mércores, 29 de agosto de 2012

- Olimpiadas 2012 (R2) España gaña pola mínima a Bielorrusia

Vallejo na 2ª rolda - Foto da web oficial
Mellorou a rentransmisión. Houbo menos cortes nas partidas, non apareceron encontros que non existiron nin se adxudicaron puntos ao revés. Ben, algún erro si houbo, como as táboas que apareceron na partida de Caruana con bispo de menos, ou os peóns ficticios na partida de Nakamura, pero foron moitos menos que na primeira rolda. Alguén debeu dar unha lección aos árbitros de como hai que colocar os reis ao remate das partidas para que o taboleiro DGT sepa o resultado.
España xogaba contra Bielorrusia, e gañouse 2,5 - 1,5 con vitoria de Illescas e táboas de Vallejo, Salgado e Pérez Candelario. Todos os países favoritos sacaron adiante os seus encontros, aínda que ninguén tivo un match para poder xogar relaxado. Os derrotados ilustres foi Ivanchuk, que tanto forzou unha posición de táboas que acabou perdendo. Houbo xa matchs interesantes, como o Alemania - Georgia ou o Grecia - Rusia, e mañá xa veremos encontros a cara ou cruz, sen favorito.
Na Olimpiada feminina segunda vitoria de España, 3,5 a 0,5, desta ante Noruega. Xogaron Alexandrova, Sabrina Vega, Calzetta e Hernández. Vitorias nos dos taboleiros de arriba, táboas no terceiro e o punto final no cuarto. Das candidatas a medalla as chinesas, rusas e georgianas gañaron sen problemas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario