luns, 28 de xaneiro de 2013

Gibraltar 2013 (R6) Os galegos Salgado e Lariño entre os mellores

Salgado en Gibraltar
Tras xogarse seis partidas do primeiro open importante do ano figuran na cabeza o vietnamita Le Quang, o ruso Vitiugov e o búlgaro Georgiev con 5,5 puntos.
Tras deles un gran grupo con 5 puntos entre os que están os galegos GM Salgado e o MI Lariño, este último á caza de puntos elo para que a FIDE poida darlle o título superior. Tamén están nese grupo dos que levan cinco Adams, Navara, Iturrizaga, G. Jones, Ivanchuk, Kamsky, Tkachiev, Shirov e Short. Case nada...
Na sétima rolda os galegos, como era de esperar, teñen partidas moi complicadas: Salgado - Navara e Short - Lariño. Poderemos seguilas na web oficial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario