mércores, 9 de novembro de 2011

- Europeo de seleccións (R7) As dúas seleccións españolas seguen costa abaixo

Tras comezar moi ben o torneo a selección española está a encadenar derrota tras derrota. Desta vez foi un 1-3 diante de Rusia. Táboas de Vallejo, con brancas e sen loita, táboas de Shirov nunha gran partida, e derrotas de Salgado e Illescas. O máis importante da xornada foi o 3,5-0,5 que Azerbaijan colocou a Bulgaria, o que demostra que os azerís están na mellor forma de cantos están no torneo. A decepción do torneo pasa de Rusia a Ucrania, que desta vez perdeu con Suiza. A xeral a encabeza agora Azerbaijan con cinco vitorias e dous empates, un empate máis que Armenia e Romania. España ocupa unha mala 22ª praza.
No torneo feminino Rusia desta vez venceu pola mínima a Armenia, o mesmo que Polonia a Ucrania. Dese xeito a clasificación está con Rusia na primeira praza con unha vitoria máis que Polonia. Ucrania é terceira empatada con Georgia e Francia. España perdeu con Austria, un resultado que as deixa na afundidas na táboa, máis cerca das últimas que das que están no medio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario