mércores, 7 de novembro de 2012

Anunciado o Cidade de Lugo

A terceira edición do Cidade de Lugo foi anunciada na páxina do clube organizador, o Xaquedrum. Nove roldas a ritmo de liga, a xogar en dous intensos fins de semana (3 byes):
1ª rolda: 10 de novembro ás 10:00 horas
2ª rolda: 10 de novembro ás 16:30 horas
3ª rolda: 11 de novembro ás 16:30 horas
4ª rolda: 17 de novembro ás 10:00 horas
5ª rolda: 17 de novembro ás 16:30 horas
6ª rolda: 18 de novembro ás 16:30 horas
7ª rolda: 24 de novembro ás 10:00 horas
8º rolda: 24 de novembro ás 16:30 horas
9º rolda: 25 de novembro ás 16:30 horas

Hai premios en metálico non moi altos, pero o importante é participar.
Información en Xaquedrum.

Campionato de España de Clubes División de Honor (2R) O Sestao segue moi forte

O Sestao Naturgas tras dúas roldas é o único equipo que gañou os dous encontros, e vai líder en solitario. Os resultados da rolda foron os seguintes.
No.EquipoEquipoRes.:Res.
1  C.E. Barcelona Uga  Linex-Magic Extremadura:
2  C.A. Reverté Albox  Sestao Naturgas Energia:
3  Equigoma Caja Social Catolica  C.A. Solvay3:3
4  C.E. Foment Martinenc  Gros Xake-Taldea2:4

Na terceira rolda teremos o enfrontamento entre os dous primeiros clasificados, co Equigoma tratando de dar outra vez a sorpresa.

martes, 6 de novembro de 2012

- Anunciados os xogadores do Tata Steel (o Wijk Aan Zee de toda a vida)

O máis salientable deste ano vai ser a presenza da campiona mundial feminina Yifan Hou no torneo principal, que vai ter unha media de Elo de 2731, e no que non estarán nin Radjabov nin Kramnik. Este podería ser o torneo onde caese o record de 2851 puntos de Kasparov se Carlsen o fai ben.
A crise chega a todas partes, Holanda tamén, e dos dous torneos de mestres soamente queda un. Mantense o festival de afeccionados, o da famosa sopa de hervellas.

- Campionato de España de División de Honor

Comezou este torneo en León. Os favoritos son os dous equipos vascos, o Gros Xake Taldea e o Sestao Naturgás, pero na primeira rolda arrancou a competición tropezando diante do Equigoma. O Sestao deu boa conta do Linex Magic por 5-1 e é o líder despois das primeiras partidas.

xoves, 1 de novembro de 2012

- Nova lista de ELO con Carlsen máis arriba

A soamente tres puntos está Magnus Carlsen de igualar o record de Kasparov. O noruegués ten 2848 e sácalle 33 puntos a Aronian, que caeu para quedar outra vez en 2815. Ninguén máis chega aos 2800. Kramnik é terceiro con 2795, Radjabov cuarto con 2793 e na quinta praza atopamos a un sorprendente Caruana que deu un salto de calidade de 60 puntos no último ano e ten 2786.

martes, 30 de outubro de 2012

- A poucos días dos Campionatos Mundiais da Xuventude

Do 7 ao 19 de novembro en Eslovenia van celebrarse un ano máis os torneos mundiais de xóvenes, e neles haberá oito xogadores españois. Algúns deles son dos primeiros do ranking, e poderían acadar algunha medalla como sucedeu nos pasadors europeos.

luns, 29 de outubro de 2012

- Chega o Houdini 3

Acaba de sair a última versión do programa máis forte do momento, do programador Robert Houdart.
Desta vez o programa sae editado por Chessbase, a case 80 euros, precio bastante afastado do que costaba a versión 1.5 que era gratuita...

sábado, 20 de outubro de 2012

- Torneo Cidade de Barcelona do 23 ao 31 de outubro

Unha nova edición deste pechado, a número dezasete, que vai ter lugar no Casino de Barcelona desde o día 23 ata que remate o mes. Oito GM e dous MI loitarán polos 1.500 € que gañará o primeiro clasificado. O favorito é o holandes Sokolov, e poderemos ver en acción ao GM galego Iván Salgado. As partidas poderán seguirse en directo na web oficial todos os días a partires das 16:00.

venres, 19 de outubro de 2012

- O SOCAR campión de Europa por equipos

O equipo de Azerbaijan SOCAR foi o gañador do campionato europeo de clubes, empatado a puntos co San Petersburgo, pero con mellor desempate. Xogaron nel Radjabov, Grischuk, Mamedyarov, Kamsky e Safarly, actuando como capitán unha das lendas que quedan do xadrez soviético do século XX, Tukmakov.
O equipo español do Gros Xaque Taldea, con Van Wely, Bauer, Landa, Alejandro Franco, González de la Torre e Argandona rematou no posto 13º de 16. Na categoría feminina o equipo de Montecarlo non tivo rival e gañou con comodidade.

mércores, 17 de outubro de 2012

- Magnus Carlsen gañador do Grand Slam

O número un mundial tivo que gañar nas rápidas a Fabiano Caruana para levarse a edición 2012 do Grand Slam, que xogouse entre Sao Paulo e Bilbao. Os dous chegaron empatados a 17 puntos ao final do torneo, gañando o noruegués as dúas rápidas para repetir título un ano despois. Terceiro foi Aronian con 11 e cuarto Karjakin con 10. O campión mundial Anand fixo 9 puntos sen ser capaz de gañar partida, o mesmo que o colista Vallejo que rematou con 6 puntos.