mércores, 23 de novembro de 2011

- Tirana 2011 (7ª) Yifan Hou a un paso do título tras gañar outra vez

A terceira vitoria da campiona mundial foi moi parecida ás outras. Nunha partida sen perigo a aspirante fai un movemento arrepiante que a deixa ca partida perdida. Nesta ocasión en vez de facer un cambio de peza  sinxelo que deixaba a partida nunha posición xogable, escolleu outra xogada que fixo que perdese un par de peóns ademáis de entrar nun final perdido.
O match agora está Hou 5 - Koneru 2. Quedan tres partidas e a india ten que gañar as tres. Se mañá non temos un 1-0 o match estará rematado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario