mércores, 30 de maio de 2012

- Campionato mundial 2012 (Final) Anand segue a ser o campión.

Catro partidas a ritmo rápido decidiron quen tiña que ser o campión mundial. Tras o empate a seis nas partidas largas esta a quenda das cortas.
Na primeira delas a defensa eslava de Anand conseguiu acadar algo de vantaxe, pero non foi quen de concretala e a partida chagou a un final de torres sen opcións para ninguén e rematou en táboas.
A segunda foi unha siciliana Rossolimo na que o campión mundial quedou con peón de máis na apertura, pero con posición igualada pola maior actividades das pezas negras. Anand tratou de mellorar pouco a pouco a posición, pero o final era de táboas ata que Gelfand errou e perdeu ao permitir a Anand acadar a posición de Lucena.
Na terceira partida os xogadores usaron unha liña xogada no match Topalov - Kramnik que derivou nunha loita moi aguda, na que Gelfand tiña todas as de gañar, pero non acertou ca combinación gañadora, e Anand foi quen de levar a partida a un final de torres con peón de menos que era táboas.
Na cuarta partida, con Gelfand obrigado a gañar con negras, vimos unha defensa siciliana Rossolima con Anand matando a partida e o israelí tentando mantela viva. Non foi capaz e na xogada 56 acordáronse as táboas, que facían que Anand mantivese a coroa.
Mañá será a ceremonia de clausura dun dos campionatos do mundo menos interesantes da historia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario