luns, 18 de febreiro de 2013

Karjakin gaña o Open Aeroflot

Este ano o Aeroflot foi un experimento de xadrez rápido, con un sistema de xogo por eliminatorias moi confuso. Na final Karjakin gañou no Armagedon a Grischuk.
Web oficial (non paga a pena mirar, é arrepiante).

Anand gaña en Baden Baden

Despois de moito tempo o campión do mundo gañou outra vez un torneo. Foi o xogado en Baden Baden, onde na derradeira rolda Anand venceu a Naiditsch e dese xeito superou por medio punto a Fabiano Caruana que non pasou do empate diante de Fridman.
Anand sumou 6,5 de 10 puntos posibles, sacando medio de vantaxe a Caruana e un e medio a Meier e Adams.

venres, 8 de febreiro de 2013

Primeiro paso para ter un ensino de xadrez normalizado

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte publicou a resolución na que se establece un plan formativo para o xadrez. O primeiro paso para lograr o xadrez nas escolas publicouse no BOE do 7 de febreiro de de 2013 no que fai pública a "Resolución de 18 de enero de 2013, de la Presidencia del Consejo Superior de Deportes, por la que se publica el plan formativo de la modalidad deportiva de ajedrez".

Comezou o Torneo de Baden Baden

Comezou en Alemania, na cidade de Baden Baden, o torneo internacional que ten lugar todos os anos no balneario da localidade. Participan Anand, Caruana, Adams, Naiditsch, Fridman e Meier.
Web oficial.

xoves, 7 de febreiro de 2013

Solución para o ruido do pasapezas

Nun torneo en Singapur idearon unha forma de xogar unha torneo de pasapezas en silecio. Os xogadores para comunicarse tiñan que usar estes cartóns, situados no medio deles, sinalando co dedo.
A pregunta é: ¿quen quere xogar ao pasapezas en silencio?

mércores, 6 de febreiro de 2013

A xogadora Ju Wenjun non pode sair de Gibraltar tras o Open

Varios días leva a chinesa Ju Wenjun tentando arreglar o visado para poder sair de Gibraltar, a onde foi a xogar un torneo de xadrez. Non tivo problemas para entrar pero todo cambiu a hora de sair...
Información no The Guardian.

martes, 5 de febreiro de 2013

Analise de partidas polo GM Daniel King para ChessBase do Tata Steel 2013

Enlazamos uns cantos vídeos con interesantes analises de partidas xogadas neste torneo. Moi recomendable a partida Aronian - Anand, tal vez a mellor do que levamos de século.









domingo, 3 de febreiro de 2013

Comezou o Open de Moscú

O segundo open grande do ano tivo o sou inicio en Moscú. Do dous ao dez de febreiro con ritmo Fide.
Web oficial.

O record de Carlsen chega ata o 2872

Nova lista de elo de febreiro e Magnus Carlsen incrementa o seu elo e sepárase 62 puntos do segundo Vladimir Kramnik.

Open de Gibraltar 2013 (Final)

Salgado na novena rolda
Nikita Vitiugov foi o gañador do Open de Gibraltar tras impoñerse nas partidas blitz de desempate a Nigel Short. Previamente eliminara a Sandipan e Short a Vachier-Lagrave nas semifinais do play-off para desempatar.
Tras os xogadores que quedaron na cabeza estivo o grupo dos 7,5 puntos. Na quinta praza rematou Navara, seguido de Ivanchuk, Kamsky, Yangyi Yu, Iván Salgado, Fridman e Zhao. Gran actuación do galego que ocupou a novena praza partindo do posto vinteun.
Con un punto menos remataron Juan Carlos Ibarra, David Lariño e Renier Vázquez.
Web oficial.