venres, 11 de marzo de 2016

Candidatos Moscú 2016 (R1) Anand ponse primeiro

Tras xogarse a primeira rolda do torneo o actual subcampión mundial, o indio Anand, é o líder tras se o único capaz de gañar a súa partida, que foi diante do excampión Topalov. Nas outras partidas táboas en partidas sen moito perigo no encontro entre americanos Nakamura-Caruana e no encontro entre rusos Karjakin-Svidler. Aronian si que tivo que facer unha gran labor defensiva diante de Giri, calculando con precisión un final de peóns no que tiña un de menos.

Torneo de Candidatos Moscú 2016

Oito xogadores van loitar por ser o aspirante ao título de Magnus Carlsen. Anand, Aronian, Caruana, Giri, Karjakin, Nakamura, Svidler e Topalov xogarán un pechado de catorce roldas para decidir en Moscú quen debe retar ao campión mundial.

xoves, 10 de marzo de 2016

Open Aeroflot 2016 - O ruso Evgeniy Najer gañador

Un dos torneos abertos máis fortes do ano, xogado en Moscú, foi para un xogador do país, o GM Najer, que rematou empatado co israelí Boris Gelfand. Ambolosdous fixeron 6,5 puntos pero o desempate favoreceu ao ruso.
O polaco Bartez foi terceiro encabezando o grupo de oito perseguidores a medio punto da cabeza. O español Vallejo partía como o oitavo cabeza de serie, pero soamente acadou o posto trinta. Tampouco foille moito mellor a David Antón, que partía no posto 21º e rematou no 64º.

Mundial Feminino 2016 (R6) Yifan Hou acada a segunda vitoria

Tras xogarse seis das dez partidas das que consta o match a excampiona mundial Yifan Hou vai por diante por 4-2. A campiona Mariya Muzichuk ten que gañar a metade das partidas que faltan se quere chegar ao desempate, o que parece pouco probable tras o xogo visto ata agora.

xoves, 3 de marzo de 2016

Comezou o match polo mundial feminino en Ucrania

Na localidade ucraniana de Lviv vai ter lugar o match polo título mundial feminino de xadrez. A actual campiona é Mariya Muzychuk, que vai defender o título diante de Yifan Hou. Tras as dúas primeiras partidas os pronósticos estanse a confirmar e a aspirante xa vai diante por 0,5 - 1,5, tras un empate rápido na primeira partida e unha segunda na que a campiona foi superada claramente.

domingo, 7 de febreiro de 2016

Nakamura gañou o Open de Gibraltar

O estadounidense Nakamura rematou o Open de Gibraltar 2016 con 8 puntos, empatado co francés Vachier-Lagrave. No desempate Nakamura alzouse ca primeira plaza. Tras deles seis xogadores empataron con 7, 5 puntos. A destacar a actuación de Anand, que deixouse 21 puntos de elo.

martes, 2 de febreiro de 2016

Magnus Carlsen gaña o Tata Steel Chess 2016


Facendo 9 puntos dos 14 posibles o campión mundial de xadrez Magnus Carlsen foi o gañador do primeiro torneo importante do ano, o Tata Steel Chess xogado na localidade holandesa de Wijk Aan Zee. Tras el quedaron empatados dous xogadores, Fabiano Caruana e Ding Liren, que fixeron 8 puntos. Con 7 puntos remataron Wesley So, Anish Giri e Pavel Eljanov.


martes, 26 de xaneiro de 2016

Tata Steel Chess 2016 (R9) Carlsen máis líder

Tras gañar a Adams na novena rolda Magnus Carlsen suma 6,5 puntos e encabeza a táboa do torneo en Wijk Aan Zee. Tras del está Caruana con un punto menos, e despois catro xogadores empatan a un e medio do líder.

sábado, 23 de xaneiro de 2016

Tata Steel Chess 2016 (R7) Caruana e Carlsen na cabeza á metade do torneo.

Magnus Carlsen e Fabiano Caruana comparten a cabeza do Tata Steel Chess 2016 tras xogarse sete das trece partidas das que consta a competición, os dous con 5 puntos. Tras deles, a un punto, estan Wesley So, Ding Lireng e Anish Giri.

sábado, 16 de xaneiro de 2016

Comenzou en Wijk Aan Zee o Tata Steel Chess 2016

O primeiro torneo importante do ano, o Tata Steel Chess, púxose en marcha en Holanda, con Carlsen como favorito, seguido de Giri, Caruana e Wesley So.
Na primeira rolda táboas entre Carlsen e Navara, igual que na partida entre Yi Wei e Tomashevski. Wesley So deu conta de Giri, o mesmo que Caruana de Eljanov. Yifan Hou e Karjakin empataron, o mesmo que Mamedyarov e Van Wely. Ding Lireng derrotou a Adams.