogadores. Algo máis se esperaba de Jaime Santos, que era o segundo do ranking en Sub16, e rematou no posto 22. O galego Alberto Portela, en Sub14, fixo un torneo interesante gañando algúns puntos de elo. A tamén galega Mireya Represa en cambio perdeu algúns na Sub12. Julio Suárez Gómez era outro dos xogadorexs galegos en Praga, na Sub14, e quedou por riba do seu ranking inicial.

venres, 24 de agosto de 2012

- Europeos por idades. Opcións de varias medallas na derradeira rolda

Partida entre españois - Web oficial
Van rematar os Campionatos de Europa por idades, e na derradeira rolda varios xogadores españois poderán loitar por acadar unha das medallas en xogo en varias das categorías. Os galegos Represa e Portela non estarán entre eles.
Na categoría Sub8 feminina María Eizaguerri está na terceira praza. Deberá levar as pezas negras contra unha rival directa, a rusa Zavgorodneva, ca que está empatada a puntos. O medalla de ouro non é posible, pero sí a de prata.
Na Sub16 feminina Irene Nicolás terá que gañar á francesa Navrotescu para estar no podio. Outro resultado non serve, e tamén terá que facelo con pezas negras.
En Sub18 feminino Amalia Aranaz gañando sería a campiona. Levará negras contra a outra líder da categoría, a rusa Goriachtkina. As táboas deixarían todo nas mans dos sistemas de desempate.
En Sub18 masculina David Forcén estará na primeira mesa xogando contra o líder Gabuzyan. Gañando levaria medalla, pero non se poder saber cal. David Antón ten que gañar e esperar a ver se chega ata o bronce, xogando contra Givon.

xoves, 23 de agosto de 2012

- Europeos por Idades. Varios españois con opcións de medalla a falta de dúas partidas

Vista xeral da sala de xogo - Web oficial
Levamos sete roldas e varios xogadores españois están con opcións de conseguir medalla na súa categoría. Ningún é líder da súa categoría pero están á distancia na que pódese optar a todo. Estes son os resultados completos:
Rk. InNomeEloFED1234567Pts.Rk.Grupo
10Cubells Vazquez Pablo1546ESP00111014.031B8
14Cespedes Llaverias Llibert1243ESP01100013.051B8
34Duller Llopis Jouke0ESP01000113.052B8
39Torres Ventosa Angel Javier1671ESP01001013.094B10
60Estefano Rilova Fernando1523ESP1000½113.578B10
61Asensio Ramos Diego1520ESP000½1001.5129B10
120Rodriguez Izquierdo Luis0ESP0101013.090B10
39Gimenez Aguirre Alejo Ismael1886ESP1101½014.533B12
45Porta Tovar Guillem1865ESP101001½3.580B12
36Santos Ruiz Miguel2069ESP01010103.096B14
40Suarez Gomez Julio2057ESP110½103.560B14
43Garriga Cazorla Pere2043ESP110½11½5.015B14
73Portela Peleteiro Alberto1953ESP010½1½14.043B14
91Guerra Arrocha Daniel1872ESP01001013.093B14
97Ucles Lirola Moises1857ESP000100½1.5137B14
2FMSantos Latasa Jaime2403ESP11½½0115.011B16
15FMSuarez Garcia Carlos2311ESP01101½03.556B16
37Shen Yue2139ESP00101½02.593B16
1FMAnton Guijarro David2526ESP01111½04.514B18
7IMForcen Esteban Daniel2440ESP11½½11½5.53B18
9IMPardo Simon David2430ESP11½011½5.07B18
53Silva Rodriguez Julio2165ESP0100012.075B18
2Eizaguerri Floris Maria1544ESP11111005.05G8
22Guillo Longares Cecilia0ESP11100014.018G8
26Jimenez Fernandez Rebeca0ESP10100002.047G8
30Lopez Garcia Maria Pilar1313ESP011½0002.570G10
33Armero Martinez Nuria0ESP000010½1.587G10
44Represa Perez Mireya1594ESP1100½103.546G12
47Cabrera Valverde Cristina1562ESP101001½3.549G12
55De La Pena Garcia Blanca1508ESP0001012.091G12
46Rodriguez Manzaneda Irene1734ESP00011103.065G14
3WFMNicolas Zapata Irene2197ESP11011015.07G16
15Garcia-Castany Musellas Gal La2019ESP1½½0114.026G16
2WFMAranaz Murillo Amalia2237ESP11½01115.52G18
20Perera Borrego Mariela2066ESP1011½03.526G18

mércores, 22 de agosto de 2012

- A FEDA anuncia o Campionato de España Absoluto 2012

Este ano haberá que viaxar a Canarias. Do 29 de setembro ao 7 de outubro nun hotel costeiro do concello de San Bartolomé de Tirajana, nas Palmas de Gran Canaria. Para os federados non clasificados por dereito a inscripción é de 30 euros. Hai 11.000 euros de premios, que non está nada mal.

martes, 21 de agosto de 2012

- Poucos días para o comezo das Olimpiadas de Xadrez Estambul 2012


Dentro de nada, o día 28, comezarán a facerse as primeiras xogadas da Olimpiada de Xadrez 2012 que vai ter lugar en Estambul. Desta vez hai unha versión española da páxina oficial, que non é perfecta pero é mellor que nada. Se alguén quere ver a composición dos equipos xa pode facelo aquí. Novamente o equipo ruso é o favorito, pero xa levan tempo sen gañar, e haberá que prestar moita atención a Ucrania, Armenia ou Azerbaijan por exemplo, que sempre compiten moi ben e non están moi por debaixo no Elo. Carlsen e Anand non van xogar. En España debutarán Korneev e Matnadze. Como sempre, equipos como Congo ou Etiopía non ten nin un xogador con Elo, cousa que cambiará case seguro cando rematen as 13 roldas do torneo.

luns, 20 de agosto de 2012

- María Eizaguerri líder da súa categoría nos Europeos por idades (R3)

A líder Sub8 María Eizaguerri
Tras tres roldas España ten un líder nunha categoría, a xogadora Sub8 María Eizaguerri, que leva 3 de 3. Logo hai un pouco de todo, destacando Amalia Aranaz, Jaime Santos, Daniel Forcén e David Pardo que levan 2,5 nas tres roldas.
Aínda quedan moitas roldas para saber quen poderá loitar por medalla. A retransmisión está a mellorar e pódense ver as cen partidas que contan con taboleiro DGT sen atrancos

- David Lariño gaña o Cidade de Ferrol 2012

O MI galego David Lariño foi o gañador do XXVII Torneo de Xadrez Cidade de Ferrol con sete puntos (+5 =4 -0). Tras del ata dez xogadores empataron a seis puntos e medio, quedando por desempate na segunda praza o MF cubano Juan Carlos Obregón (+4 =5 -0) e na terceira o GM serbio Dragan Paunovic (+6 =3 -2) Os 20 mellores na clasificación final:
Rk. NombreFEDFIDEEloNClub/CiudadPts. Des 1  Des 2  Des 3 
1
IMLariño Nieto DavidESP24832467Gal7.0153.549.5
2
FMObregon Rivero Juan CarlosCUB249706.5155.050.5
3
GMPaunovic DraganSRB25122510Gal6.5154.049.0
4
IMGomez Ledo Roberto CarlosCUB242906.5153.549.5
5
IMGuerra Mendez Jose AngelCUB24412466Cat6.5153.548.5
6
IMIvanov JordanBUL23592400Can6.5152.048.0
7
GMBarlov DraganSRB24512463Can6.5152.048.0
8
GMStrikovic AleksaSRB25602549Gal6.5152.048.0
9
FMGonzalez Perez ArianCUB24622446Cat6.5151.047.0
10
FMDe Prado Rodriguez Oscar BrunoESP22652239Gal6.5148.544.0
11
Vicente Joao Vasco ReisPOR201206.5143.040.5
12
FMFernandez Cardoso AlexeyCUB244906.0151.547.5
13
FMRuiz Sanchez OrlenCUB241806.0151.046.5
14
IMGuerra Bastida DiegoESP23972398Gal6.0149.545.5
15
Arnedo Ruiz AlbertoESP21402118Rio6.0148.544.5
16
Leon Varela LuisESP21652181Can6.0148.044.0
17
IMRodriguez Lopez RafaelESP22442280Gal6.0145.542.5
18
Martinez Rodriguez RolandoESP18901861Gal6.0144.043.0
19
Esteban Romo Francisco J.ESP20372081Mad6.0143.540.0
20
IMGarcia Castro PabloESP23792395Gal5.5148.044.0
21
Patiño Romaris Juan RobertoESP22502222Gal5.5148.043.5
22
Ledo Galan Jose EmilioESP20732113Mad5.5145.042.0

Resultados en ChessResults