domingo, 23 de novembro de 2014

Carlsen retén o título mundial tras vencer a Anand na penúltima partida

O noruegués Magnus Carlsen derrotou ao indio Anand Viswanathan na partida número once das doce do match. Cunha vantaxe de dous puntos a partida doce non é necesaria para saber o campión.
Na partida Carlsen levaba brancas e Anand negras. Xogaron unha Española variante Berlinesa, e a liña seguida foi unha con bastantes partidas rexistradas. De feito no 2001 Anand a xogou con brancas contra Kramnik.
Ao principio do medio xogo Anand xogou de xeito moi agresivo sacrificando a calidade, pero despois non foi preciso para manter a iniciativa lograda. Carlsen si foi preciso, e pouco a pouco rexeitou o xogo das negras para acabar impoñendo a súa vantaxe material para obter un final gañado.

venres, 21 de novembro de 2014

Carlsen - Anand (R10) Empate sen atrancos para Carlsen

A décima partida do Mundial non supuxo nada positivo para Anand, que non foi quen de poñer en apretos a Carlsen. A Defensa Grünfled do campión foi unha elección máis que suficiente para manter a súa vantaxe no marcador de un punto. En ningún momento da partida Anand foi quen de ter nin tan sequera algo cerca a posibilidade de gañar, polo que queda obrigado a gañar algunha das dúas partidas que faltan se quere xogar o desempate.

xoves, 20 de novembro de 2014

Carlsen - Anand (R9) Táboas por repetición no inicio do medio xogo e a partida queda sen xogarse

A novena partida do mundial rematou en táboas por repetición na xogada 20. Quedan dúas partidas con brancas para Anand e unha para Carlsen e o campión segue un arriba.
A partida entrou nunha Berlinesa na Española e ata a xogada 13 de Carlsen seguiu unha partida anterior entre Domínguez e Ponomariov. Anand variou facendo unha xogada nova, e soamente tres xogadas despois Carlsen ofreceu táboas implicitamente repetindo posición e a partida acabouse con esas táboas.
Mañá a décima partida con Anand obrigado a gañar unha das tres que faltan para chegar ao desempate.

martes, 18 de novembro de 2014

Carlsen - Anand 2014 (R8) Táboas nunha partida correcta pero sen moita emoción

O aspirante ao título mundial non foi capaza de poñer en apretos ao campión, polo que perdeu unha oportunidade de igualar o marcador do encontro cas pezas brancas.
A partida foi un gambito de dama no que Carlsen conseguiu igualar a posición sen moitos atrancos, pasando páxina da derrota que sufriu onde a preparación caseira de Anand pasoulle por riba. Tras cambiar a maioría das pezas chegouse a un final que nin sequera tentaron xogar porque non había nada.

luns, 17 de novembro de 2014

Carlsen - Anand 2014 (R7) Táboas que manteñen a Carlsen un arriba

Na sétima partida do mundial Carlsen levaba brancas e Anand con negras escolleu entrar outra vez na española. Desta vez a variante foi unha Defensa Berlinesa bastante coñecida, e de feito a partida foi igual ata a xogada 21 de Anand a partida que xogaron Giri contra Caruana o mes de outubro en Tashkent.
Anand optou por un plan no que sacrificou un bispo por dous peóns para quedar con torre e catro peóns contra torre, cabalo e dous peóns. Con todos os peóns no mesmo flanco, a pesares de ter Anand un peón dobrado, tratar de sacar máis que táboas polas brancas era una tarefa moi complicada. Carlsen tentouno durante unhas horas, pero ao final rematou perdendo as posibilidades tras ter que cambiar os seus peóns, a tivo que evitar que Anand coroase algún dos que lle quedaban. Tras moitas voltas a partida acabou en táboas.

domingo, 16 de novembro de 2014

Match Carlsen - Anand (R6) Vitoria de Carlsen con erro incluido

A sexta partida do mundial foi gañada polo campión que tivo a sorte de que o aspirante pasase por alto un erro táctico que puido cambiar o resultado da partida Carlsen deixou colgada unha peza por un xaque intermedio, e a única solución era perder un par de peóns. Isto debería costarlle case de seguro a partida, pero Anand non o viu. A partida comezou con unha siciliana, na que Carlsen iniciou o medio xogo ca iniciativa e presionando. Anand ideou un plan de contraxogo e o levou a cabo, pasando por iso seguramente por alto o erro de Carlsen, e seguramente darse de conta do ocurrido fixo que fose impreciso e a súa posición caeu en poucas xogadas
O match está na metade, e o marcador de 3,5 - 2,5 e favorable a Carlsen. O luns a seguinte partida.

venres, 14 de novembro de 2014

Match Carlsen - Anand Sochi 2014 (R5) Táboas que manteñen o empate

A quinta partida do mundial rematou en táboas tras 39 xogadas. A defensa india de dama do campión foi suficiente para non pasar apuros serios na partida, que foi bastante tranquila. Anand tivo a iniciativa a maior parte do tempo, pero sempre moi escasa e sen posibilidade de crear perigo, polo que pouco a pouco foron cambiándose as pezas ata chegar a un final de torres completamente igualado e acordouse o empate.

mércores, 12 de novembro de 2014

Grischuk gaña o Memorial Petrosian 2014

O ruso Grischuk con 5,5 foi o gañador do Torneo Tashir, Memorial Petrosian, que tivo lugar en Moscú. Tras del quedou Kramnik, que mellorou sustancialmente os resultados que estaba a ter no último ano, e na terceira praza o veterano Gelfand empatado con Aronian pero con mellor desempate.

Match Carlsen - Anand 2014 (R4) Táboas que manteñen o empate no marcador

A cuarta partida disputada en Sochi do Campionato do Mundo rematou en táboas en 47 xogadas tras case cinco horas de xogo.
Na partida Anand empregou a defensa siciliana con negras, e Carlsen optou por unha liña pouco habitual con un fianchetto do bispo de rei que xa xogara contra Svidler no 2012. O primeiro en facer algo novo foi Anand, que na xogada novena atacou a dama branca con 9...Bg4. Pasada a apertura produciuse un cambio masivo de pezas que deixou un final de damas e peóns totalmente igualado. Carlsen botou unha pensada tras o control de más de media hora, pero convencido de que non había nada forzou táboas por continuo.
Tras o día de descanso o match seguirá ca quinta partida, con Anand con brancas antes de que despois as teña Carlsen dúas veces seguidas.
A partida:

martes, 11 de novembro de 2014

Mundial Sochi 2014 (R3) Vitoria de Anand dende casa para empatar o match

A terceira partida do match polo título mundial fixo que o marcador quedase outra vez nivelado tras vencer Anand a Carlsen, polo que ambolosdous suman 1,5.
Anand con brancas atopouse con unha defensa ortodoxa contra o gambito de dama por parte de Carlsen. A partida seguiu durante moitas xogadas unha partida anterior entre Aronian e Adams do ano 2013, ata que na xogada 20 Anand variou e xogou 20.fxe4. Pero mentres Anand levaba a lección ben aprendida Carlsen non a tiña tanto, e gastou moito máis tempo que o indio, e ademáis acabou entrabando nunha posición ben incómoda con moitos problemas tácticos que non acabou de resolver. Poucas xogadas despois o campión mundial tivo que rendirse.
A partida:



domingo, 9 de novembro de 2014

Match Sochi 2014 (2R) Anand comete un erro grave nos apuros de tempo e Carlsen non perdoa

A segunda partida do match mundial de Sochi presentou a Carlsen xogando a española e a Anand defendéndose ca Berlinesa. Carlsen non entrou nas liñas máis xogadas nas que cambianse as damas e o xogo de cada bando está ben definido, e optou por un modesto 4.d3, que xa empregou este ano contra Anand no mundial de rápidas. O indio foi o primeiro en desviarse desa partida, que por certo gañou, facendo 5... d6 en vez de 5...Cd4. Na seguinte xogada Carlsen foxo 6.Te1, que soamente empregárase catro veces antes e todas por aficionados febles, e o 7.Bxc6 foi unha novidade.
O campión decidiu presionar ao rei de Anand, o que levou a cambiar as pezas menores que seguían no taboleiro. As xogadas da defensa do indio non foron sempre as máis activas, e Carlsen conseguiu unha gran iniciativa nunha posición onde as súas pezas maiore dominaban as columnas centrais e seguían a rondar o escasamente defendido enroque negro.
Con 30 xogadas o tempo comenzou a afogar aos dous xogadores, e defenderse sempre é máis difícil. Na xogada 34 Anand pasou por alto da entrada da dama branca en b7, que creou unha ameaza ao longo da sétima fila que gañou o primeiro punto para Carlsen.
O marcador tras dúas partidas está en Carlsen 1,5 - Anand 0,5. Mañá é día de descanso e o martes a terceira con Anand levando brancas
A partida;




sábado, 8 de novembro de 2014

Mundial Carlsen - Anand en Sochi (R1) Táboas nunha partida equilibrada

O match inciase - Foto web FIDE
Comenzou o match revancha para Anand, que tentará facerse co título que quitoulle Carlsen fai un ano. As doce partidas van ter lugar na cidade rusa de Sochi.
Na primeira partida Carlsen con negras usou a defensa Gruünfeld, e Anand botou man da liña secundaria na xogada cinco, cando en vez de facer 5.e4 xogou 5.Bd2. Na xogada oitava Anand aplicou unha novidade, 8.Dc2. O indio conseguiu unha pequena iniciativa, pero a posición sólida do noruegués permitiulle chegar a un final sen apuro ningún. Como é habitual Carlsen conseguiu nese final dar a volta a partida e pasar el a ter mellores opcións, pero Anand non errou na defensa e acadou un perpetuo e a partida rematou en empate.
A partida: