luns, 9 de abril de 2012

- Campionatos galegos 2012. Óscar De Prado campión absoluto

O MF Óscar de Prado é o novo campión galego tras acadar 6 puntos no torneo que tivo lugar en Semana Santa, sacando medio de vantaxe ao MF Antonio Pazos, ao MI Pablo García Castro, ao MF Diego Espiñeira e a Pablo Espiñeira, que ocuparon os postos do segundo ao quinto.
No campionato Sub-16 o gañador foi Lucas Abal, con un punto de vantaxe sobre os 6,5 de Luis Segura. Terceiro por mellor desempate foi Miguel Picos. O novo campión Sub-12 é Miguel Puga, que totalizou 7 puntos, os mesmos que Gabriel Roma, pero éste quedou segundo. Terceiro foi Pablo Vidal. No campionato Sub-10 o podio foi encabezado por Jorge Méndez, seguido de Martín Pena e Martín Fernández. No torneo Sub-8 o primeiro foi Andrés Rodríguez, seguido de César Pérez e de Raúl Vázquez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario