mércores, 30 de novembro de 2011

- Open de Benidorm. Sanchez Aller número 1 do ranking

O Open de Benidorm conta con varias categorías e modalidades diferentes. No aberto para xogadores de menos de 2300 Elo, vai contar como cabeza de serie co MF galego Fernando Sánchez Aller. Carlos Permuy tamén iniciou a aventura valenciana e fugura no posto oitavo dese ranking inicial. No aberto para xogadores con menos de 2000 tamén hai galegos, pero non están nas primeiras prazas.
Os torneos vanse xogar do día 2 ao día 10 de Nadal no Hotel Bali.

martes, 29 de novembro de 2011

- Torneo Paco Allegue en Pontedeume

A Fega anuncia na súa páxina este torneo que vaise xogar no Hotel Eumesa os días 2, 3 e 4 de Nadal e que será valedero para Elo Fide.
O formato do torneo non é moi habitual. O Elo máximo para poder participar e de 2199. O ritmo é de 60' + 30'', e o sábado, con tres roldas no día, recordará un pouco aos maratóns que organizaba o CIDU. Hai ofertas para o aloxamento no hotel.

CALENDARIO

- Día 2 
Presentación ás 17.30 
1ª Sesión 18.00 
- Día 3
2ª Sesión 10.00 
3ª Sesión 15.00 
4ª Sesión 18.30 
- Día 4
5ª Sesión 10.00 
6ª Sesión 15.00

luns, 28 de novembro de 2011

- Novo record mundial de simultáneas á cega

O MF alemán Marc Lang superou o record de simultáneas á cega que tiña o GM Miguel Najdorf dende o ano 1947. O arxentino xogara contra 45 oponentes, e o xermano contra un máis, 46, quedando con un marcador de 34,5 - 11,5.
As partidas na páxina de ChessBase.

En AGAX fixemos varias exhibicións desta modalidade, como pódese ver no vídeo que hai de seguido.


- Campionato do Mundo de Veteráns 2011 (Final) O MI francés Okhotnik campión

Rematou esta proba en coracia, onde as primeiras posicións foron para o MI Okhotnik, o GM Komljenovic e o GM Timoscenko, que por esa orde levaron as medallas de ouro, prata e bronce. O primeiro español foi o MF Simon, no posto 49º.

domingo, 27 de novembro de 2011

- Campionato de España de Clubes (Final) Gros Xake Taldea gañador

O equipo de San Sebastián foi o gañador da proba, quedando por diante do Sestao Naturgas e do Marcote. O gañador venceu en cinco encontros, perdendo un. O subcampión rematou imbatido, pero con dous empates que fixeron ao Gros Xake vencedor da proba.

- Memorial Tal 2011 (Final) Carlsen campión por desempate

Carlsen e Aronian quedaron empatados na cabeza do Memorial Tal que xogouse en Moscú, con un total de 5,5 puntos. Carlsen alcanzou na derradeira partida na táboa a Aronian, gañando cas pezas negras ao americano Nakamura. Aronian empatou con Nepomniachtchi polo que perdeu a oportunidade de ser o gañador en solitario, e o noruegués quedou diante. Mal a actuación do campión mundial, que soamente fixo táboas, igual que a que fixo o aspirante ao título e tamén a do subcampión mundial.
A táboa final:
Rk.NomeEloFED12345678910Pts. Des 1  Des 2  Des 3 
1GMCarlsen Magnus2826NOR*½½½½½½1½15.550.03.0
2GMAronian Levon2802ARM½*½½11½½½½5.540.04.0
3GMKarjakin Sergey2763RUS½½*½½½½1½½5.050.53.0
GMNepomniachtchi Ian2730RUS½½½*½½½½1½5.050.53.0
5GMIvanchuk Vassily2775UKR½0½½*1½½½15.040.03.0
6GMSvidler Peter2755RUS½0½½0*½½114.550.02.0
7GMAnand Viswanathan2811IND½½½½½½*½½½4.540.03.0
8GMGelfand Boris2744ISR0½0½½½½*½½3.550.02.5
9GMKramnik Vladimir2800RUS½½½0½0½½*½3.540.02.5
10GMNakamura Hikaru2758USA0½½½00½½½*3.040.02.0

Web oficialResultados en ChessResults.

xoves, 24 de novembro de 2011

- Tirana 2011 (8ª) Yifan Hou xa é a gañadora e conserva o título mundial

A chinesa Yifan Hou fixo táboas ca aspirante Humpy Koneru conservando tres puntos de vantaxe cando faltan dúas partidas para rematar o match, polo que xa é virtualmente a gañadora do mesmo e seguirá a ser a campiona mundial.
Nesta oitava partida a aspirante tiña que gañar e para iso contaba cas pezas brancas, pero non conseguiu nada contra a defensa Ragozin sa chinesa, que levou a partida a unha situación de cambios masivos e deixou un final de torres e peóns con poucas opcións de forzarse. Acordáronse táboas en 31 xogadas e o match decidiuse nese momento.
Nas oito partidas xogadas a campiona soamente demostrou que é unha xogadora moito máis sólida que a súa rival. Non fixo nada especialmente espectacular, pero non fixo falta porque os erros decisivos da aspirante foron suficiente para acabar co encontro.
Web oficial.

- Memorial Tal 2011 (R8) Aronian ponse un paso diante para a derradeira rolda

O armenio Aronian venceu ao ruso Svidler e grazas a iso chega con cinco puntos, medio punto de vantaxe sobre os seus perseguidores, á derradeira rolda do torneo, na que terá que xogar con negras contra Nepomniachtchi, un dos que teñen catro puntos e medio. O numero un do mundo, Carlsen, levará brancas diante do colista, Nakamura, e tamén está a medio punto do líder. Os outros dous que están a medio punto, Karjakin e Ivanchuk, xogarán entre eles.
Esta será a rolda completa, que comezará en Moscova ás 12:00 hora galega.

9. Rolda o 2011/11/25 ás 13-00
M.No.NomeResultadoNomeNo.
15GMNakamura HikaruGMCarlsen Magnus10
26GMGelfand BorisGMAnand Viswanathan4
37GMKarjakin SergeyGMIvanchuk Vassily3
48GMSvidler PeterGMKramnik Vladimir2
59GMNepomniachtchi IanGMAronian Levon1

Web oficialResultados en ChessResults.

mércores, 23 de novembro de 2011

- Tirana 2011 (7ª) Yifan Hou a un paso do título tras gañar outra vez

A terceira vitoria da campiona mundial foi moi parecida ás outras. Nunha partida sen perigo a aspirante fai un movemento arrepiante que a deixa ca partida perdida. Nesta ocasión en vez de facer un cambio de peza  sinxelo que deixaba a partida nunha posición xogable, escolleu outra xogada que fixo que perdese un par de peóns ademáis de entrar nun final perdido.
O match agora está Hou 5 - Koneru 2. Quedan tres partidas e a india ten que gañar as tres. Se mañá non temos un 1-0 o match estará rematado.

- Campionato de España de Clubes 2011

Estase a xogar en Melilla, e participa o equipo galego do Marcote. Polo momento manda o Sestao Naturgas, e o Mercote anda polo medio da táboa. As partidas son retransmitidas en directo, enlazando dende a páxina da FEDA.
Resultados en ChessResults.

- Memorial Tal 2011 (R7) Por fin unha vitoria

Novamente moitas táboas, aínda que a maioría están a ser partidas con loita. Pero polo menos unha partida rematou con gañador. Foi a que Ivanchuk venceu a Nakamura, xogando cas pezas negras, na que rematou un final favorable de torres con un simple pero contundente golpe táctico. A partida máis interesante da xornada era a que xogaba o número dous do mundo contra o número un, pero novamente Anand foixo un xogo moi sólido e moi aburrido que levou a unha posición sen interese e sen posibilidades.
Agora na clasificación mandan Carlsen, Karjakin, Nepomniachtchi, Aronian e Ivanchuk, os cinco con catro puntos, que corresponden a gañar unha e empatar o resto. Quedan dúas roldas e polo tanto calquera pode ser o gañador, nun torneo pnde o último está a punto e medio do primeiro.
Web oficialResultados en ChessResults.

martes, 22 de novembro de 2011

- Campionato Mundial da Xuventude. Sen xogadores españois

Francia, Italia, Inglaterra, Portugal... Os países cercanos ao noso están a participar neste torneo. Pero non hai xogadores españois, nin explicación da FEDA desa circunstancia.
O torneo estase a xogar en Caldas Novas (Brasil) que non parece un mal lugar, do 17 ao 27 de novembro. As categorias van dende Sub-18 ata Sub-8, con intervalos dos dous anos. Hai que destacar a presenza da peruana Deyse Cori na categoría absoluta Sub-18, non na feminina. aínda que tras catro partidas non lle está a ir moi ben. 

- Memorial Tal 2011 (6R) Nova xornada con empates

E van quince empates en quince partidas nas derradeiras tres roldas. Novamente non houbo táboas de grandes maestros, pero estase a ver a algún xogador sen interese por arriscar nada e usando liñas que levan ao empate sen maiores apuros se os dous están dacordo ainda que non poidan falar entre eles. As partidas máis disputadas foron a Kramnik - Nakamura e a Carlsen - Svidler. Pola contra, a Ivanchuk - Anand foi un intercambio masivo de pezas sen que ninguén tentase lograr vantaxe.
As partidas da rolda de mañá:

7. Rolda do 2011/11/23 ás 15-00
M.No.NomeRes.NomeNo.
14GMAnand VishvanatanGMCarlsen Magnus10
25GMNakamura HikaruGMIvanchuk Vasily3
36GMGelfand BorisGMKramnik Vladimir2
47GMKariakin SergeyGMAronian Levon1
58GMSvidler PeterGMNepomniachtchi Ian9

Web oficial. Resultados en ChessResults.

luns, 21 de novembro de 2011

- Tirana 2011 (6ª) Koneru perde montando o ataque de mate de Hou

Xogan as negras.
A campiona atopa un mate rápido.
A segunda vitoria da campiona Yifan Hou chegou hoxe despois doutro desastre no medio xogo da aspirante Humpy Koneru. A india sacrificou un peón na apertura, quedando mellor pola gran actividade da súa parella de bispos, e facendo que a campiona gastase moito tempo. Pero a iniciativa que tiña non foi a máis, e soamente recuperou o peón, quedando o xogo moi igualado. Unhas xogadas despois cometeu un erro que permitiu a chinesa, que andaba moi apurada de tempo, tomar o mando poñendo en perigo ao rei branco. E de súpeto, en duas xogadas terribles, Koneru pasou de estar peor a recibir mate imparable.
O match está agora 4-2 a favor da campiona, cando faltan catro partidas para rematar, polo que a aspirante terá que gañar dúas das que faltan.

