xoves, 16 de febreiro de 2012

- Open Aeroflot (Final) Bartel foi o gañador grazas ao desempate

En todas as partidas nas que os xogadores tiñan oportunidade de rematar ca máxima puntuación posible houbo loita, pero ao final todas remataron en táboas, polo que Korobov, Eljanov e Bartel con seis puntos e medio empataron na primeira praza. O desempate favoreceu ao polaco Bartel, sendo segundo Korobov e terceiro Eljanov. Tras deles a medio punto Khalifman, Rodstein, Caruana e Melkumyan.
Os españois remataron de xeito diferente. Iván Salgado gañou ao GM Jumabaev (2573) e con iso finalizou en cinco puntos un pouco por riba do medio da táboa. Alsina fixo táboas nun difícil final contra Sandipan (2628) para finalizar o torneo en catro puntos, os mesmos que Vallejo, que tras perder con Esen (2534) quedouse nesa cifra pola parte media baixa da táboa, moi lonxe do posto no que partía no ranking inicial.
Web oficial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario