luns, 28 de maio de 2012

- Campionato Mundial 2012 (R12) Táboas miserentas para ir ao desempate

Unha partida máis os dous xogadores do campionato mundial de xadrez fixeron ben pouco por crear afición. Anand e Gelfand acordaron táboas na xogada 22, cando soamente levaban unhas xogadas do medio xogo e con moita partida por diante. A posición estaba equilibrada, pero non se entende que con dúas torres, unha peza menor e case todos os peóns, sen haber unha liña de repetición de xogadas, firmen táboas e adeus.
Dun tempo a esta parte os xogadores da elite queixanse de que os ritmos de xogo cada vez son máis rápidos e que iso fai que o nivel do xadrez sexa menor, pero cando teñen tempo dabondo fan empates sen loita para xogarxe os títulos a eses ritmos dos que estanse a queixar... Mañá será día de descanso, e o mércores teremos o gañador dun dos matchs menos interesantes da historia que sairá das rápidas. Catro partidas a 25'+10'', e se seguen empatados dúas a 5'+3''. Se segue o empate outras dúas a este ritmo blitz, e se tras as dez partidas seguisen empatados chegara o "Armageddom": blancas 5' e negras 4', con incremento de 3'' a partires do movemento 61. O branco está obrigado a gañar, porque o empate daría como gañador a quen leve negras.

1 comentario:

  1. A verdad é que tantas tablas pode deberse a que ninguen se quere arriscar, sobre todo tendo en conta que gañar significa ter asegurados o millón de euros máis case outro tanto coa seguinte defensa do título. O gañador que saia das rápidas será como tirar os dados o aire, parecido os penaltis no futbol. Desta forma sera campión pero non coa mesma reputación que si non se houbese chegado a elas. De todas formas coas partidas rápidas tamén se crea aficción, aínda que penso que máis para un pubrico menos habitual.

    ResponderEliminar