venres, 16 de novembro de 2012

Mundial feminino. Yifan Hou, actual campiona, KO na segunda rolda

A segunda rolda - Web oficial
Tras un inicio sen sorpresas na segunda chegou a maior posible. A actual campiona do mundo que defendía o título nesta copa, a chinesa Yifan Hou, foi eliminada pola polaca Mónika Socko. Tras empatar nas partidas a ritmo FIDE a xogadora europea gañou as dúas semirrápidas de desempate.
Este resultado fai menos relevante outros resultados pouco esperados, como a eliminación de Anna Muzychuk, o elo máis alto do torneo, ou as eliminacións de Koneru, Lahno e Danielian.
Na terceira rolda o encontro que vai chamar máis a atención é o enfrontamento entre as irmás Kosintseva, que sempre cando xogan entre elas fan táboas rápidas, pero que desta vez terán que facer algo máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario