Amosando publicacións coa etiqueta Rostov 2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rostov 2011. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de agosto de 2011

- Gran Prix feminino 2011-2012. Rostov (10R) Hou con un punto de vantaxe a falta dunha partida

Queda a rolda de mañá para que Yifan Hou gañe a proba. Lahno e T. Konsintseva están a un punto dela, pero non é probable que Stefanova, que xoga con negras contra a líder e que está na metade da táboa, vaia sair a morte diante da chinesa na partida decisiva. Pero todo podería ser.
A táboa antes do final:
RSNoNomeRtgFED123456789101112PtsSBRes.Rp
111GMHou Yifan2575CHN*0½1½111½1133.5002715
210GMLahno Kateryna2536UKR1*½011110½½32.5002627
39GMKosintseva Tatiana2557RUS½½*½½½1½1½130.0002637
45IMMuzychuk Anna2538SLO01½*½½½11½½628.5002598
56GMKosintseva Nadezhda2560RUS½0½½*½½½½1124.7502564
62GMKoneru Humpy2614IND0½½½*½½½110522.7502517
71GMStefanova Antoaneta2524BUL00½½½*10½½118.7502486
87GMDanielian Elina2521ARM00½½½0*101118.5002490
93IMGalliamova Alisa2492RUS000½½10*1½117.7502491
1012WGMRuan Lufei2479CHN½1000½10*½½419.7502456
114GMKosteniuk Alexandra2497RUS0½½½00½0½½*316.0002391
128IMKovalevskaya Ekaterina2427RUS0½0½01000½*13.2502347

mércores, 10 de agosto de 2011

- Gran Prix feminino 2011-2012. Rostov (7R) Yifan Hou arrasa

A Campiona do Mundo quitoulle todo interés ao torneo. Leva 6,5 de 7 e sácalle dous puntos a segunda clasificada cando faltan catro partidas para rematar a competición. Está rendindo a 2943, e non parece que ninguén poida freala. Mañá tentará facelo Lahno, que é a súa persegudora na xeral.

xoves, 4 de agosto de 2011

- Gran Prix feminino 2011-2012. Rostov (3R) Yifan Hou toma a dianteira

A campiona mundial Yifan Hou repetiu vitoria na terceira rolda, e ten tres puntos, o cal a deixa primeira en solitario na clasificación xeral. Desta vez deulle unha malleira impresionante a ex-campiona mundial Kosteniuk, que a pesares de levar brancas estivo toda a partida defendendo. As irmás Kosintseva empataron en 13 xogadas como era de esperar. A armenia Galliamova conseguiu gañar, polo que todas as xogadoras xa conseguiron puntuar.

martes, 2 de agosto de 2011

- Gran Prix feminino 2011-2012. Rostov (1R) Gañan Hou e Lahno

Comezou un novo ciclo do Grand Prix feminino da FIDE, e a primeira proba ten lugar na localidade rusa de Rostov. Doce xogadoras que van xogar un pechado que rematara o día 14 de agosto.
Na primeira rolda a favorita do torneo por elo, Humpy Koneru perdeu con brancas diante da chinesa Yifan Hou, nunha posición igualada na que tivo un erro decisivo. Tamén con negras gañou Kateryna Lahno a Galliamova, que sacrificou dama por tres pezas menores na apertura e xogou peor as grandes complicacións tácticas que apareceron. O resto das partidas foron táboas con moita loita.