domingo, 13 de febreiro de 2011

- Open Aeroflot (6R) Salgado 4 e Alsina 3. Líder o GM Le con 5

Cerca estivo Salgado de gañar na sexta rolda, como fixera na quinta contra Bologan (2693), pero despois de ter unha partida moi favorable cometeu algunhas imprecisións e o seu rival, Mamedov (2660), foi quen de forzar as táboas. Alsina perdeu na quinta rolda contra o chinés Yu (2607), pero recuperou terreo tras vencer na sexta rolda a Deviatkin (2573), e anda na parte media da clasificación.
Na cabeza segue o vietnamita Le, que tras gañar as catro primeiras partidas está a vivir das rentas e leva dous empates en poucas xogadas, que danlle a primeira praza con 5 puntos. Na sua procura hai varios xogadores a medio punto, Kasimdzhanov, Kobalia, Tomashevsky, Vitiugov e Khismatullin. Despois temos a unha morea de xogadores con 4 puntos, un deles Salgado.
O número 1 do rankig, Kamsky, foi derrotado novamente, e soamente ten tres dos seis puntos. Movsesian, que partía co número 2, ten 3,5. O líder partía no posto 19, e ningún dos seus perseguidores estaba entre os dez mellores. E que un torneo onde máis da metade pasa de lonxe dos 2600 ten estas cousas.
A páxina oficial segue a ser un desastre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario