luns, 17 de novembro de 2014

Carlsen - Anand 2014 (R7) Táboas que manteñen a Carlsen un arriba

Na sétima partida do mundial Carlsen levaba brancas e Anand con negras escolleu entrar outra vez na española. Desta vez a variante foi unha Defensa Berlinesa bastante coñecida, e de feito a partida foi igual ata a xogada 21 de Anand a partida que xogaron Giri contra Caruana o mes de outubro en Tashkent.
Anand optou por un plan no que sacrificou un bispo por dous peóns para quedar con torre e catro peóns contra torre, cabalo e dous peóns. Con todos os peóns no mesmo flanco, a pesares de ter Anand un peón dobrado, tratar de sacar máis que táboas polas brancas era una tarefa moi complicada. Carlsen tentouno durante unhas horas, pero ao final rematou perdendo as posibilidades tras ter que cambiar os seus peóns, a tivo que evitar que Anand coroase algún dos que lle quedaban. Tras moitas voltas a partida acabou en táboas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario