martes, 30 de agosto de 2011

- Copa do Mundo 2011 (1.D) Vallejo pasa a seguinte rolda

Francisco Vallejo derrotou a Jorge Cori 1,5 - 0,5 no desempate e pasa a segunda rolda onde estará cos 64 mellores. O seu rival será o cubano Bruzón, que ven de dorrotar ao tamén cubano Quesada.
Pola sua parte Shirov terá diante ao actual campión de Europa Potkin, que pasou vencendo a Shulman.
Nos 32º de final o número 1 Karkajin vai ter unha dura proba diante do perigoso filipino Wesley So. Outro enfrontamento moi duro vai ser o Polgar - Movsesian. A segunda rolda será mañá mércores as 15 hora española.

Ningún comentario:

Publicar un comentario