venres, 21 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R7) Final da primeira volta con Anand e Aronian na cabeza

Foto FIDE
Na sétima rolda do Torneo de Candidatos que estase a xogar na Siberia, e que poñía fin á primeira volta, o líder do torneo Anand empatou cas pezas negras con Svidler. Isto aproveitouno Aronian, que tamén con negras deixou fora de combate a Karjakin. Ca derrota de Karjakin o colista Andreikin aproveitou a ocasión para deixar de selo, gañando a un Topalvo que perdeu o fío da partida errando no ataque cando tiña a iniciativa e perdeu demasiado rápido. Kramnik tiña mellor posición que Mamedyarov, pero errou e estivo perdido moito tempo ata que o azerí trabucouse e o ruso atopou unha vitoria onde había unha derrota.
O torneo queda con Anand e Aronian empatados a 4,5 puntos. Kramnik ten 4, e empatados con 3 están Topalov, Andreikin e Mamedyarov. Pecha con 2,5 o antes ucraniano e agora ruso (!) Karjakin, que parece que non vai ser o rival xeracional de Carlsen.

mércores, 19 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R6) Anand segue líder

Foto FIDE - Dous xogadores que seguen sen querer verse diante
Na sexta rolda o líder Anand con brancas non buscou nada diante da defensa berlinesa na española de Karjakin e o empate acordouse moi rápido no medio xogo. Aronian tivo gañada a partida contra o colista Andreikin nunha pero non atopou unha liña que gañaba de seguido,e perdeu a oportunidade de alcanzar a Anand deixandose medio punto co ruso.
Mamedyarov acadou outra vitoria aproveitando que Svidler estragou unha boa posición en poucas xogadas, e xa está no grupo a un punto do líder cando na rolda anterior comezaba como último. Finalmente nunha partida que podería ser de revancha do match de Elista Topalov gañou a Kramnik ca preparación de casa facendo unha xogada dubidosa na apertura pero de difícil refutación no taboleiro, e xa na xogada catorce tiña a partida moi a favor. Os dous xogadores quedan con tres puntos.

luns, 17 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R4) Anand segue líder seguido de Aronian e Kramnik

Foto FIDE
A partida entre Anand e Kramnik da cuarta rolda do torneo de candidatos rematou en táboas nunha partida algo caótica que rematou nun rápido empate por repetición en posición arriscada para os dous reis do taboleiro.
Karjakin cambiou a súa dama polas torres de Topalov rematada a apertura, pero a posición estaba demasiado pechada para poder forzar por parte de calquera e repetiron xogadas para empatar.
Aronian sacrificou un bispo para destruir o enroque de Svidler e saiulle ben. Sempre é máis doado que trabúquese quen estase a defender e iso foi o que pasou.
Mamedyarov consguiu a súa primeira vitoria tras un error de Andreikin nos apuros de tempo e deste xeito deixoulle ao ruso a derradeira praza.

Campionato de Europa (Final) David Antón subcampión por detrás de Motylev

Foto FIDE
O GM David Antón acadou un gran segundo posto no Campionato de Europa que tivo lugar en Yerevan, Armenia, e poderá participar na Copa do Mundo que dará prazas para o torneo de candidatos.
O gañador foi o GM ruso Alexander Motylev con nove puntos, e tras del quedou un grupo de xogadores con oito, no que o mellor desempate foi o do xogador español, por diante do GM Fedoseev que levou a terceira praza. Iván Salgado rematou o torneo con cinco puntos e medio, no posto 111º dos 257 xogadores participantes, facendo un torneo discreto.
Os 20 mellores:
Ranking final




PostoSNo. NomeRtgFEDPtsRtgØ
133GMMotylev Alexander2656RUS92633
299GMAnton Guijarro David2559ESP82644
348GMFedoseev Vladimir2641RUS82642
466GMSolak Dragan2610TUR82632
52GMEljanov Pavel2723UKR82630
646GMLupulescu Constantin2643ROU82606
715GMNavara David2700CZE82604
831GMSaric Ivan2661CRO82546
934GMLysyj Igor2655RUS82539
1062GMMelkumyan Hrant2613ARM7½​2651
118GMWojtaszek Radoslaw2713POL7½​2625
123GMJakovenko Dmitry2723RUS7½​2623
1357IMArtemiev Vladislav2621RUS7½​2614
1444GMSmirin Ilia2644ISR7½​2612
1511GMFressinet Laurent2709FRA7½​2612
1626GMSargissian Gabriel2676ARM7½​2607
1713GMAreshchenko Alexander2705UKR7½​2600
1859GMPerunovic Milos2617SRB7½​2598
1923GMCheparinov Ivan2681BUL7½​2597
2077GMIordachescu Viorel2583MDA7½​2596

sábado, 15 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R3) Anand líder en solitario

Tras gañar a Mamedyarov o subcampión mundial Anand acadou a súa segunda vitoria, e chega así a os 2,5 puntos sobre 3. O resto das partidas remataron en táboas polo que tanto Kramnik e Svidler quedan empatados na segunda praza con 2 puntos. Tras deles Aronian e Topalov con 1, 5.

venres, 14 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R2) Moita loita e tres líderes

A segunda rolda en Khanty-Masiysk deixou tres encontros decididos e soamente un empate. Tras isto para a terceira partida teremos tres xogadores na cabeza con 1,5 puntos. Faltan aínda doce roldas por xogar así que de momento ninguén está descartado para xogar contra Carlsen.
Foto FIDE
Aronian recuperouse da derrota de onte gañando a Mamedyarov, que perdeu a partida en plena apertura tendo que cambiar dama por torre e cabalo pero quedando con unha posición moi mala.
Topalov na súa partida contra Anand quedou con peón de vantaxe tras a defensa eslava do indio, pero con suficiente contraxogo do subcampión mundial que levou a partida a un final de torres e catro contra tres peóns no mesmo flanco que deu un empate moi axiña quedando soamente os reis no taboleiro.
O segundo máximo favorito por Elo, Kramnik, xogaba contra a eterna promesa Karjakin. O ex-ucraniano aceptou o gambito de dama e a partida discurriu por una liña extraña que deixou vantaxe para Kramnik rematada a apertura. O xogo complicouse tácticamente e Karjakin cometeu erros que afundiron a súa posición e rematou perdendo.
A apertura entre Svidler e Andreikin foi unha siciliana Sveshnikov con c4 das brancas onde apenas rematada a apertura Andreikin meteuse nunha aventura onde pensou gañar con dous fortes peóns centrais pasados e unidos, pero o intercambio táctico rematou con que as brancas obtiveron dous peóns de máis e posición gañadora.
Tras todo isto Anand, Kramnik e Svidler teñen punto e medio, Topalov e Aronian un, e Krjakin, Andreikin e Mamedyarov medio.
Para mañá outra interesante rolda:
Rolda 3       
SNu. NomeFEDRes. NomeFEDSNu.
1GMAndreikin DmitryRUS-GMKarjakin SergeyRUS2
3GMSvidler PeterRUS-GMKramnik VladimirRUS4
8GMTopalov VeselinBUL-GMAronian LevonARM7
5GMMamedyarov ShakhriyarAZE-GMAnand ViswanathanIND6

xoves, 13 de marzo de 2014

Torneo de Candidatos 2014 en Khanty-Mansiysk (R1) Anand comeza gañando

Sala de juego - Foto de la FIDE
Comenzou en Siberia o Torneo de Candidatos, que decidirá quen será o retador de Carlsen a finais de ano. As partidas comezan as dez da mañá hora española.
Na primeira rolda o subcampión mundial Anand derrotou ao máximo aspirante, o armenio Aronian. Aronian quedou rápidamente moito peor e tentou salvar a partida pero non tivo ningunha opción.
Un dos encontros entre rusos, Andreikin - Kramnik, non foi nada interesante, con unhas táboas sen emoción. O mesmo pode dicirse do outro, onde Karjakin e Svidler fixeron táboas por repetición con todo por xogar en canto tiveron ocasión.
O azerí Mamedyarov e o búlgaro excampión mundial Topalov xogaban o carto encontro da rolda, que deixaron en táboas con unha posición moi interesante pero que non se podía forzar sen caer no risco de quedar peor.

martes, 11 de marzo de 2014

Europeo 2014 (R8) Motylev máis líder e David Antón entre os mellores

O GM ruso Motylev é líder do Campionato de Europa tras oito partidas con un punto de vantaxe sobreos seus perseguidores. Ten 7 puntos por 6 dun grupo de doce xogadores no que está o español David Antón tras gañar con negras ao GM Shimanov na oitava partida.
Iván Salgado fixo táboas con Zoltan Almasi e leva cinco puntos, os mesmos que o número 1 do ranking, Bacrot.

luns, 10 de marzo de 2014

Asemblea Xeral da FEGA

O día 16 de marzo en Padrón vai ter lugar a Asemblea Xeral da Federación Galega de Xadrez.
Orde do día.

domingo, 9 de marzo de 2014

Europeo 2014 (R6) Motylev líder en solitario

Con 5,5 o GM Alexander Motylev lidera o campionato europeo que estase a xogar en Armenia. Tras del un gripo de xogadores a medio punto: Wojtaszek, Hrant, Laznicka. Os dous xogadores españois, David Antón e Iván Salgado están no grupo dos catro puntos.