Amosando publicacións coa etiqueta Categorías inferiores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Categorías inferiores. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de febreiro de 2014

Do día 1 ao 4 de marzo en Pontedeume van ter lugar os campionatos galegos Sub-14 e Sub-18. A FEGA publica os xogadores neste enlace.

xoves, 2 de xaneiro de 2014

Dúas pratas para España nos Mudiais xuvenís

Irene Nicolás no Sub-16 feminino e David Antón no Sub-18 absoluto acadaron a segunda praza nos mundiais de categorías inferiores que tiveron lugar nos E.A.U. no mes de Nadal.

mércores, 30 de outubro de 2013

Campionatos mundiais da xuventude 2013 nos Emiratos Árabes Unidos

No mes de decembro van ter lugar estes campionatos nun lougar un tanto exótico. Polo momento catro españois están inscritos: David Antón, Miguel Santos, Amalia Aranaz e Irene Nicolás.

venres, 9 de novembro de 2012

Mundiais xuvenís (R1) Bo comezo dos españois

Seis vitorias un empate e unha derrota foi o resultado dos xogadores españois que están a xogar nos Campionatos Mundiais da Xuventude, é dicir o Mundial Xuvenil. Hoxe a segunda rolda onde o rival máis duro será para Miguel Santos, un MI.

martes, 30 de outubro de 2012

- A poucos días dos Campionatos Mundiais da Xuventude

Do 7 ao 19 de novembro en Eslovenia van celebrarse un ano máis os torneos mundiais de xóvenes, e neles haberá oito xogadores españois. Algúns deles son dos primeiros do ranking, e poderían acadar algunha medalla como sucedeu nos pasadors europeos.

sábado, 25 de agosto de 2012

- Europeos por idades. Prata para Amalia Aranaz e bronce para Daniel Forcén

Na rolda final houbo decepcións e alegrías para os xogadores españois. Non se conseguiron todas as medallas que estaban ao alcance, pero tampouco se perderon todas.
Na Sub18 masculina, grazas á súa vitoria sobre o armenio Gabuzyan nunha boa partida de ataque, o MI Daniel Forcén rematou a medio punto do gañador, o ruso Moiseenko, empatado con Gabuzyan. Pero o desempate favoreceu ao perdedor da partidae Forcén quedouse ca medalla de bronce. David Antón fixo o que tiña que facer para optar á medalla, gañar, pero os resultados das primeiras mesas fixeron que non chegase, e rematou sexto.
Na Sub18 feminina derrota de Amalia Aranaz contra a nova campiona europea, a rusa Goryachkina. Era a partida que decidía a gañadora da categoría, e a española, que levaba medio punto de vantaxe sobre varias perseguidoras, tivo a sorte de cara nese aspecto e non perdeu nin un posto polo desempate, mantendo a segunda praza.
Na Sub16 feminina Irene Nicolás forzou todo o que foi posible unha posición igualada para tratar de gañar a súa partida, dando voltas a un final empatado. Cando tiña a partida algo mellor e con máis posibilidades de que errase á rival nos apuros de tempo, foi a española a que fixo o blunder. Unha mágoa porque a vitoria daba o bronce e rematou oitava.
Finalmente na Sub8 feminina María Eizaguerri empatou na derradeira partida con negras contra Zavgorodneva, rematando con seis puntos e medio. Este empate fixo que perdese a medalla de bronce pola vitoria da azerí Isamyil, que tiña medio punto menos que ela. Rematou cuarta.
O resto dos xogadores españois tiveron resultados máis ou menos acordes ao seu nivel, e hai que ter en conta que nas idades máis baixas a orde de forza inicial pode non ter moito que ver co nivel real actual dos xogadores. Algo máis se esperaba de Jaime Santos, que era o segundo do ranking en Sub16, e rematou no posto 22. O galego Alberto Portela, en Sub14, fixo un torneo interesante gañando algúns puntos de elo. A tamén galega Mireya Represa en cambio perdeu algúns na Sub12. Julio Suárez Gómez era outro dos xogadorexs galegos en Praga, na Sub14, e quedou por riba do seu ranking inicial.

venres, 24 de agosto de 2012

- Europeos por idades. Opcións de varias medallas na derradeira rolda

Partida entre españois - Web oficial
Van rematar os Campionatos de Europa por idades, e na derradeira rolda varios xogadores españois poderán loitar por acadar unha das medallas en xogo en varias das categorías. Os galegos Represa e Portela non estarán entre eles.
Na categoría Sub8 feminina María Eizaguerri está na terceira praza. Deberá levar as pezas negras contra unha rival directa, a rusa Zavgorodneva, ca que está empatada a puntos. O medalla de ouro non é posible, pero sí a de prata.
Na Sub16 feminina Irene Nicolás terá que gañar á francesa Navrotescu para estar no podio. Outro resultado non serve, e tamén terá que facelo con pezas negras.
En Sub18 feminino Amalia Aranaz gañando sería a campiona. Levará negras contra a outra líder da categoría, a rusa Goriachtkina. As táboas deixarían todo nas mans dos sistemas de desempate.
En Sub18 masculina David Forcén estará na primeira mesa xogando contra o líder Gabuzyan. Gañando levaria medalla, pero non se poder saber cal. David Antón ten que gañar e esperar a ver se chega ata o bronce, xogando contra Givon.

xoves, 23 de agosto de 2012

- Europeos por Idades. Varios españois con opcións de medalla a falta de dúas partidas

Vista xeral da sala de xogo - Web oficial
Levamos sete roldas e varios xogadores españois están con opcións de conseguir medalla na súa categoría. Ningún é líder da súa categoría pero están á distancia na que pódese optar a todo. Estes son os resultados completos:
Rk. InNomeEloFED1234567Pts.Rk.Grupo
10Cubells Vazquez Pablo1546ESP00111014.031B8
14Cespedes Llaverias Llibert1243ESP01100013.051B8
34Duller Llopis Jouke0ESP01000113.052B8
39Torres Ventosa Angel Javier1671ESP01001013.094B10
60Estefano Rilova Fernando1523ESP1000½113.578B10
61Asensio Ramos Diego1520ESP000½1001.5129B10
120Rodriguez Izquierdo Luis0ESP0101013.090B10
39Gimenez Aguirre Alejo Ismael1886ESP1101½014.533B12
45Porta Tovar Guillem1865ESP101001½3.580B12
36Santos Ruiz Miguel2069ESP01010103.096B14
40Suarez Gomez Julio2057ESP110½103.560B14
43Garriga Cazorla Pere2043ESP110½11½5.015B14
73Portela Peleteiro Alberto1953ESP010½1½14.043B14
91Guerra Arrocha Daniel1872ESP01001013.093B14
97Ucles Lirola Moises1857ESP000100½1.5137B14
2FMSantos Latasa Jaime2403ESP11½½0115.011B16
15FMSuarez Garcia Carlos2311ESP01101½03.556B16
37Shen Yue2139ESP00101½02.593B16
1FMAnton Guijarro David2526ESP01111½04.514B18
7IMForcen Esteban Daniel2440ESP11½½11½5.53B18
9IMPardo Simon David2430ESP11½011½5.07B18
53Silva Rodriguez Julio2165ESP0100012.075B18
2Eizaguerri Floris Maria1544ESP11111005.05G8
22Guillo Longares Cecilia0ESP11100014.018G8
26Jimenez Fernandez Rebeca0ESP10100002.047G8
30Lopez Garcia Maria Pilar1313ESP011½0002.570G10
33Armero Martinez Nuria0ESP000010½1.587G10
44Represa Perez Mireya1594ESP1100½103.546G12
47Cabrera Valverde Cristina1562ESP101001½3.549G12
55De La Pena Garcia Blanca1508ESP0001012.091G12
46Rodriguez Manzaneda Irene1734ESP00011103.065G14
3WFMNicolas Zapata Irene2197ESP11011015.07G16
15Garcia-Castany Musellas Gal La2019ESP1½½0114.026G16
2WFMAranaz Murillo Amalia2237ESP11½01115.52G18
20Perera Borrego Mariela2066ESP1011½03.526G18

luns, 20 de agosto de 2012

- María Eizaguerri líder da súa categoría nos Europeos por idades (R3)

A líder Sub8 María Eizaguerri
Tras tres roldas España ten un líder nunha categoría, a xogadora Sub8 María Eizaguerri, que leva 3 de 3. Logo hai un pouco de todo, destacando Amalia Aranaz, Jaime Santos, Daniel Forcén e David Pardo que levan 2,5 nas tres roldas.
Aínda quedan moitas roldas para saber quen poderá loitar por medalla. A retransmisión está a mellorar e pódense ver as cen partidas que contan con taboleiro DGT sen atrancos

sábado, 18 de agosto de 2012

- Irregular arranque dos españois nos Europeos por idades

Moitas derrotas, máis que vitorias. E algunhas delas inesperadas por ser dos mellores xogadores por ranking. Pero queda moito e non hai que desesperar. A ver se na segunda rolda hai máis sorte.

venres, 17 de agosto de 2012

- Comezan en Praga os Campionatos Europeos de Sub8 a Sub18

Por unha vez os rapaces non teñen que perderse por Turquía para xogar un torneo, e van facelo nunha cidade de verdade. Do 16 ao 26 de agosto en Praga teremos os campionatos europeos de categorías inferiores, onde España manda unha boa representación, con varios cabezas de serie, destacando o número 1 de David Antón Guijarro en Sub18o
RkNomeRtgFED
Pts.Rk.Grupo
10Cubells Vazquez Pablo1546ESP0.035B8
14Cespedes Llaverias Llibert1243ESP
0.016B8
34Duller Llopis Jouke0ESP0.051B8
39Torres Ventosa Angel Javier1671ESP0.072B10
60Estefano Rilova Fernando1523ESP0.087B10
61Asensio Ramos Diego1520ESP0.088B10
120Rodriguez Izquierdo Luis0ESP0.0124B10
39Gimenez Aguirre Alejo Ismael1886ESP0.065B12
45Porta Tovar Guillem1865ESP
1.04B12
36Santos Ruiz Miguel2069ESP0.045B14
40Suarez Gomez Julio2057ESP0.048B14
43Garriga Cazorla Pere2043ESP0.050B14
73Portela Peleteiro Alberto1953ESP0.079B14
91Guerra Arrocha Daniel1872ESP0.095B14
97Ucles Lirola Moises1857ESP0.0101B14
2FMSantos Latasa Jaime2403ESP0.023B16
15FMSuarez Garcia Carlos2311ESP0.035B16
37Shen Yue2139ESP0.055B16
1FMAnton Guijarro David2526ESP0.07B18
7IMForcen Esteban Daniel2440ESP
1.01B18
9IMPardo Simon David2430ESP0.014B18
53Silva Rodriguez Julio2165ESP0.055B18
2Eizaguerri Floris Maria1544ESP
1.01G8
22Guillo Longares Cecilia0ESP
1.09G8
26Jimenez Fernandez Rebeca0ESP
1.010G8
30Lopez Garcia Maria Pilar1313ESP0.049G10
33Armero Martinez Nuria0ESP0.051G10
44Represa Perez Mireya1594ESP0.051G12
47Cabrera Valverde Cristina1562ESP0.054G12
55De La Pena Garcia Blanca1508ESP0.061G12
46Rodriguez Manzaneda Irene1734ESP0.049G14
3WFMNicolas Zapata Irene2197ESP0.012G16
15Garcia-Castany Musellas Gal La2019ESP0.024G16
2WFMAranaz Murillo Amalia2237ESP0.09G18
20Perera Borrego Mariela2066ESP
1.03G18
A páxina oficial está bastante ben, con cobertura en directo, pero é moi lenta. Unha mágoa.