Amosando publicacións coa etiqueta Zurich. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Zurich. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de febreiro de 2014

Zurich (Final) Caruana gaña á rápidas e Carlsen lévase o torneo

O día de partidas rápidas non foi moi bo para o campión mundial, que fixo 2 de 5 e rematou na cuarta posición. Gañou Caruana con 4 puntos, por diante de Nakamura (3,5) e Aronian (3). Gelfand penúltimo con 1,5 e pechou Anand, quen o diría fai anos, con un punto en partidas rápidas.
Pero a combinada do torneo, lentas e rápidas, deu como gañador a Magnus Carlsen con 10 puntos, por diante de Caruana e Aronian que sumaron 9. Nakamura 7, Anand 5 e Gelfand 4,5 ocuparon os postos do 4º ao 6º.

martes, 4 de febreiro de 2014

Zurich (R5) Carlsen gaña a proba a ritmo clásico

Tras facer táboas con Anand o campión mundial Magnus Carlsen quedou gañador da proba a ritmo lento con catro puntos en cinco partidas. Aronian rematou segundo con tres puntos tras perder con Caruana, que acadou a terceira praza a medio punto do armenio. Anand e Nakamura empataron con dous puntos e pechou Gelfand con un e medio.
Para pechar o torneo a proba de rápidas xogarase hoxe, con a metade do valor dos puntos acadados para a clasificación final.

domingo, 2 de febreiro de 2014

Zurich (R4) Rolda sen táboas e Carlsen segue líder

Ningunha das tres partidas da cuarta rolda Zurch Chess Challenge 2014 rematou en empate. Nakamura foi superado claramente por Aronian, que presionouno ata acadar un ataque de mate. Anand con negras conseguiu a súa primeira vitoria ante Gelfand, sacando vantaxe decisiva nun medio xogo que estaba igualado. Carlsen despois de gañar onte de forma inesperada gañou a Caruana que usou a berlinesa da española para defenderse pero no medio xogo un sacrificio de calidade do noruegués deulle una pequena vantaxe que incrementou pouco a pouco para gañar como acostuma a facer.
Carlsen está líder con 3,5 de 4. Tras del moi cerca Aronian con 3. 1,5 para Caruana, Anand e Nakamura, pechando a táboa Gelfand con 1.

sábado, 1 de febreiro de 2014

Zurich (3R) Carlsen líder tras gañar unha partida perdida

O americano Nakamura tivo a oportunidade de vingar varias derrotas nos últimos torneos con Carlsen. Tras unha dudosa apertura do campión mundial acadou un ataque gañador, pero non acertou a rematar unha posición na que tiñas varias liñas que levaban ao mate, e nos apuros de tempo Carlsen colocou un sacrificio de peza que igualou a partida. Nakamura perdeu os nervos e fixo unha xogada que o deixou nun final perdedor, e Carlsen non o desperdiciou.
Aronian e Gelfand fixeron táboas por repetición no comezo do medio xogo. Aronian xogou moi rápido e Gelfand moi despacio, ata o punto que cando acordaron táboas na xogada 27 Aronian tiña una hora e trece minutos para chegar ata a corenta, e Gelfand soamente 19 minutos. Pero o armenio deu por boas as táboas.
Caruana e Anand fixeron táboas tamén por repeticón cando chegaron ao control das 40 xogadas nunha posición igualada pero con todo por xogar.
Web oficial.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Zurich 2014 (R1) Carlsen e Aronian comezan gañando

A primeira partida de torneo de Magnus Carlsen tras proclamarse campión mundial foi un exemplo máis do seu estilo de xogo. Nunha partida igualada comezou a acadar pequenas vantaxes ante Gelfand, que non puido ca presión do xogo e do reloxo, e acabou perdendo por tempo vendo como a súa posición facía auga por todas partes.
O subcampión non tivo a mesma sorte. Anand perdeu con Aronian nunha partida na que pronto quedou moito peor. Nakamura non foi quen de impoñer o seu peón de vantaxe a Cauana e a partida rematou en táboas.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

Comeza en Zurich o torneo máis forte da historia

Seis xogadores tomarán parte en Suiza no torneo máis forte da historia por Elo, con unha media de 2801 puntos. Carlsen, Aronian, Nakamura, Caruana, Gelfand e Anand xogarán un pechado de tan só cinco roldas do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro, onde a puntuación será 2, 1 e 0. No día 4 xogarán un torneo de rápidas que tamén conta para a puntuación final do torneo, sumando a metade por partida que no normal.
É o primeiro torneo do novo campión mundial dende que obtivo a coroa e tendrá un reto importante tras ver o xogo de Aronian en Holanda fai uns días.

luns, 4 de marzo de 2013

Caruana gaña o Zurich Chess Challenger 2013

Tras gañar a Gelfand na derradeira rolda o italiano Fabiano Caruana con +2 rematou na cabeza do torneo. Anand venceu a Kramnik na derradeira rolda, o que serviulle para acabar á par. Gelfand e Kramnik remataron con -1.
Web oficial.

xoves, 28 de febreiro de 2013

Zurich 2013 (R5) Táboas nas dúas partidas

Gelfand e Anand fixeron táboas, o mesmo que Kramnik e Caruana. Isto deixa todo por decidir nas derradeiras partidas, onde Caruana defenderá a súa vantaxe con brancas diante de Gelfand mentres que na o ruso tentará facer algo agardando un erro do italiano.

mércores, 27 de febreiro de 2013

Zurich (2013) Caruana ponse por diante

Fabiano Caruana derrotou con negras ao campión mundial Anand, e deste xeito ponse na cabeza do torneo tras o empate entren Gelfand e Kramnik. A clasificación e a seguinte, a falta de dúas partidas:
1º Caruana 2,5
2º/3º Gelfand - Kramnik 2
4º Anand 1,5
Web oficial.

martes, 26 de febreiro de 2013

Zurich 2013 (R3) Remata a primeira volta con todo empates


Todos xogaron contra todos e ninguén foi quen de vencer a outro. Ese é o resumo da primeira volta do Zurich Chess Challenge que están a xogar Anand, Kramnik, Gelfand e Caruana.

domingo, 24 de febreiro de 2013

Zurich Chess Challenge 2013 (R2) Todos táboas ata agora

Nas partidas de onte e nas partidas de hoxe, Kramnik - Anand e Gelfand - Caruana, todo foron empates, e haberá que agardar ata mañá a ver se hai algún resultado con vencedor.

sábado, 23 de febreiro de 2013

Forte cuadrangular en Zurich

Anand, Kramnik, Caruana e Gelfand disputan na cidade suiza de Zurich un pechado a doble rolda, que chega ata a categoría XXI. Na primeira rolda os encontros son Caruana - Anand e Kramnik - Gelfand. Hai retrnasmisión en directo cas partidas e imaxes.
Web oficial.