O aspirante ao título de Magnus Carlsen sairá dun encontro que vaise xogar en Siberia en marzo de 2014, entre Anand, Kramnik, Andreikin, Topalov, Mamedyarov, Aronian, Karjakin e Svidler. O gañador xogará con Carlsen a finais do 2014.
luns, 23 de decembro de 2013
martes, 17 de decembro de 2013
LXV Torneo de Navidad de Artesanos
Datas de celebración: Sábado 21 e Domingo 22 de nadal de 2013.
Vai en parte coincidir coa celebración dos Torneos Provinciais nas categorías sub18 e sub14
Sistema suízo a cinco roldas.
Ritmo de xogo: 40 minutos con incremento de 10 segundos por xogada. En caso de non ter reloxos dixitais suficientes (pola celebración simultánea dos devanditos torneos provinciais) o ritmo cambiará a 60 minutos finish.
Participantes: Tódolos interesados.
Cota de Inscrición: 4 euros (gratuito para socios de Artesanos e de Palaestra)
Xeito de Inscrición: Mediante correo electrónico (asociacion@palaestra.net) ou no teléfono 981 150 168.
sábado, 7 de decembro de 2013
Rusia gaña o Mundial por Equipos de 2013
O equipo ruso con Kramnik á cabeza logrou a medalla de ouro no Campionato Mundial por Equipos xogado en Turquía. A segunda praza foi para o equipo chinés que polo desempate levou a plata, deixando o bronce para a Ucrania de Ivanchuck.
A clasificación final:
martes, 3 de decembro de 2013
Lista de Elo de Nadal. Magnus Carlsen gaña un par de puntos no match polo título
Acadar o campionato mundial por 6,5 a 3,5 soamente reportoulle dous puntos a Magnus Carlsen, que segue destacado na cabeza da táboa con 2872. Na segunda praza está Levon Aronian, o outro xogador por riba dos 2800, concretamente 2803. A terceira praza é para Kramnik, con 2793. Cuarto o americano Nakamura 2786 e quinto o búlgaro Topalov con 2786. O mellor español segue a ser Vallejo con 2705. Na lista feminina na cabeza a mesma xogadora que nas 71 veces anteriores, Judith Polgar.
domingo, 1 de decembro de 2013
Campionato Mundial por Equipos (R5) Ucrania líder por diante de Rusia e Holanda
Estase a xogar en Turquía o Campionato MUndial de seleccións, que reune aos campións continentais e a varios equipos máis escollidos por outros criterios.
Tras as primeiras cinco roldas os ucranianos de Ivanchuk están primeiros tras gañar todos os seus encontros. Detrás a selección rusa, que leva o equipo máis forte por Elo comandado por Kramnik. Na terceira praza tres seleccións empatadas: Holanda, Armenia e China.
O cadro completo ata esta quinta partida:
.
martes, 26 de novembro de 2013
Campionato galego de rápidas o día 30 en Padrón
A ritmo de 15' + 5'' de incremento no Hotel Scala de Padrón vaise xogar este torneo ao longo de todo o día 30 de novembro.
Vaisser campión mundial senior de xadrez
O francés Anatoly Vaisser gañou o mundial de veteráns, empatado a 8,5 puntos co dinamarqués Jens Kristiansen. A terceira praza foi para o croata Hulak Krunoslav.
sábado, 23 de novembro de 2013
Magnus Carlsen novo campión mundial de xadrez
Unhas táboas na décima partida do match deron a vitoria matemática a Magnus Carlsen diante de Viswanathan Anand na décima partida do match polo campionato do mundo de xadrez.
O match foi xogado en Chennai, na India. Estaba pactado a doce partidas, pero non foi necesario xogalas todas, sendo o resultado final a favor do noruegués +3 =10 -0.
xoves, 21 de novembro de 2013
Anand - Carlsen 2013. Anand deixase unha peza e as súas opcións na novena partida
Anand xogou a gañar e perdeu. Atacou con todo e obrigou a Carlsen a defenderse con xogadas case únicas, pero nos apuros de tempo nunha posición de dobre fío errou e tivo que abandoar. Quedan tres partidas e con medio punto Carlsen será o novo campión do mundo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
