domingo, 23 de novembro de 2014

Carlsen retén o título mundial tras vencer a Anand na penúltima partida

O noruegués Magnus Carlsen derrotou ao indio Anand Viswanathan na partida número once das doce do match. Cunha vantaxe de dous puntos a partida doce non é necesaria para saber o campión.
Na partida Carlsen levaba brancas e Anand negras. Xogaron unha Española variante Berlinesa, e a liña seguida foi unha con bastantes partidas rexistradas. De feito no 2001 Anand a xogou con brancas contra Kramnik.
Ao principio do medio xogo Anand xogou de xeito moi agresivo sacrificando a calidade, pero despois non foi preciso para manter a iniciativa lograda. Carlsen si foi preciso, e pouco a pouco rexeitou o xogo das negras para acabar impoñendo a súa vantaxe material para obter un final gañado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario