domingo, 25 de xaneiro de 2015

Tata Chess 2015 (Final) Magnus Carlsen gaña e catro xogadores empatan na segunda praza

O campión mundial Carlsen levouse o clásico de Wijk Aan Zei, o Tata Steel Chess, facendo nove puntos sobre os trece posibles. Tras del catro xogadores empataron con medio punto menos: Vachier-Lagrave, Giri, So e Ding.
No torneo "B" o gañador foi o chinés Wei, con dez puntos e medio. A medio punto quedou Navara e a un do checo quedou o americano Shankland.

venres, 23 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess (R11) Wesley So achégase a Carlsen

Tras a xornada de hoxe Magnus Carlsen segue de líder do torneo con 8 puntos, seguido por Wesley So, que hoxe recortou medio punto tras gañar a Saric. Con 7 están Giri, Vachier-Lagrave e Ding.

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R8) Outra vitoria de Carlsen o deixa líder en solitario

Magnus Carlsen tras gañar a Jobaba levando negras é o novo líder en solitario do torneo tras a derrota de Ivanchuk. Nun final de damas de súpeto o campión mundial montou unha rede de mate decisiva que deulle o punto, polo que con seis sobre oito mantén a primeira praza. O outro líder Ivanchuk xogaba contra o segundo clasificado, Wesley So. Xogaron unha liña da española parecida ao gambito Marshall, onde So sacrificou unha peza contra o enroque branco e a continuación de Ivanchuk non foi a acertada para saír dos problemas tácticos e tivo que abandonar na xogada 26ª.
Vachier-Lagrave, que tamén estaba a medio punto da cabeza, deu boa conta de Giri nunha posición onde as pezas do francés coordináronse perfectamente para obter vantaxe decisiva pouco despois de iniciarse o medio xogo e chegar a un final gañado. Liren Ding derrotu a Ivan Saric tras gañarlle unha peza nunha combinación no medio xogo tras unha defensa eslava. So, Ding e Vachier-Lagrave quedan a medio punto de Carlsen con cinco puntos e medio.
Caruana con negras conseguiu vencer a Van Wely nun final de damas onde tiña tres peóns de vantaxe, tras conseguir esquivar a serie de xaques do holandés. Radajabov gañou a Wojtaszek montando unha rede de mate nun final de peóns, con unha torre e bispos de distinta cor. Hou e Aronian empataron nunha partida onde a campiona do mundo tivo másis oportunidades de gañar, pero non acertou.
Mañá é día de lecer para os xogadores, e as partidas estarán de volta o martes.

sábado, 17 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R7) Carlsen chega ata a cabeza tras gañar a cuarta partida seguida

Nesta rolda tiñamos un enfrontamento entre os dous campións mundiais actuais, e nel Magnus Carlsen conseguiu derrotar a Yifan Hou. A partida chegou a unha situación complicada e con apuros de tempo para os dous xogadores. A iniciativa era do noruegués, que estaba algo máis apurado, pero a xogadora chinesa non acertou nunha xogada e a súa posición pasou de apurada a perdida.
O colista Jobaba por fin gañou, e foi a quen era ata agora o heroe do torneo tras gañar a Carlsen e Caruana, Wojtaszek. Outro gañador da xornada foi Vachier-Lagrave que con negras conseguiu superar ao croata Saric. Aronian e Caruana fixeron táboas, o mesmo que So e Radjabov.
O líder Ivanchuk chegou a un final contra Giri onde o holandés tiña dama e dous peóns contra un e a dama do ucraniano, pero a situación dos tres peón en soamente dúas columnas daban boas posibilidades de defensa a Ivanchuk, e as táboas chegaron na xogada 102. Na partida entre Ding e Van Weely o chinés acadou un final con dous peóns de vantaxe, onde o holandés con bispo e torre contra cabalo e torre defendeuse todo o que pudo, pero acabou perdendo.
Tras esta rolda os líderes do torneo son Ivanchuk e Carlsen con 5 puntos, seguidos de Vachier-Lagrave, So e Ding a medio punto.

venres, 16 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R6) Ivanchuk líder con Carlsen, Wojtaszek e So a medio punto

A sexta rolda deixounos un empate de Ivanchuk que permíte ao ucraniano manter a primeira praza con 4,5 puntos. Dos seus perseguidores Lireng Ding perdeu co francés Vachier-Lagrave, e Wojtaszek non pasou do empate ca campiona mundial Yifan Hou. No encontro máis agardado do torneo Carlsen con negras derrotou a Caruana, encadeando tres vitorias seguidas, e deste xeito suma catro puntos e entra no grupo dos perseguidores do líder. A ese grupo sumouse o americano antes filipino Wesley So tras derrotar a Jobava, que leva medio punto e é colista destacado. Aronian vai penúltimo e segue sen recuperar a forma.
Xunto ao torneo Masters estase a xogar o Challengers, onde o chinés Yi Wei encabeza a táboa empatado con Navara.

xoves, 15 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R5) Ivanchuk mantén a cabeza

Tras facer táboas con o que era o segundo clasificado, o chinés Lireng Ding, o ucraniano Ivanchuk segue de líder do torneo con 4 puntos, sendo 3,5 os que ten Ding. Empatado co xogador da China está o polaco Wojtaszek, que tras gañar o outro día a o número un do mundo, Carlsen, hoxe o fixo co número dous, Caruana. Con 3 puntos están Caruana, Carlsen tras gañar a Aronian, e Giri que derrotou a Jobava.
Os resultados da rolda:
Vachier-Lagrave - Van Wely: 0,5 - 0-5
Ding - Ivanchuk: 0,5 - 0-5
Saric - Radjabov: 0 - 1
Giri - Jobava: 1 - 0
So - Hou: 0,5 - 0-5
Wojtaszek - Caruana: 1 - 0
Carlsen - Aronian: 1 - 0  
Na sexta rolda o encontro máis interesante é o Caruana - Carlsen. Ivanchuk defenderá o liderato contra Saric.

martes, 13 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R4) Ivanchuk líder con 3,5 sobre 4

O ucraniano Ivanchuk está nunha desas rachas boas que alterna con outras nefastas, e iso fai que estea na cabeza do torneo con 3,5 puntos, medio por diante de Caruana e Ding, que levan 3. O favorito do torneo, Carlsen, soamente leva a metade dos puntos, e aínda peor vaille a Aronian, outro dos que tiñan que loitar polo torneo, que leva 1,5.

sábado, 10 de xaneiro de 2015

Tata Steel Chess 2015 (R1) Tres líderes

Ivanchuk, Vassier-Lagrave e Caruana son os primeiros líderes do torneo tras vencer na primeira rolda a Jobava, Hou e Ding. As outras catro partidas foron empates con loita.
Os resultados completos:
Radjabov, T. - Van Wely, L.  ½-½
Ivanchuk, V. - Jobava, B.1-0
Vachier-Lagrave, M. - Hou, Y.1-0
Ding, L. - Caruana, F. 0-1
Saric, I. - Aronian, L. ½-½
Giri, A. - Carlsen, M. ½-½
So, W. - Wojtaszek, R. ½-½

xoves, 8 de xaneiro de 2015

O dez de xaneiro comeza o Tata Steel Chess 2015

Un ano máis o festival holandés de xadrez vai ter lugar en Wijk Aan Zee. Catorce xogadores toman parte do torneo principal, con Carlsen, Caruana, Aronian, Giri e Wesley So como cabezas de serie.

domingo, 4 de xaneiro de 2015

Primeira lista de Elo do 2015

O ano comeza con Carlsen na primeira praza, con 2862. Tras del está Caruana, que afastouse do noruegués e anda agora polos 2820. O ruso que parece que nunca está a facer nada, Grischuk, é o terceiro con 2810, e o excampión mundial Topalov esta preto da que foi a súa mellor marca alcanzando os 2800. Anand é o seguinte, con 2797, que é o mesmo elo de Aronian, que non voltou a recuperar o 800 dende que os perdese fai meses. O holandés Giri ten 2784 e está un punto por riba do ruso Kramnik. Na novena praza está Nakamura con 2776 e pecha o Top-10 Wesley So, que pasou de xogar por Filipinas a facelo por USA e así seguir sumando unha nova estrela ao xadrez americano nacida lonxe de alí.
Na lista de rápidas o primeiro é Caruana con 2855 sacando un puntiño a Carlsen. Na de blitz o estratosférico 2948 de Carlsen fai que teña que forzar a vista para ver ao segundo, que é Nakamura con 2883.
O primeiro español segue a ser Vallejo, que segue por riba do 700 con 2716 e ocupa o posto 41º do mundo.