martes, 2 de agosto de 2011

- Gran Prix feminino 2011-2012. Rostov (1R) Gañan Hou e Lahno

Comezou un novo ciclo do Grand Prix feminino da FIDE, e a primeira proba ten lugar na localidade rusa de Rostov. Doce xogadoras que van xogar un pechado que rematara o día 14 de agosto.
Na primeira rolda a favorita do torneo por elo, Humpy Koneru perdeu con brancas diante da chinesa Yifan Hou, nunha posición igualada na que tivo un erro decisivo. Tamén con negras gañou Kateryna Lahno a Galliamova, que sacrificou dama por tres pezas menores na apertura e xogou peor as grandes complicacións tácticas que apareceron. O resto das partidas foron táboas con moita loita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario