A actual campiona do mundo, Alexandra Kosteniuk, non poderá revalidar o título, ao ser eliminada nas partidas rápidas pola chinesa Lufei Ruan. Koneru foi a única das favoritas que pasou nas partidas a ritmo FIDE, porque Yifan Hou tivo que xogar as rápidas. O desenlace máis dramático foi o da eliminatoria Harika - Muzychuk, M. que chegou ata o armagedon.
Os cuartos de final deixan os seguintes enfrontamentos: Ruan - Harika, Koneru - Ju, Hou - Lahno e Zhao - Skripchenko, Unha ukraniana, unha francesa, dúas indias e catro chinesas. Non hai rusas entre as oito mellores, o que non pasara nunca.
Web oficial.
luns, 13 de decembro de 2010
- London Chess Classic (5R). Carlsen, Anand e McShane: triunvirato
O número 2 do mundo, Magnus Carlsen, venceu a David Howell na súa partida da quinta rolda cando o inglés nos apuros de tempo deixouse un cabalo nunha posición igualada. Deste xeito acadou os 9 puntos, que o colocan empatado na cabeza cos dous anteriores colíderes.
Anand e McShane, que tiñan 8 puntos, fixeron táboas nunha española berlinesa nunha partida sen grandes sobresaltos. Isto fai que a falta de dúas partidas teñamos tres xogadores primeiros.
O americano Nakamura tumbou ao Marshall de Short, quen escolleu a liña 9...e4 atacando o cabalo en troques da habitual 9...Cxd5. Non saiu ben o experimento, porque o inglés tivo que abandonar na xogada 34 ao chegar a un final perdidísimo.
Na cuarta partida da rolda Adams e Kramnik fixeron táboas. Adams xogou a española e atopouse co Muro de Berlin de Kramnik, aquel que acabou con Kasparov. Algún intento agresivo dos dous xogadores pero moi pronto a posición non daba para máis que deixalo en táboas.
As partidas en Chessbase.
Hoxe día de descanso, con Carlsen, Anand e McShane con 9 puntos. Nakamura e Kramnik están moi cerca, con 8. Adams ten remotas opcións con 6. Finalmente Howell e Short con 2 e 1 punto non teñen nada que facer.

domingo, 12 de decembro de 2010
- Campionato de Rusia
Comezou en Moscova o torneo nacional máis forte do mundo. Doce xogadores nun cerrado, onde o máis "parvo" é un 2646. E non están nin Kramnik nin algún outro ruso que podería subir a puntuación media.
- London Chess Classic (4R). Anand alcanza a McShane na cabeza
O campión mundial Viswanathan Anand gañou a Nigel Short na cuarta rolda do torneo de Londres, o que permitelle empatar na primeira praza da competición. Short, con brancas, decidiu xogar unha siciliana cerrada. No medio xogo, con opcións para ambos xogadores, Short fixo un dudoso sacrificio e Anand rematou.
Kramnik sumou unha vitoria diante da defensa Grunfeld de Howell. O xogador ruso foi aumentando pouco a pouco a vantaxe de espacio e desenvolvemento ata quedar con un final totalmente gañado que o inglés xa nin tentou defender.
Adams e McShane empataron unha apertura catalana que rematou en final de bispos de distinta cor tras unha partida moi tranquila. Este resultado permite a McShane seguir líder, pero agora empatado con Anand.
E finalmente Carlsen derrotou a Nakamura nunha apertura inglesa. O americano arriscou no medio xogo, non lle saiu ben, e Carlsen foi mellorando as súas pezas ata gañar a partida.
As partidas en Chessbase.
Hoxe unha nova rolda, as 14:00 hora galega, antes do día de lecer de mañá.

sábado, 11 de decembro de 2010
- London Chess Classic (3R). McShane resiste a Kramnik e segue líder
Unhas sufridas táboas contra o ex-campión do mundo Vladimir Kramnik, amosando a técnica de defensa do final de torre contra torre e alfil, permitironlle o xogador inglés Luke McShane sumar un punto e manterse na cabeza do torneo con 7 puntos, mentres Kramnik suma 4.
Táboas de Nakamura e Howell, os cales chegaron a un final de dama contra torre e cabalo no que o británico montou unha fortaleza onde a dama e o rei de Nakamura non poderon entrar. O americano ten agora 5 puntos por 2 de Howell.
O encorntro entre os dos mellores xogadores ingleses do momento acabou en táboas mortas con bispos de distinta cor. Adams suma catro puntos e Short estrenou o seu casilleiro e cerra a clasificación con 1.
E finalmente Anand esnaquizou a defensa Breyer na española de Carlsen. Por un peón o indio acadou un desenvolvemento exemplar para atacar o enroque do noruegués, que tiña as pezas moi pasivas. Carlsen salvou a posición pero quedou cun enroque penoso e foi quedando cada vez peor ata ter que abandoar.
As partidas para reproducir en Chessbase.
Hoxe novas partidas, retransmitidas en directo na páxina oficial, con comentarios e analises de GM's e MI's de balde, En inglés, por suposto.

venres, 10 de decembro de 2010
- London Chess Classic (2R). McShane sorprendente líder.
Comezou en Londres este forte torneo. Oito xogadores, Anand, Carlsen, Kramnik, Nakamura e os ingleses Adams, Short, McShane e Howell. Tras xogarse dúas roldas soamente houbo dous empates, os dous nas partidas de Anand. O inglés McShane vai na cabeza tras gañar dous de dous, e ten dous puntos de vantaxe sobre Nakamura. A puntuación é a do Masters de Bilbao, 3 por vitoria e un por empate.
Hoxe a terceira rolda, onde o líder ten as brancas fronte a Kramnik, igual que Anand contra Carlsen. As partidas poden seguirse en directo as 16:00 horas de Londres na web oficial, onde está tamen recollida toda a información das moitas actividades paralelas, entre elas as simultáneas da lenda Korchnoi.

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (2/32-2)
Ilustres eliminadas na segunda rolda. Kosintseva, Dzagnidze e Stefanova, 4ª, 5ª e 6ª do ranking están a facer as maletas para regresar a casa tras ser eliminadas. Hoxe comenzan os oitavos do final, onde das dezaseis xogadoras cinco son chinesas, o único país con máis de unha representante.
luns, 6 de decembro de 2010
- Campionato do Mundo feminino en Turquía (2/32-1)
Xa está listo o cadro da segunda eliminatoria. Ver cadro.
Os enfrontamentos máis interesantes parecen Kosintseva - Dembo e Cmilyte - Paetzh.
Os enfrontamentos máis interesantes parecen Kosintseva - Dembo e Cmilyte - Paetzh.
- Campionato do Mundo feminino en Turquía (1/32-2)
Remataron as partidas a ritmo FIDE da primeira eliminatoria, e o único resultado sorprendente foi a eliminación da GM Pia Cramling (2526) nas mans da WIM de Betul Yildiz (2225), que perdeu por tempo ao esquecer que tiña un control as 40 xogadas. Tamén é salientable a boa combinación coa que gañou a partida Alexandra Kosteniuk.
Todas as pezas negras atacan ao feble enroque negro, e iso propicia o sacrificio.
28...Ba2+! 29. Ra1 Se o rei vai a c1 ven 29...Txc2+ gañando.
29...Cxc2+! 30. Rxa2 A alternativa era perder a dama, pero agora ven o mate en 3.
30...Ta3+!! 0-1 Sacrificio de torre para que poida entrar a dama en a3 e logo mate.
Hoxe xoganse os desempates para deixar un cado definitivo con 32 xogadoras. Páxina oficial.
sábado, 4 de decembro de 2010
- Campionato do Mundo feminino en Turquía (1/32-1)
Comezou este torneo en Antakya, Turquía, que ten esta páxina oficial, moi completa e coidada.
Xogase co sistema de Copa: dúas partidas ao ritmo FIDE, e se hai empate desempate a rápidas e logo blitz se este persiste. O ranking está encabezado pola posuidora actual do título, Kosteniuk, seguida por Koneru, Hou, Kosintseva e así ata 64 xogadoras. Isto da lugar a 32 enfrontamentos na primeira rolda.
Non houbo sorpresas nas primeiras partidas, gañando as favoritas nos sete primeiros taboleiros. Resultados completos.
As partidas poden seguirse en directo, e como novidade hai retransmisión para IPhone.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)