sábado, 6 de novembro de 2010

- Memorial Tal - Moita loita nas primeiras partidas

Mijail Tal estaría contento de ver un xadrez combativo no seu torneo. No encontro estelar da xornada Aronian tumbou a Kramnik, sacrificando calidade na apertura e conseguindo unha posición moi activa e un peón pasado gañador no medio xogo. Grischuk logrou unha vantaxe de espacio moi boa que permititulle gañar o final. Karjakin gañou un final de bispos e igual cor cando a partida no medio xogo parecía de táboas, pero Gelfand non xogou preciso. O español Shirov perdeu un final de tres peóns contra catro no mesmo flanco dun xeito un pouco sorprendente. Mamedyarov e Nakamura fixeron táboas.
Hoxe a segunda rolda, retransmitida na web oficial..

Ningún comentario:

Publicar un comentario