martes, 26 de marzo de 2013

Candidatos 2013 (R9) Carlsen sálvase de milagre e Aronian cae

Kramnik tivo a Carlsen contra as cordas, pero o noruegués conseguiu empatar un final con peón de menos salvando unha posición no medio xogo onde estaba moito peor. Pero o ruso non rematou e perder unha opción inmellorable de meterse de cheo na loita polo torneo.
Aronian tiña a oportunidade de poñerse por diante, pero non gañou. Máis que iso, perdeu con Gelfand, que fixo unha gran partida combinando para lograr un peón en sétima ao sair da apertura e con gran técnica foi mellorando a súa posición ata gañar a partida.
Deste xeito Carlsen é o líder con medio punto de vantaxe sobre Aronian e mantén o punto sobre Kramnik.
Svidler e Grischuk xogaron unha partida moi interesante onde o primeiro sacrificou a dama por tres pezas menores, e o segundo tivo que aproveitar a maior movilidade desta peza para acadar as táboas. Ivanchuk conseguiu saír do derradeiro posto tras gañar a Radjabov, que é quen agora pecha a clasificación. As partidas:


Ningún comentario:

Publicar un comentario