xoves, 9 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot 2012 (R3) Xa non quedan xogadores co 100%

Soamente tres roldas e todos os xogadores cederon algún medio punto polo menos. As estratexias a longo prazo están a ofrecer partidas decepcionantes. Na partida da primeira mesa unhas penosas táboas en 17 xogadas entre Alekseev e Rodshtein. Na terceira mesa outras táboas de GM entre Gupta e Vallejo... E así unhas cantas máis. Sorte que non todos fixeron o mesmo e tamén houbo boas partidas que non fagan fuxir aos patrocinadores.
Dos españois o empate de Vallejo co GM indio Gupta (2652) foi un simulacro de partida, pero deixao con dous puntos de tres preto da cabeza e mantendo todas as opción de levarse o torneo. Alsina perdeu con Zherebukh (2594) tras unha apertura dudosa. Sacrificou despois calidade para ter contraxogo, pero o ucraniano simplificou a posición e chegaron a un final sen opcións para Alsina. Iván Salgado herdou o rival de Alsina da rolda anterior, o GM Balogh (2665), levando negras o galego. A partida foi unha española na que as brancas xogaron d3, que derivou nunha posición moi pechada. De súpeto o xogo derivou nunha serie de golpes tácticos que simplificou a posición, pero cando parecía que a cousa calmábase Iván cambiou o cabalo por dous peóns, chegando a un final de dama e cinco peóns contra dama, cabalo e dous peóns. O xogo do galego non foi preciso e as brancas activaron o cabalo e remataron gañando.
A partida de Salgado: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario