domingo, 30 de decembro de 2012

Hoogeveen, a cidade dos Torneos Unive, gaña o campìonato do mundo das cidades

A cidade holandesa de Hoogeven, aliñando a Giri (nado en San Petersburgo), Sokolov (nado en Jajce, BosniaTiviakov (nado en Krasnodar, Rusia) e Smeets (nado en Leiden, Holanda), foi a gañadora deste pintoresco torneo con que a FIDE fixo caixa nos Emiratos Árabes Unidos. Venceron na final por 3-1 á cidade uzbeka de Tashkent, que polo menos levou xogadores nados no país.
Web oficial.
A final con unha bandeira holandesa algo rara- Foto da web oficial

martes, 25 de decembro de 2012

Campionato Mundial das Cidades

Estase a xogar en Al-Ain, nos Emiratos Árabes Unidos, o Campionato Mundial das Cidades. Participan 32 cidades, unha por país, escollidas polos cruterios creados pola FIDE.
Os xogadores teñen que ter unha vinculación ca Federación do país ao que pertenza a cidade participante.
Tras unha primeira fase de grupos pasanse as eliminatorias directas, ata chegar a xogarse a final. Xogada a fase dos grupos os emparellamentos por KO serán os seguintes:

venres, 21 de decembro de 2012

luns, 17 de decembro de 2012

Vachier-Lagrave campión europeo de blitz e Dreev de xadrez rápido

Foto da web oficial.
Os días 14, 15 e 16 tiveron lugar en Polonia os campionatos europeos de xadrez rápido e blitz. No blitz quedou campión o francés Vachier-Lagrave, seguido de Sarguissian e Tkchiev. No torneo de rápidas o gañador foi Dreev, con Vachier-Lagrave subcampión e Shirov terceiro. Non houbo nin un xogador español entre os máis de 400 participantes.

luns, 10 de decembro de 2012

Carlsen gaña Londres e bate o record de Elo de Kasparov

O noruegués xa é o xogador máis forte da historia se facemos caso aos valores da lista Elo. Habería que valorar se por exemplo os 2700 de Karpov nos anos 70 son iguais aos 2700 de Fressinet da derradeira lista, pero o caso é que tras gañar o London Chess Classic Magnus Carlsen sairá na seguinte lista con máis dos 2851 que eran o record mundial. Salvo que perda unha morea de puntos ata o final do ano que non vai ser o caso.
Carlsen quedou primeiro con un total 18 puntos (+5 =3 -0), por diante de Kramnik que ocupou a segunda praza sumando 16 (+4 =4 -0). O ruso fixo un gran torneo, pero non foi suficiente para quedar primeiro pola incrible actuación do noruegués.  Na terceira praza empataron Adams e Nakamura con 13 puntos, os dous facendo +3 =4 -1.

xoves, 6 de decembro de 2012

A FEGA publica os grupos para a liga do 2013

En breve sairá o calendario. Ver grupos.

Tres gañadores no Torneo do Grand Prix de Taskent

Os rusos Morozevich e Karjakin xunto co chinés Hao compartiron a primeira praza no Torneo de Taskent, que forma parte do circuito do Grand Prix 2012-2013. Empataron a 6,5 puntos nun torneo moi forte onde o Elo máis baixo era o 2726 de Domínguez.

mércores, 5 de decembro de 2012

London Chess Classic (R4) Carlsen líder e co record de Elo a tiro

Anand - Kramnik
Tras as catro primeiras partidas o noruegués Magnus Carlsen leva 10 puntos (+3 =1) e é líder en solitario. A súa performance é de 3079, e de mantela nese nivel superaría a marca de Kasparov de 2851 puntos Elo. Na segunda posición está Kramnik con 8 puntos e terceiro marcha Adams con 7.

domingo, 2 de decembro de 2012

Comezou o London Chess Classic 2012

Do 1 ao 10 de decembro ten lugar en Londres un dos torneos máis fortes do ano, no que xogan Carlsen, Aronian, Kramnik, Anand, Nakamura, Polgar, Adams, McShane e G. Jones. A retransmisión en directo por internet é a mellor con diferenza de todas as que se fan no mundo.
Na primeira rolda non houbo táboas, rematando con vitoria todas as partidas. A máis importante foi a de Nakamura con negras contra Aronian.
Web oficial.

sábado, 1 de decembro de 2012

Anna Ushenina nova campiona mundial por desempate

A final da Copa do Mundo - Web oficial
A ucraniana Anna Ushenina é a nova campiona mundial tras gañar á búlgara Antoaneta Stefanova na final da Copa do Mundo. Tras empatar 2-2 nas partidas a ritmo FIDE, na primeira serie de desempate Ushenina empatou con negras e gañou co brancas. Deste xeito será a campiona mundial polo menos ata o match de revancha ao que ten dereito Yifan Hou.
Ushenina non era das favoritas, de feito partía na metade da lista de forza inicial, pero tras desfacerse de Cori, Pogonina, N. Kosintseva, e Wenjun chegou ata a final contra Stefanova, que tampouco era das favoritas, pero que xa gañara un mundial deste xeito. Tras seis partidas a ucraniana levouse a coroa que ata agora era da chinesa Hou. Un torneo con moitas sorpresas e onde as mellores non estivero á altura.