O excampión mundial Gary Karparov demostrou estar en moi boa forma todavía, tras pasar por riba de Nigel Short nun match de rápidas e blitz xogano en San Luis (USA), onde o inglés soamente foi quen de facer tres táboas.
luns, 27 de abril de 2015
domingo, 26 de abril de 2015
Carlsen gaña o Torneo de Shamkir 2015 Memorial Gashimov
O campión do mundo Magnus Carlsen tivo unha actuación estelar no Memorial Gashimov, que tivo lugar na cidade de Shamkir en Azerbaijan. Rematou o torneo facendo sete (+5 =4 -0) dos nove puntos en xogo nun torneo onde a media de elo era 2773. Na segunda praza quedou Anand, a un punto do gañador (+3 =6 -0), e na terceira empataron a cinco puntos Caruana (+2 =6 -1) e Wesley So (+3 =4 -2).
Tras deles quedaron Kramnik e Mamedyarov con catro puntos, e con tres e medio empataron o resto de participantes: Adams, Giri, Vachier-Lagrave e Mamedov.
domingo, 8 de marzo de 2015
Campionato de Europa 2015 (Final) O ruso Evgenyi Najer gañador en solitario
O GM ruso Najer foi o gañador do campionato europeo que tivo lugar en Xerusalén, sumando 8,5 puntos en 11 partidas. Tras del na segunda praza quedou o checo Navara con 8 puntos, os mesmos que o polaco Bartel e o ruso Khismatullin, pero polo desempate a orde foi esa.
Vallejo partía do posto 6 no ranking e rematou no 56. Non foi moito mellor a actuación de Salgado, que do 43 acabou no 105.
xoves, 26 de febreiro de 2015
Campionato de Europa 2015 (R3) Quedan cinco xogadores con tres de tres
Cinco xogadores todavía co 100% dos puntos ocupan o grupo de cabeza en Xerusalén. Mañá ocuparán as primeiras mesas, e soamente queda Navara dos dez primeiros cabezas de serie. Dos españois Salgado gañou a súa partida e ten 2,5 puntos. Vallejo empatou e ten 2.
mércores, 25 de febreiro de 2015
Campionato de Europa 2015 en Xerusalén
Do 23 de febreiro ata o 9 de marzo, por sistema suizo, vai ter lugar o campionato europeo de xadrez. Por España xogan Vallejo e Salgado, que parten do número 6 e do número 43 do ranking inicial. Moitas ausencias, con soamente seis xogadores por riba dos 2700.
Na primeira rolda Salgado gañou a un MF ruso de 2227 e Vallejo deu táboas a un grande mestre israelí de 2444.
xoves, 12 de febreiro de 2015
Carlsen gañou en Baden Baden
O campión mundial Magnus Carlsen resultou o gañador do torneo de Baden Baden tras vencer no desempate a Naiditsch, despois de que os dous rematasen o torneo con catro puntos e medio. Na terceira e cuarta praza empataron Adams e Caruana, a medio punto dos primeiros.
xoves, 5 de febreiro de 2015
Nakamura gaña o Open de Gibraltar
O americano Hikaru Nakamura foi o gañador do Open de Gibraltar, tras facer 8,5 puntos en 10 roldas. Na segunda praza quedou o inglés David Howell a medio punto, e medio por diante dun grupo de oito xogadores que quedaron empatados con 7,5: a campiona mundial feminina Yifan Hou, Vitiugov, Topalov, o MI alemán Wagner, Adhiban, Harikrishna. Bachmann e Malakov.
Os mellores dos españoi foron Iván Salgado e David Antón, os dous con seis puntos. Aparte do torneo "grande" había pequenos "opens" para amateurs, e a destacar ao MF Luis Javier Sánchez, que gañou o Challenger "A".
martes, 3 de febreiro de 2015
Comezou o Torneo de Baden Baden
Un clásico dos pechados deu comezo en Alemania, un fortísimo torneo con Carlsen, Caruana, Anand, Aronian, Bacrot, Adams, Naiditssh e Baramidze. Ata o sete de febreiro con retransmisións en directo.
Comezou o Open de Moscú
Non ten nomes tan ilustres como o de Gibraltar, pero o Open de Moscú é un festival con varios torneos en marcha (categoría absoluta, feminina, veteráns, estudantes...) para superar o milleiro de xogadores. Os premios totais supean os catro millóns de rublos (máis de 50.000 €). Está a xogar Vallejo, que é un dos primeiros do ranking.
luns, 26 de xaneiro de 2015
Comeza o Open de Gibraltar
Comezou o Open de Gibraltar, un dos máis fortes do ano, con Topalov, Nakamura e Svidler como cabezas de serie. Dos españois xoga Salgado, Antín Guijarro e Renier Vázquez como máis destacados. Os premios son máis que bos, levando o primeiro, por exemplo, 20.000 libras.
Os 30 primeiros do ranking:
| 1 | GM | Topalov Veselin | 2900084 | BUL | 2800 |
| 2 | GM | Nakamura Hikaru | 2016192 | USA | 2776 |
| 3 | GM | Svidler Peter | 4102142 | RUS | 2739 |
| 4 | GM | Vitiugov Nikita | 4152956 | RUS | 2735 |
| 5 | GM | Jakovenko Dmitry | 4122356 | RUS | 2733 |
| 6 | GM | Yu Yangyi | 8603820 | CHN | 2724 |
| 7 | GM | Harikrishna P. | 5007003 | IND | 2723 |
| 8 | GM | Rapport Richard | 738590 | HUN | 2716 |
| 9 | GM | Matlakov Maxim | 4168003 | RUS | 2695 |
| 10 | GM | Cheparinov Ivan | 2905540 | BUL | 2681 |
| 11 | GM | Rodshtein Maxim | 2806851 | ISR | 2680 |
| 12 | GM | Wei Yi | 8603405 | CHN | 2675 |
| 13 | GM | Hou Yifan | 8602980 | CHN | 2673 |
| 14 | GM | Jones Gawain C B | 409561 | ENG | 2671 |
| 15 | GM | Howell David W L | 410608 | ENG | 2670 |
| 16 | GM | Motylev Alexander | 4121830 | RUS | 2665 |
| 17 | GM | Iturrizaga Bonelli Eduardo | 3901211 | VEN | 2649 |
| 18 | GM | Edouard Romain | 633429 | FRA | 2638 |
| 19 | GM | Sutovsky Emil | 2802007 | ISR | 2637 |
| 20 | GM | Bartel Mateusz | 1112635 | POL | 2631 |
| 21 | GM | Adhiban B. | 5018471 | IND | 2630 |
| 22 | GM | Bachmann Axel | 3700488 | PAR | 2629 |
| 23 | GM | Salgado Lopez Ivan | 2257327 | ESP | 2628 |
| 24 | GM | Agdestein Simen | 1500015 | NOR | 2626 |
| 25 | GM | Sethuraman S.P. | 5021596 | IND | 2624 |
| 26 | GM | Naroditsky Daniel | 2026961 | USA | 2622 |
| 27 | GM | Anton Guijarro David | 2285525 | ESP | 2617 |
| 28 | GM | Lenderman Aleksandr | 2021285 | USA | 2614 |
| 29 | GM | Bologan Viktor | 13900048 | MDA | 2608 |
| 30 | GM | Salem A.R. Saleh | 9301348 | UAE | 2603 |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

