Soamente o líder foi quen de non perder levando brancas na cuarta rolda do torneo. Deste xeito agora o liderato é compartido por Carlsen e McShane con oito puntos, un máis dos que ten Kramnik. Na quinta rolda será McShane o que descanse e participe nos comentarios das partidas.
mércores, 7 de decembro de 2011
martes, 6 de decembro de 2011
- Londres 2011 (R3) Nova vitoria de Carlsen que o deixa líder
O noruegués Carlsen derrotou ao americano Nakamura con un ataque directo sobre o rei e con dúas vitorias e un empate é o líder do torneo con sete puntos. Aronian recuperouse da súa derrota da rolda anterior gañando a Short, e McShane alcanzou a segunda praza do torneo derrotando a Adams. Anand e Howell fixeron táboas. Na cuarta rolda a partida máis interesante será a Carlsen - Kramnik.
domingo, 4 de decembro de 2011
- III Torneo Paco Allegue (Final) José Ramón Pantín gañador
O xogador José Ramón Pantín foi o gañador destre torneo, con cinco puntos. Os mesmos puntos acadou Pablo Gómez, pero quedou segundo por peor desempate. Na terceira praza Gregori Nebodora encabezou o grupo ds catro puntos e medio. O torneo serviu para conseguir bloque de Elo a moitos dos xogadores que tiñan ese obxetivo.
Resultados en ChessResults- Londres 2011 (R2) Tres líderes
Neste torneo os xogadores son impares, e hoxe foi o campión do mundo o que descansou. Facía tempo que non había un torneo no que pasase iso, pero os organizadores aproveitan para que o xogador que descansa participe na retransmisión do torneo en directo, facendo comentarios cos presentadores habituais.
O subcampión do mundo, Kramnik, colocou a súa primeira vitoria no moarcador superando con negras a Short, que abandonou cando nun final ca parella de bispos os seus peóns do ala de dama estaban a piques de ser cazados un tras outro. Na partida entre Howell e Adams acordáronse as táboas por repetición nunha posición no que o segundo tiña máis actividade a cambio dun peón. Na partida Kakamura - Aronian o armenio escolleu unha liña moi arriscada na que cambiaba torre por cabalo e peón, e o americano consguiu abrir liñas e impoñer a vantaxe de calidade para levarse os tres puntos. Carlsen sufriu moito con negras para sacar táboas contra McShane, conseguindoo grazas a unha precisa defensa nun final de torres con peón de menos.
Como a puntuación é de 3 por vitoria e un por empate a clasificación a encabezan Carlsen, Nakamura e Kramnik con 4.
Web oficial.
Como a puntuación é de 3 por vitoria e un por empate a clasificación a encabezan Carlsen, Nakamura e Kramnik con 4.
Web oficial.
sábado, 3 de decembro de 2011
- Londres 2011 (R1) Carlsen comeza gañando e ponse de líder
Con unha preparación da apertura na que o seu rival tivo que apurarse moitísimo de tempo, o noruegués Magnus Carlsen obtivo a única vitoria na primeira rolda do London Chess Clasicc. O resto das partidas foron táboas nunhas partidas bastante interesantes.
- III Torneo Paco Allegue (R2) Seis xogadores comparten a cabeza
Ata 59 xogadores inscribíronse para este torneo, que está a ter lugar en Pontedeume, e que nun so fin de semana é valedero para Elo Fide. Tras dúas partidas son seis os xogadores que levan o 100% dos puntos.
venres, 2 de decembro de 2011
- Dous equipos galegos no Campionato de España Sub-16
Do 7 ao 11 de Nadal vai ter lugar en Benidorm o campionato nacional sub-16. Son o Clube de Xadrez Ourense e o CXF Viajes Interrías Sanxenxo, os dous con un Elo medio parecido: 1867 e 1864. O favorito é o equipo valenciano do EVA-Manises con 2079.
- Mañá comeza o London Chess Classic 2011
Do 3 ao 12 de Nadal en Londrés vai ter lugar este torneo, no que xogan os mellores ingleses e estrelas internacionais. Poderemos ver a Carlsen, Anand, Aronian, Kramnik, Kakamura, Adams, Short, McShane e Howell. As partidas comezaran as 14:00 hora de Londres e serán retransmitidas con comentarios de GM's. Este torneo ten moitas actividades paralelas, entre elas dúas sesións de simultáneas de Viktor Korchnoi.
xoves, 1 de decembro de 2011
- A FEGA anuncia os equipos e divisións para a liga do 2012
Xa están os grupos para a liga. 12 na división de honra, 36 na primeira división, 72 en segunda, 68 en terceira e 97 en cuarta.
- A FIDE anuncia un campionato do mundo de afeccionados
O ano que ven no mes de abril, en Porto Carras, Grecia, vai ter lugar un curioso campionato da FIDE. Vai ser un campionato para afeccionados, e a FIDE considera afeccionado por debaixo dos 2000 Elo, o que parece indicar que calquera por enriba desa cifra pode ser profesional... Ao mesmo tempo anuncia que os xogadores que non poidan entrar nese mundial poderán xogar o open Alexandre o Grande.
O resumo é que organiza un open internacional en Grecia, ca atracción para moitos de poder ser un Campión do Mundo.
Enlace na FIDE.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)