- II Torneo Cidade de Lugo (Final) Antonio Pazos gañador

Con 6 puntos Antonio Pazos resultou gañador por desempate, porque Walter López conseguiu os mesmos puntos. Chama a atención que a partida decisiva Walter López - Roberto Gómez figura como 1.Cf3 e 1-0, o que parece indicar que non chegou a xogarse. Roberto Gómez foi terceiro e Xoel Pérez cuarto con 5,5 puntos. O torneo foi un éxito para o Círculo Ferrolano, con catro xogadores entre os seis primeiros.
A clasificación final:
Posto Nome                             Rtg  Loc  Club                     Puntos  Progr Buch.   M-Buch.
  1   Pazos Porta, Antonio             2310 2287 Circulo Ferrolano        6       25.0  30.5    27.5
  2   Lopez Rodriguez, Walter          2254 2259 Circulo Ferrolano        6       23.0  29.0    26.5
  3   Gomez Lopez, Roberto             2208 2193 Circulo de las Artes     5.5     24.5  32.0    29.0
  4   Perez Mauricio, Xoel             2256 2245 Circulo Ferrolano        5.5     20.0  29.0    26.5
  5   Casares Cabanas, Carlos          2182 2178 Circulo de las Artes     5       22.0  27.5    24.5
  6   Cubero Ferreiro, Rodrigo         2180 2160 Circulo Ferrolano        5       21.5  32.0    28.5
  7   Florez Rodriguez, Diego          2017 1988 Circulo de las Artes     5       21.0  30.0    27.0
  8   Abel Vazquez, Jose Luis          2002 1988 Club  Dep.universitario  4.5     23.0  31.5    30.5
  9   Carril Garcia, Luis              2073 2062 Arteixo                  4.5     20.5  30.0    27.0
 10   Gonzales Diaz, Julio             2249 2244 Circulo de las Artes     4.5     20.5  29.5    26.0
 11   Lopez Lopez, Alfredo             2107 2096 Club Recatelo            4.5     18.5  28.0    25.0
 12   Pardo Gomez, Jose Ramon          1770 1671 Club Recatelo            4.5     18.0  24.0    23.0
 13   Fernandez Lopez, Miguel Angel    2053 1999 Club Recatelo            4.5     17.5  27.5    25.0
 14   Nieto Velado, Antonio            1952 1986 Club Recatelo            4.5     17.5  23.5    21.0
 15   Diaz Seoane, Jorge               1655 1514 Escola Luguesa de xadrez 4.5     16.5  23.0    22.0
 16   Hierro Carnicero, Jose           1399 1334 Escola Luguesa de xadrez 4.5     15.5  24.5    22.0
 17   Goday Otero, Victor              1927 1904 Safa                     4       19.5  30.0    26.5
 18   Penalonga Sweers, Anxo           2062 2048 Club Recatelo            4       19.0  29.5    27.0
 19   Braña Lopez, Eduardo             2036 2014 Circulo de las Artes     4       18.5  28.0    24.5
 20   Villariño Fernandez, Juan        1605 1537 Club Chantadino          4       16.0  27.0    24.5
 21   Fernandez Lopez, Ivan            1540 1485 Escola Luguesa de xadrez 4       15.5  25.5    22.5
 22   Picos Maiztegui, Miguel          1740 1718 Circulo Ferrolano        4       15.0  25.0    23.0
 23   Rodriguez Rey, Juan Vicente      1622 1593 Circulo Ferrolano        4       14.5  23.5    20.5
 24   Franco Jimenez, Rodrigo          1546 1285 Escola Luguesa de xadrez 4       14.0  25.5    23.0
 25   Arias Piñeiro, Alejandro         1574 1518 Circulo de las Artes     4       14.0  22.5    21.0
 26   Vazquez Alvarez, Diego           1644 1394 Escola Luguesa de xadrez 3.5     17.0  26.5    24.0
 27   Graña Castañal, Andres           1485 1416 Escola Luguesa de Xadrez 3.5     16.5  29.0    26.0
 28   Perez Carballo, David            1866 1754 Escola Luguesa de xadrez 3.5     16.5  29.0    25.5
 29   Fernandez Ansuar, Borja          1736 1661 Escola Luguesa de xadrez 3.5     15.5  27.5    25.5
 30   Alves Rodriguez, Jorge Alberto   1771 1518 Club Recatelo            3.5     15.0  24.5    22.0
 31   Rodriguez Sabariz, Carlo         1680 1789 Club Recatelo            3.5     14.0  21.5    20.0
 32   Camarero Albandoz, Alfonso       1641 1568 SaFa                     3.5     13.5  24.0    22.0
 33   Costeira Fernandez, Ramon        1583 1479 Circulo de las Artes     3.5     13.5  22.5    21.5
 34   Represa Garazo, Juan Manuel      1584 1556 Club Xadrez LAroca       3.5     13.0  23.5    22.0
 35   Gandoy Martinez, Pablo           1673 1668 Circulo de las Artes     3.5     13.0  21.5    20.0
 36   Mendez Lopez, Manuel                  1495 Escola Luguesa de xadrez 3.5     12.0  25.5    23.0
 37   Del Barrio, Jesús                2187 2197 Circulo de las Artes     3.5     12.0  19.0    16.5
 38   Hierro Ferreiro, Alvaro          1678 1372 Escola Luguesa de xadrez 3       14.0  26.0    23.5
 39   Lopez Lopez, Juan Manuel         1658 1567 Escola Luguesa de xadrez 3       13.5  24.5    22.0
 40   Rodriguez Sigier, Alexandre      1511 1328 Grupo Bazán              3       11.5  25.0    22.5
 41   Pardo Gomez, Juan Carlos         1577 1364 Club Recatelo            3       10.5  25.5    23.5
 42   Fernandez Fernandez, Fernando    1595 1562 Escola Luguesa de Xadrez 3       10.5  23.5    21.0
 43   Regueiro Vazquez, Oscar          1440 1353 Escola Luguesa de xadrez 3       10.5  19.0    18.0
 44   Franco Manso, Francisco Jose     1540 1426 Escola Luguesa de xadrez 3       10.0  21.5    20.5
 45   Diaz Rodriguez, Pablo                      Escola Luguesa de xadrez 3        9.5  21.5    20.0
 46   (F) Represa Perez, Mireya        1445 1471 Club Xadres LAroca       2.5     12.0  25.5    23.0
 47   Sanchez Lopez, Borja             1798 1718 Circulo de las Artes     2.5     11.0  23.5    22.5
 48   Arango Fernandez, Alfonso                  Escola Luguesa de xadrez 2.5     11.0  21.0    20.0
 49   Perez Pardo, Ricardo             1643 1564 Circulo de las Artes     2.5     11.0  21.0    20.0
 50   Graña Gomez, Diego               1516 1370 Circulo Ferrolano        2.5      9.5  24.0    22.0
 51   Valin Carreira, Fernando                   Escola Luguesa de xadrez 2.5      7.0  16.0    15.0
 52   Padorno Fernandez, Jesus                   Escola Luguesa de xadrez 2.5      4.5  18.0    17.0
 53   Mato Martinez, Miguel                      Escola Luguesa de xadrez 2        8.0  22.0    21.0
 54   Lopez Otero, Brais                         Escola Luguesa de xadrez 2        7.0  20.0    18.0
 55   Otero Gonzales, Alexis                     Escola Luguesa de xadrez 2        6.0  18.0    17.0
 56   (F) Hierro Ferreiro, Antia                 Escola Luguesa de xadrez 2        5.5  20.5    19.5
 57   Dasilva, Adrian                            Escola Luguesa de xadrez 2        5.0  15.5    14.0
 58   Vila Muñoz, Noe                            Escola Luguesa de xadrez 1.5      7.0  22.0    19.5
 59   (F) Arango Fernandez, Isabel               Escola Luguesa de xadrez 1.5      5.0  18.5    17.5
 60   (F) Sharjani, Wafae                        Escola Luguesa de xadrez 1.5      3.0  18.5    17.5
 61   (F) Filgueiras Basanta, Victoria           Escola Luguesa de xadrez 1        5.5  22.5    20.5
  62   Fernandez Mujin, Adrian                    Escola Luguesa de xadrez 0        0.0   6.0     3.5