Amosando publicacións coa etiqueta Grand Slam 2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Grand Slam 2011. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de outubro de 2011

- Final Grand Slam (Bilbao.Final) Carlsen gaña o torneo no desempate

Na rolda final tivemos a vitoria de Anand sobre Vallejo, que permitiu ao campión mundial evitar a derradeira praza. As outras partidas, Nakamura - Carlsen e Ivanchuk - Aronian, remataron en táboas, o que fixo que o gañador do torneo tivese que decidirse a rápidas entre Ivanchuk e Carlsen.
Na primeira partida de desempate Carlsen obtivo vantaxe posicional sobre Ivanchuk, que tivo que acabar cedendo calidade. Pero o ucraniano atopou contraxogo que forzou chegar a un final de torre contra cabalo no que acordaron táboas.
A segunda partida foi unha española na que Ivanchuk decidiu cerrar a posición e quedarse atrás, tal vez esperando obter unha vantaxe de reloxo que puidese darlle a vitoria. Chegou a ter dous minutos de vantaxe, pero Carlsen foi capaz de aumentar a presión sobre o rei branco ata que aplastou ao rei de Ivanchuk. Isto facía que o noruegués resultase o campión do torneo.

A posición final. Se 40.Rg1 Cxh3. A 41.gxh3 viría 41...Dxg1#. Na mellor variante as brancas reciben mate en 7.

luns, 10 de outubro de 2011

- Final Grand Slam (Bilbao.9) Carlsen derrota e caza a Ivanchuk para a derradeira rolda.

As tres partidas da novena rolda foron vitorias para as brancas. Aronian esmagou a un descoñecido Anand que agora é o último da táboa. Carlsen xogou moi ben contra Ivanchuk, conseguindo a dama e un rei exposto a cambio de torre e dous cabalos, pero o ataque era tan forte que a posición derrubouse. O máis sorprendente da xornada foi a derrota de Nakamura por tempo na xogada 39 con posición mellor ca de Vallejo.

domingo, 9 de outubro de 2011

- Final Grand Slam (Bilbao.8) Nakamura e Carlsen gañan.

Carlsen conseguiu a revancha de Vallejo e derrotouno con brancas. Nakamura gañou a partida contra Aronian. Ivanchuk e Anand fixeron táboas. Agora a vantaxe de Ivanchuk é de 3 puntos sobre os gañadores da rolda.

sábado, 8 de outubro de 2011

- Final Grand Slam (Bilbao.7) Vallejo derrota ao líder

Ivanchuk, o líder destacado, perdeu co colista, Vallejo. A partida foi moi complicada, con posicións desequilibradas en todo momento. No final Vallejo conseguiu un peón pasado nun final de torres que fixo ter que xogar pasivo ao ucraniano e levouse a vitoria,
A pesares diso segue líder destacado porque os seus rivais non pasaron do empate. Carlsen obtivo un peón pasado contra Aronian tras un xogo moi táctico, pero o bispo do armenio era mellor que o cabalo do noruegués. Nakamura defendeuse ca berlinesa da española de Anand e o campión mundial non quebrou a posición do americano, firmando as táboas no medio xogo por repetición.
Web oficial

venres, 7 de outubro de 2011

- Final Grand Slam (Bilbao.6) Ivanchuk despégase

Tras derrotar a Nakamura na sexta rolda Ivanchuk afástase máis da segunda praza, onde o resto das partidas foron táboas. Ten agora 13 puntos, seis máis que Carlsen, Nakamura, Anand e Aronian. Pecha Vallejo con 4.

domingo, 2 de outubro de 2011

- Final Grand Slam (Sao Paulo.5) Carlsen derrota a Ivanchuk

Na derradeira das partidas desta final que tiña que xogarse no Brasil, o número un do mundo Magnus Carlsen derrotou ao líder Vassily Ivanchuk, que mantén a primeira praza a pesares diso. Nakamura derrotou a Vallejo na primeira partida na que non empata, e Anand e Aronian fixeron táboas.
Agora o torneo viaxará a Bilbao para xogar a súa segunda parte, e a clasificación é a seguinte:
1º Ivanchuk 10; 2º Nakamura 7; 3º a 5º Carlsen, Anand e Aronian 6; 6º Vallejo 3.

sábado, 1 de outubro de 2011

- Final Grand Slam (Sao Paulo.4) Ivanchuk máis líder

Tras derrotar a Aronian con negras o ucraniano Ivanchuk é o mellor xogador tras catro roldas. Foi unha gran partida con ataques ao mesmo tempo dos dous xogadores sobre o rei rival, pero ao final Ivanchuk levou a mellor parte. Vallejo presionou moito a Anand ao longo da súa partida, pero ao final o indio liberouse e fixo valer a súa parella de bispos no final. Carlsen e Nakamura fixeron táboas nunha partida moi equilibrada en todo momento.
Web oficial.

xoves, 29 de setembro de 2011

- Final Grand Slam (Sao Paulo.3) Vallejo derrota a Carlsen

O español Vallejo conseguiu a súa primeira vitoria do torneo cando o número un do mundo, Magnus Carlsen, deixouse unha peza nos apuros de tempo nos que estaban os dous xogadores. Ivanchuk derrotou ao campión mundial usando a dudosa defensa Janisch na apertura española. Nakamura fixo táboas unha vez máis, desta vez con Aronian.
Na cabeza do torneo está agora Ivanchuk, con sete puntos. Cinco ten Aronian, e tres Nakamura e Vallejo. Pechan Anand e Carlsen con dous.
Web oficial.

mércores, 28 de setembro de 2011

- Final Grand Slam 2011 (Sao Paulo.2) Vallejo perde outra vez

O español Vallejo foi derrotado na segunda rolda por Ivanchuk, e é o único xogador que aínda non puntuou no torneo. O resto das partidas rematou en táboas.

#BlancasResNegras
1Vasili Ivanchuk3-0Francisco Vallejo
2Magnus Carlsen1-1Levon Aronian
3Hikaru Nakamura1-1Viswanathan Anand


martes, 27 de setembro de 2011

- Final Grand Slam 2011 (Sao Paulo.1) Aronian comeza con vitoria

Levon Aronian sumou 3 puntos diante de Francisco Vallejo. Nakamura - Ivanchuk e Anand - Carlsen remataron en táboas. A primeira parte do torneo estase a xogar en Sao Paulo, e a segunda terá lugar en Bilbao.
Web oficial.

venres, 5 de agosto de 2011

- Final do Grand Slam 2011. Confírmanse os participantes

Anand, Carlsen, Aronian, Nakamura, Ivanchuk e Vallejo serán os participantes. O torneo vai ter dúas partes. A primeira vaise xogar en Sao Paulo e a segunda en Bilbao.
Web oficial.