luns, 2 de xuño de 2014

Carlsen gaña o torneo de rápidas do Norway Chess 2014

En Noruega vai ter lugar estes días un dos torneos máis fortes do ano, o No Logo Norway Chess 2014. O de No Logo é porque a lei noruega non permite anunciar a Unibet, que é quen pon os cartos para o torneo (iso si o poder facer, o de poñer os cartos) Nove roldas dun torneo que comeza mañá e remata o día 13, e con unha media de ELO de 2774, rebaixada pola inclusión dun segundo noruego, o GM Agdestein que "soamente" ten 2628.
Como previa disputouse un torneo de rápidas onde o campión mundial Magnus Carlsen gañou con autoridade, facendo 7,5 puntos sobre 9. Na segunda praza quedou o número dous do mundo, Levon Aronian, que con 6,5 fixo tamén un gran torneo. Terceira praza compartida para dous rusos, Karjakin e Grischuk, que empataron con 5,5 puntos. A clasificación final foi a seguinte:
1º Carlsen: 7,5
2º Aronian: 6,5
3º Grischuk e Karjakin: 5,5
5º Svidler: 5
6º Giri: 4,5
7º Caruana e Krmanik: 4
9º Topalov: 2
10º Agdestein: 1,5

Ningún comentario:

Publicar un comentario