luns, 29 de decembro de 2014

O polaco Duda campión europeo de rápidas

O Campionato de Europa de rápidas tivo lugar en Polonia, e o gañador foi o local Jan-Krysztof Duda con 9,5 puntos. Empatou con catro xogadores máis, pero beneficiouse do desempate. A prata foi para Volokitin de Ucrania e o bronce para Gajewski de Polonia. Vallejo rematou 12º, Guijarro 48º e Salgado 53º.

Navara campión europeo blitz e medalla de bronce para Iván Salgado

O checo David Navara levouse o campionato europeo blitz que tivo lugar en Polonia, facendo 19 puntos. Tras del empataron a 17 puntos seis xogadores, sendo a prata para o polaco Duda e o bronce para o galego Iván Salgado. Participaron 616 (!) xogadores.