mércores, 17 de novembro de 2010

- Torneo Iberoamericano de Xadrez (4ªR) Non hai grupos decididos a falta de unha rolda.

As partidas de hoxe pechan a fase de grupos. Soamente o gañador de cada grupo pasará a semifinais. A retransmisión en directo as 18:30 aquí.
· Grupo A: O GM Marc Narciso é agora líder en solitario, sacando medio aos MI Baules e Santos. Hoxe xoga cas pezas negras fronte o salvadoreño Aguilar, 2157 de Elo FIDE, e debería poder obter a primeira praza e pasar a semifinais.
· Grupo B: O GM Iturrizaga líder sacando un punto ao MF Dias e o GM González Zamora. Hoxe péchase o grupo co encontro entre Iturrizaga e González Zamora, que ten que gañar si ou si. Dias ten o rival máis asequible na teoría, pero o coeficiente de desempate de Iturrizaga e moito mellor se chegasen a quedar igualados.
· Grupo C: O GM Milos líder, con un punto sobre o MI González e o GM Morovic. Milos e Morovic xogan entre eles, e a Morovic soamente lle serve gañar. González debería vencer a Mazara, agardar a derrota de Milos e calcular os desempates.
· Grupo D: O MI Ibarra primeiro con 4 de 4, sacando medio ao GM Felgaer. Xogarán entre eles unha partida con moita emoción. levando Felgaer as brancas. O resto non ten opcións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario