domingo, 15 de xuño de 2014

Norway Chess 2014 (Final) O GM Karjakin gañador por diante de Carlsen e Grischuk

O ruso Sergey Karjakin acadou o primeiro posto do No Logo Norway Chess do ano 2014 tras vencer na derradeira rolda a Fabiano Caruana e sumar así 5,5 puntos. O campión do mundo Carlsen tamén gañou na derradeira rolda ao seu compatriota Agdestein, pero botou en falta o medio punto que deixou de gañar a Svidler na rolda anterior e quedou segundo. O ruso Grischuk con negras derrotou ao tamén ruso Kramnik, subindo así ata a terceira praza e deixando a penúltima ao seu rival. O cadro final:
PlName123456789PointsBergerWinsBlack winsi-Ratingprest
1
GM Sergey Karjakin 05 06 10 03 07 02 08 09 04
6,0
26,25
4
2
 2899 (+15,40)
2
GM Magnus Carlsen 08 09 04 05 06 01 03 07 10
5,5
23,50
2
0
 2841 (-4,10)
3
GM Alexander Grischuk 04 05 06 01 10 07 02 08 09
5,0
21,00
3
2
 2814 (+2,50)
4
GM Fabiano Caruana 03 07 02 08 09 10 05 06 01
4,5
19,75
2
1
 2771 (-2,40)
5
GM Veselin Topalov 01 03 07 02 08 09 04 10 06
4,5
19,50
2
1
 2774 (+0,40)
6
GM Levon Aronian 10 01 03 07 02 08 09 04 05
4,0
18,25
1
0
 2726 (-10,50)
7
GM Peter Svidler 09 04 05 06 01 03 10 02 08
4,0
18,25
0
0
 2733 (-2,10)
8
GM Anish Giri 02 10 09 04 05 06 01 03 07
4,0
17,75
1
0
 2733 (-2,00)
9
GM Vladimir Kramnik 07 02 08 10 04 05 06 01 03
4,0
17,00
2
1
 2729 (-6,40)
10
GM Simen Agdestein 06 08 01 09 03 04 07 05 02
3,5
15,75
0
0
 2710 (+9,20)

martes, 10 de xuño de 2014

O chinés Wi Yi gaña o Maxistral de León

O chinés de quince anos Wi Yi foi o gañador do cuadrangular de León, vencendo na final a Vallejo. Nas semifinais Wi Yi vencera a Iván Salgado, mentres que Vallejo eliminara a campiona mundial Yifan Hou.

luns, 9 de xuño de 2014

Norway Chess 2014 (R6) A falta de tres partidas sete xogadores en medio punto

Xornada movida no Norway Chess que estase a xogar en Stavanger, onde entrouse con un lider e saiuse con tres.
No encontro Aronian - Giri o holandés conseguiu chegar a un final con peón de máis, pero a presenza de bispos de diferente cor e con todos os peóns no mesmo flanco a partida rematou en táboas axiña. No encontro entre rusos da rolda, Grischuk - Svidler, en canto chegouse a unha posición de medio xogo igualada repetiron posición, aínda que parece que pouca cousa poderían facer para romper o empate.
Carlsen con negras xogou a defensa berlinesa contra Karjakin e rápidamente chegaron a unha posición morta na que firmaron táboas. O outro noruegués do torneo, Agdestein, segue a ser a sorpresa do mesmo. Hoxe contra o exlíder Caruana non pasou apuros e empatou, mantendo o seu +1.
A partida do día foi o encontro entre Topalov e Kramnik, que seguen sen levarse nin un pouco ben. Nela o ruso, líder do torneo, sacrificou torre por cabalo e peón na apertura obtendo suficiente contraxogo, pero perdeu o fío da partida e quedou peor e logo con un error táctico rematou por quedar perdido. Todo isto pasou nos apuros de tempo onde comezou un festival de malas xogadas por parte dos dous xogadores onde Kramnik cometeu o derradeiro erro e perdeu.
A falta de tres roldas Kramnik, Caruana e Carlsen empatan na cabeza con 3,5 puntos. Tras deles con 3 puntos Giri, Karjakin, Agdestein e Grischuk. Sete xogadores con todas as opcións para gañar o torneo.

domingo, 8 de xuño de 2014

Norway Chess 2014 (R5) Kramnik vence a Caruana e ponse líder

O ruso Vladimir Kramnik derrotou ao hasta agora líder da proba, o italiano Fabiano Caruana, sumando así 3,5 puntos polos 3 do italiano, e acada a primeira praza da táboa no No Logo Norway Chess 2014. O ruso chegou a un final de torres con peón de vantaxe que o italiano non quixo xogar ata o final e abandonou.
Tamén acadou a vitoria na rolda Anish Giri diante de Topalov, que tiña vantaxe decisiva pero fixo unha xogada perdedora con todo a favor. Táboas entre rusos no Svidler - Karjakin, nunha partida sempre equilibrada.
Finalmente tamén primeira vitoria do torneo para o campión do mundo Carlsen, diante de Aronian, nunha partida na que estivo peor pero que o armenio acabou por estragar a súa posición.

venres, 6 de xuño de 2014

Norway Chess 2014 (R3) Caruana líder en solitario

Tras xogarse tres roldas o italiano Caruana vai líder do torneo tras gañar dúas partidas e empatar outra. Tras del están dous xogadores rusos, Grischuek e Kramnik, con dous puntos.

mércores, 4 de xuño de 2014

Norway Chess 2014 (R1) Unha única vitoria por parte de Caruana

Na primeira rolda do torneo No Logo Norway Chess todas as partidas remataron en táboas salvo a vitoria de Caruana ante Grischuk nun "blunder" do ruso. Os xogos foron moi disputadas e non houbo empates sen loita. Caruana é o primeiro líder cara á segunda rolda deste torneo que se está a xogar en Stavanger, Noruega.

luns, 2 de xuño de 2014

Carlsen gaña o torneo de rápidas do Norway Chess 2014

En Noruega vai ter lugar estes días un dos torneos máis fortes do ano, o No Logo Norway Chess 2014. O de No Logo é porque a lei noruega non permite anunciar a Unibet, que é quen pon os cartos para o torneo (iso si o poder facer, o de poñer os cartos) Nove roldas dun torneo que comeza mañá e remata o día 13, e con unha media de ELO de 2774, rebaixada pola inclusión dun segundo noruego, o GM Agdestein que "soamente" ten 2628.
Como previa disputouse un torneo de rápidas onde o campión mundial Magnus Carlsen gañou con autoridade, facendo 7,5 puntos sobre 9. Na segunda praza quedou o número dous do mundo, Levon Aronian, que con 6,5 fixo tamén un gran torneo. Terceira praza compartida para dous rusos, Karjakin e Grischuk, que empataron con 5,5 puntos. A clasificación final foi a seguinte:
1º Carlsen: 7,5
2º Aronian: 6,5
3º Grischuk e Karjakin: 5,5
5º Svidler: 5
6º Giri: 4,5
7º Caruana e Krmanik: 4
9º Topalov: 2
10º Agdestein: 1,5