domingo, 11 de agosto de 2013

Comeza a Copa do Mundo 2013 en Noruega

Sen Carlsen e Anand pero con a maioría das estrelas do momneto. Na localidade de Tromso compiten 128 xogadores entre os que está o español Vallejo.
Web oficial.

venres, 28 de xuño de 2013

Humpy Koneru gaña a proba do Grand Prix 2013 disputada en Dilijan

A xogadora india Humpy Koneru con 8 puntos foi a gañadora do torneo xogado en Dilijan (Armenia), correspondente ao ciclo do Grand Prix. Tras dela con 7 puntos quedaron Anna Muzychuk e Nana Dzagnidze.

domingo, 23 de xuño de 2013

Memorial Tal 2013 (Final) Gelfand gaña por diante de Carlsen e Andreikin

O máis veterán do torneo, o israelí Gelfand, gañou o 8º Memorial Tal con medio punto máis que Magnus Carlsen e un máis que Andreikin, Mamedyarov e Caruana. Na derradeira posición atopamos a Kramnik, e hai que facer un gran esforzo para atopar ao ruso pechando unha táboa.

martes, 18 de xuño de 2013

Memorial Tal 2013 (R5) Gelfand e Nakamura na cabeza

Dous xogadores, Boris Gelfand e Hiraku Nakamura, lideran a proba con 3,5 puntos. Tras deles están Carlsen e Mamedyarov con 3. Pechan a táboa dous rusos, Morozevich e Kramnik, que levan 1,5.

domingo, 16 de xuño de 2013

A Copa do Mundo 2013 xa ten funcionando a páxina oficial

Por unha vez non haberá que viaxar a Siberia para xogar unha competición da FIDE. A localidade norueguesa de Tromso, que está no Círculo Polar Ártico e ten 71000 habitantes, será onde se organice a Copa do Mundo 2013, da que sairán xogadores para o ciclo polo Campionato Mundial. A participación non vai ter, polo momento, ausencias dos mellores do mundo, e poderemos ver en acción aos mellores GM do momento.
O formato é de copa, e participarán 128 xogadores.

sábado, 15 de xuño de 2013

Memorial Tal 2013 (R3) Catro líderes con dous puntos

Catro xogadores levan dous de tres e comparten a cabeza: Gelfand, Mamedyarov, Nakamura e Caruana.  Tras deles están Carlsen, Anand e Andreikin con un e medio. Chama a atención que peche a táboa Kramnik con unhas táboas nas tres partidas, e que soamente queden imbatidos Gelfand e Mamedyarov.

xoves, 13 de xuño de 2013

Memorial Tal (R1) Tres líderes tras gañar na primeira rolda

Tras o tradicional torneo blitz da víspera que gañou Nakamura chegaron as partidas do torneo importante, que estanse a xogar en Moscú no Centro de Alta Tecnoloxía.
Mamedyarov con negras meteu un ataque tremendo contra o enroque de Nakamura, nunha partida que rematou cando as outras estaban aínda no medio xogo.
Na partida Anand - Caruana o italiano colleu a iniciativa, e ca parella de bispos comenzou a presionar ao campión do mundo, que xogou moi pasivo e acabou entrando nun final perdido que xa nin xogou.
Carlsen con brancas conseguiu unha mellor disposición de peóns contra Kramnik, pero o ruso acadou un peón perigoso que daba contraxogo. O noruegués, unha vez máis, forzou a posición pouco a pouco buscando un erro do rival e Kramnik cometeuno, ofrecendo un cambio de torres que perdía a partida, como así pasou.
No Gelfand e Karjakin xogouse unha catalana na que se cambiaron pezas ata entrar nun final de torres. Semellaba que o israelí tiña algo de vantaxe polo seu mellor rei, pero non había nada e remataron en táboas.
O encontro entre rusos, Andreikin - Morezevich, o veterano tivo que defenderse nunha posición restrinxida surxida nun ataque inglés da defensa siciliana, pero non tivo problemas para igualar ó final e sacar o empate.

Comeza o Memorial Tal 2013 en Moscova

Un dos torneos máis fortes do ano novamente, o Memorial Tal, vai ter lugar estes días en Moscú. Carlsen, Kramnik e Anand estarán como cabezas da lista.

luns, 10 de xuño de 2013

Mundial de Rápidas (Final) O vietnamita Quang Liem Le campión do mundo blitz

Tras gañar na derradeira partida a Movsesian, o vietnamita Le proclamouse campión do mundo blitz gañando o torneo en solitario. Le e Ponomariov chegaron empatados á rolda final, ambolosdous con 19,5 puntos. O vietnamita gañou, pero o ucraniano non pasou do empate contra Sargissian e acabou con 20 puntos.
Eses 20 puntos tamén foron os que acadaron Nepomniachtchi e Grischuk, tras gañar na partida final a Mamedyarov e Riazantsev. O español Vallejo fixo 16,5 puntos e quedou pola parte media da clasificación.

domingo, 9 de xuño de 2013

Mundial blitz (R9) Nepomniachtchi e Le empatados na cabeza tras as primeiras nove das trinta roldas do torneo

Un longo torneo en canto a partidas teñen por diante os xogadores que optan ao título de campión mundial de xadrez a ritmo blitz. Trinta roldas a doble partida, que fan un total de sesenta partidas. Tras as primeiras nove van na cabeza o vietnamita Le, que fixo 12 puntos, os mesmos que o ruso Nepomniachtchi. Tras deles con 11,5 está o ucraniano Ponomariov, e logo con 10,5 Cheparinov, Nguyen, Mamedyarov e Mamedov. Vallejo leva 7,5 e está moi lonxe da cabeza.