luns, 10 de marzo de 2014

Asemblea Xeral da FEGA

O día 16 de marzo en Padrón vai ter lugar a Asemblea Xeral da Federación Galega de Xadrez.
Orde do día.

domingo, 9 de marzo de 2014

Europeo 2014 (R6) Motylev líder en solitario

Con 5,5 o GM Alexander Motylev lidera o campionato europeo que estase a xogar en Armenia. Tras del un gripo de xogadores a medio punto: Wojtaszek, Hrant, Laznicka. Os dous xogadores españois, David Antón e Iván Salgado están no grupo dos catro puntos.

martes, 4 de marzo de 2014

Campionato de Europa en Erevan sen xogadores de primeira fila

Comezou o Campionato de Europa de Xadrez en Erevan, Armenia. Un torneo suizo no que non están ningún dos mellores de Europa de verdade, que preferiron quedarse en casa. Nin Carlsen, nin Aronian, nin Kramnik, nin Caruana, nin Topalov, nin Grischuk... O primeiro da orde de forza e Bacrot, o 19º do mundo e que ten quince europeos por diante na lista. A vantaxe disto e que vai ser un torneo moi aberto e con moitos posibles gañadores.
Participa o GM Iván Salgado como mellor español, e tras dúas roldas leva dous de dous, un bo arranque. Tamén xoga o GM David Antón que fixo 1,5 o que tamén é un bo inicio. O grupo de líderes está comandado por Aleksey Goganov, empatado con vinteoito xogadores.
Web oficial.

sábado, 1 de marzo de 2014

Novo record de Carlsen na lista ELO FIDE de marzo 2014

2881. Esta é a nova cifra de Elo que acadou Carlsen na lista de marzo de ELO FIDE, que é o novo record.
Na segunda praza da lista Aronian tamen batiu a súa marca e chega ata os  2830, conseguindo á terceira marca da historia.
A terceira e a cuarta praza son para Kramnik e Topalov, con 2787 e 2785, tentando recuperar os 2800 que chegaron a ter non fai tanto. Caruana segue quinto con 2783.
O mellor español dese fai moito segue a ser Vallejo, que perdeu os 2700 e está con 2697.

venres, 28 de febreiro de 2014

Do día 1 ao 4 de marzo en Pontedeume van ter lugar os campionatos galegos Sub-14 e Sub-18. A FEGA publica os xogadores neste enlace.

mércores, 26 de febreiro de 2014

A FIDE anuncia o campionato mundial amateur


A finais do mes de abril en Singapur terá lugar o campionato mundial amateur. Nel soamente poden xogar xadrecistas que non tivesen 2000 de Elo ou maior nun prazo de dous anos.

sábado, 15 de febreiro de 2014

Aberto o prazo para presentar as ofertas para organizar o match polo título mundial

A FIDE abriu o prazo para organizar a finais do 2014 o match entre Magnus Carlsen e o gañador do torneo de candidatos que vai ter lugar nos próximos meses. Destacan que a cifra en premios do match Anand - Carlsen foi de 1.850.000 €. Os interesados teñen que mandar as ofertas antes do dez de marzo á oficina da FIDE en Grecia.

venres, 7 de febreiro de 2014

Cheparinov gaña o Open de Gibraltar 2014

O Open de Gibraltar 2014 rematou con tres xogadores na cabeza empatados a 8 puntos: Cheparinov, Ivanchuk e Vitiugov. O búlgaro foi que levouse o desempate final, quedando Vitiugov segundo e Ivanchuk terceiro. Tras deles un grupo de xogadores a medio punto, no que Vachier-Lagrave obtivo a cuarta praza e a quinto foi para Li Chao. O primeiro español foi Iván Salgado con sete puntos no posto 21.

mércores, 5 de febreiro de 2014

Zurich (Final) Caruana gaña á rápidas e Carlsen lévase o torneo

O día de partidas rápidas non foi moi bo para o campión mundial, que fixo 2 de 5 e rematou na cuarta posición. Gañou Caruana con 4 puntos, por diante de Nakamura (3,5) e Aronian (3). Gelfand penúltimo con 1,5 e pechou Anand, quen o diría fai anos, con un punto en partidas rápidas.
Pero a combinada do torneo, lentas e rápidas, deu como gañador a Magnus Carlsen con 10 puntos, por diante de Caruana e Aronian que sumaron 9. Nakamura 7, Anand 5 e Gelfand 4,5 ocuparon os postos do 4º ao 6º.

martes, 4 de febreiro de 2014

Zurich (R5) Carlsen gaña a proba a ritmo clásico

Tras facer táboas con Anand o campión mundial Magnus Carlsen quedou gañador da proba a ritmo lento con catro puntos en cinco partidas. Aronian rematou segundo con tres puntos tras perder con Caruana, que acadou a terceira praza a medio punto do armenio. Anand e Nakamura empataron con dous puntos e pechou Gelfand con un e medio.
Para pechar o torneo a proba de rápidas xogarase hoxe, con a metade do valor dos puntos acadados para a clasificación final.