mércores, 30 de maio de 2012

- Campionato mundial 2012 (Final) Anand segue a ser o campión.

Catro partidas a ritmo rápido decidiron quen tiña que ser o campión mundial. Tras o empate a seis nas partidas largas esta a quenda das cortas.
Na primeira delas a defensa eslava de Anand conseguiu acadar algo de vantaxe, pero non foi quen de concretala e a partida chagou a un final de torres sen opcións para ninguén e rematou en táboas.
A segunda foi unha siciliana Rossolimo na que o campión mundial quedou con peón de máis na apertura, pero con posición igualada pola maior actividades das pezas negras. Anand tratou de mellorar pouco a pouco a posición, pero o final era de táboas ata que Gelfand errou e perdeu ao permitir a Anand acadar a posición de Lucena.
Na terceira partida os xogadores usaron unha liña xogada no match Topalov - Kramnik que derivou nunha loita moi aguda, na que Gelfand tiña todas as de gañar, pero non acertou ca combinación gañadora, e Anand foi quen de levar a partida a un final de torres con peón de menos que era táboas.
Na cuarta partida, con Gelfand obrigado a gañar con negras, vimos unha defensa siciliana Rossolima con Anand matando a partida e o israelí tentando mantela viva. Non foi capaz e na xogada 56 acordáronse as táboas, que facían que Anand mantivese a coroa.
Mañá será a ceremonia de clausura dun dos campionatos do mundo menos interesantes da historia.

luns, 28 de maio de 2012

- Campionato Mundial 2012 (R12) Táboas miserentas para ir ao desempate

Unha partida máis os dous xogadores do campionato mundial de xadrez fixeron ben pouco por crear afición. Anand e Gelfand acordaron táboas na xogada 22, cando soamente levaban unhas xogadas do medio xogo e con moita partida por diante. A posición estaba equilibrada, pero non se entende que con dúas torres, unha peza menor e case todos os peóns, sen haber unha liña de repetición de xogadas, firmen táboas e adeus.
Dun tempo a esta parte os xogadores da elite queixanse de que os ritmos de xogo cada vez son máis rápidos e que iso fai que o nivel do xadrez sexa menor, pero cando teñen tempo dabondo fan empates sen loita para xogarxe os títulos a eses ritmos dos que estanse a queixar... Mañá será día de descanso, e o mércores teremos o gañador dun dos matchs menos interesantes da historia que sairá das rápidas. Catro partidas a 25'+10'', e se seguen empatados dúas a 5'+3''. Se segue o empate outras dúas a este ritmo blitz, e se tras as dez partidas seguisen empatados chegara o "Armageddom": blancas 5' e negras 4', con incremento de 3'' a partires do movemento 61. O branco está obrigado a gañar, porque o empate daría como gañador a quen leve negras.

sábado, 26 de maio de 2012

- Campionato do Mundo (R11) O medo é libre

Karjakin e Grischuk comentaristas invitados - Web oficial
Na 11ª partida tivemos outra vez unha demostración de que ningún dos dous xogadores vai arriscar nada, baixo risco de perder e non ter marxe de reacción, e que están a esperar ás rápidas. Gelfand con brancas encarou con precaución a defensa Nimzowitch de Anand e moi pronto chegou o empate, na xogada 24. Anand tiña un peón de máis compensado pola maior actividade de Gelfand, que ademáis contaba ca parella de bispos.
Mañá a derradeira partida larga, na que tal vez Anand tente algo para levarse o match xa que levará as pezas brancas.

xoves, 24 de maio de 2012

- Campionato Mundial 2012 (10R) Outra vez unha partida penosa

Voltamos as táboas sen interese. Gelfand defendeuse ca siciliana e Anand escolleu a variante Rossolimo. Moitos cambios de pezas ata chegar a un medio xogo de torre a cabalo branco contra torre e bispo negro e os xogadores acordaron táboas sen intentar nada.
Mañá día de descanso e despois as dúas derradeiras partidas a ritmo clásico. Se o empate persiste partidas rápidas para desempatar.

mércores, 23 de maio de 2012

- Campionato mundial 2012 (R9) Táboas que manteñen o empate

Foto da oitava partida da web oficial
Na novena partida Anand empregou a defensa Nimzowitch, aplicando unha nova liña na que cambiou a dama por torre e cabalo, pero chegando a un final no que a dama e o rei de Gelfand non podían facer nada por entrar na fortaleza das negras, que tiñan todas as pezas coordinadas para defender a situación. Mañá a décima partida con Anand levando brancas.

martes, 22 de maio de 2012

- Campionato Mundial (R8) Anand caza a dama de Gelfand: 4-4

Pouco durou a alegría para Gelfand. Tras gañar a sétima partida Anand en 17 xogadas conseguiu empatar o match na oitava. O israelí pensou que gañaba calidade a cambio da iniciativa, pero a realidade foi que a súa dama foi cazada no curruncho.

domingo, 20 de maio de 2012

- Mundial (R7) Gelfand vence a Anand e toma vantaxe: 4-3

O aspirante ao título Boris Gelfand conseguiu derrotar a defensa eslava do campión, e logra o primeiro punto completo do match, cando quedan cinco partidas por xogar. Anand igualou na apertura sen moitos atrancos, pero cometeu algunhas imprecisións no medio xogo que acabaron por facerlle perder a partida.
A partida:

venres, 18 de maio de 2012

- Eleccións na FEDA

Tocan eleccións na FEDA: presidente, comisión delegada e asemblea xeral. Galicia terá máis representación de entre todas as rexións na Asemblea Xeral: 6 clubes e 3 xogadores.
Información na FEDA.

- A FIDE anuncia o novo Grand Prix

Esperemos que desta vez teña máis sorte que os anteriores. Para iso a FIDE deixa todo nas mans dunha empresa privada, AGON, que como xógase os seus cartos seguramente vai poñer máis interese que os directivos da FIDE. Serán seis torneos dos que cada xogador poderá xogar catro, e terán lugar entre 2012 e 2013.
Non vai poder xogar calquera, e soamente uns cantos axedrecistas poden tomar parte. Poden xogalo Campión e Subcampión mundial, os finalistas da Copa do Mundo, os cinco mellores por Elo da lista oficial, un xogador de máis de 2700 elexido pola FIDE e seis, tamén de máis de 2700 ou excampión mundial, elexidos por AGON.
O calendario será o seguinte, e atención ao cuarto torneo, en Madrid.
2012
Grand Prix Chelyabinsk: 19 de setembro a 3 de outubro
Grand Prix Tashkent: 21 de novembro a 4 de Nadal
2013
Grand Prix Lisboa: 10 de abril a 24 de abril
Grand Prix Madrid: 22 de maio a 4 de xuño
Grand Prix Berlin: 3 de xullo a 17 de xullo
Grand Prix Paris: 18 de setembro a 2 de outubro

- Campionato Mundial 2012 (R6) Empate co match na súa metade

A sexta partida do match entre Boris Gelfand e Anand Viswanathan rematou tamén en táboas, o sexto empate en seis partidas. O israelí levaba brancas e xogouse unha eslava, na que o indio sacrificou un peón na xogada 14, unha novidade na liña xogada. Gelfand mandou de volta o peón de inmediato para evitar que a iniciativa pasase as negras. Tras algúns intentos de forzar a situación, a partida igualouse e acordáronse as táboas.
Na seguinte partida Gelfand levará brancas outra vez, para neutralizar a vantaxe de Anand de ter o día de descanso xusto antes de levar brancas.

xoves, 17 de maio de 2012

- Campionato do Mundo 2012 (R5) Outro empate aburrido

A quinta partida - Web oficial
Desta vez a defensa siciliana apareceu no taboleiro. Decidiu empregala o israelí Gelfand, e escolleu a variente Sveshnikov. O indio Anand non sacou nada da apertura e pronto chegaron as táboas tras a liquidación de pezas no ala de dama.

mércores, 16 de maio de 2012

- Campionato dos Estados Unidos (R7) Kamsky e Nakamura empatados na cabeza

Aproveitando as táboas de Nakamura con Akobian, Kamsky alcanzouno na cabeza tras gañar a Stripunsky. Ambos teñen 5 puntos, un punto máis que o grupo de perseguidores, formado por Onischuk, Lenderman e Shulman.
A táboa completa:

NomeELO123456789101112PTS
1GM Nakamura, Hikaru2775x½ ½ ½ 1 1 1 ½ 5.0
2GM Kamsky, Gata2741x1 ½ 1 ½ 0 1 1 5.0
3GM Onischuk, Alexander2660½ 0 x½ ½ 1 1 ½ 4.0
4GM Lenderman, Aleksandr2587½ x½ ½ 1 ½ ½ ½ 4.0
5GM Shulman, Yuri2571½ ½ ½ x½ ½ ½ 1 4.0
6GM Akobian, Varuzhan2625½ 0 ½ ½ x0 1 1 3.5
7GM Robson, Ray26140 ½ ½ 0 x0 1 1 3.0
8GM Kaidanov, Gregory S25940 1 ½ ½ x1 0 0 3.0
9GM Stripunsky, Alexander25620 0 ½ ½ 1 0 x1 3.0
10GM Seirawan, Yasser2643½ 0 0 1 0 x0 1 2.5
11GM Hess, Robert L26350 0 0 0 1 1 x½ 2.5
12GM Ramirez, Alejandro2593½ 0 ½ 0 1 0 ½ x2.5

No campionato feminino mandan Zatonskih e Krush con 4,5.
Web oficial.