luns, 29 de decembro de 2014

O polaco Duda campión europeo de rápidas

O Campionato de Europa de rápidas tivo lugar en Polonia, e o gañador foi o local Jan-Krysztof Duda con 9,5 puntos. Empatou con catro xogadores máis, pero beneficiouse do desempate. A prata foi para Volokitin de Ucrania e o bronce para Gajewski de Polonia. Vallejo rematou 12º, Guijarro 48º e Salgado 53º.

Navara campión europeo blitz e medalla de bronce para Iván Salgado

O checo David Navara levouse o campionato europeo blitz que tivo lugar en Polonia, facendo 19 puntos. Tras del empataron a 17 puntos seis xogadores, sendo a prata para o polaco Duda e o bronce para o galego Iván Salgado. Participaron 616 (!) xogadores.

domingo, 23 de novembro de 2014

Carlsen retén o título mundial tras vencer a Anand na penúltima partida

O noruegués Magnus Carlsen derrotou ao indio Anand Viswanathan na partida número once das doce do match. Cunha vantaxe de dous puntos a partida doce non é necesaria para saber o campión.
Na partida Carlsen levaba brancas e Anand negras. Xogaron unha Española variante Berlinesa, e a liña seguida foi unha con bastantes partidas rexistradas. De feito no 2001 Anand a xogou con brancas contra Kramnik.
Ao principio do medio xogo Anand xogou de xeito moi agresivo sacrificando a calidade, pero despois non foi preciso para manter a iniciativa lograda. Carlsen si foi preciso, e pouco a pouco rexeitou o xogo das negras para acabar impoñendo a súa vantaxe material para obter un final gañado.

venres, 21 de novembro de 2014

Carlsen - Anand (R10) Empate sen atrancos para Carlsen

A décima partida do Mundial non supuxo nada positivo para Anand, que non foi quen de poñer en apretos a Carlsen. A Defensa Grünfled do campión foi unha elección máis que suficiente para manter a súa vantaxe no marcador de un punto. En ningún momento da partida Anand foi quen de ter nin tan sequera algo cerca a posibilidade de gañar, polo que queda obrigado a gañar algunha das dúas partidas que faltan se quere xogar o desempate.

xoves, 20 de novembro de 2014

Carlsen - Anand (R9) Táboas por repetición no inicio do medio xogo e a partida queda sen xogarse

A novena partida do mundial rematou en táboas por repetición na xogada 20. Quedan dúas partidas con brancas para Anand e unha para Carlsen e o campión segue un arriba.
A partida entrou nunha Berlinesa na Española e ata a xogada 13 de Carlsen seguiu unha partida anterior entre Domínguez e Ponomariov. Anand variou facendo unha xogada nova, e soamente tres xogadas despois Carlsen ofreceu táboas implicitamente repetindo posición e a partida acabouse con esas táboas.
Mañá a décima partida con Anand obrigado a gañar unha das tres que faltan para chegar ao desempate.

martes, 18 de novembro de 2014

Carlsen - Anand 2014 (R8) Táboas nunha partida correcta pero sen moita emoción

O aspirante ao título mundial non foi capaza de poñer en apretos ao campión, polo que perdeu unha oportunidade de igualar o marcador do encontro cas pezas brancas.
A partida foi un gambito de dama no que Carlsen conseguiu igualar a posición sen moitos atrancos, pasando páxina da derrota que sufriu onde a preparación caseira de Anand pasoulle por riba. Tras cambiar a maioría das pezas chegouse a un final que nin sequera tentaron xogar porque non había nada.

luns, 17 de novembro de 2014

Carlsen - Anand 2014 (R7) Táboas que manteñen a Carlsen un arriba

Na sétima partida do mundial Carlsen levaba brancas e Anand con negras escolleu entrar outra vez na española. Desta vez a variante foi unha Defensa Berlinesa bastante coñecida, e de feito a partida foi igual ata a xogada 21 de Anand a partida que xogaron Giri contra Caruana o mes de outubro en Tashkent.
Anand optou por un plan no que sacrificou un bispo por dous peóns para quedar con torre e catro peóns contra torre, cabalo e dous peóns. Con todos os peóns no mesmo flanco, a pesares de ter Anand un peón dobrado, tratar de sacar máis que táboas polas brancas era una tarefa moi complicada. Carlsen tentouno durante unhas horas, pero ao final rematou perdendo as posibilidades tras ter que cambiar os seus peóns, a tivo que evitar que Anand coroase algún dos que lle quedaban. Tras moitas voltas a partida acabou en táboas.

domingo, 16 de novembro de 2014

Match Carlsen - Anand (R6) Vitoria de Carlsen con erro incluido

A sexta partida do mundial foi gañada polo campión que tivo a sorte de que o aspirante pasase por alto un erro táctico que puido cambiar o resultado da partida Carlsen deixou colgada unha peza por un xaque intermedio, e a única solución era perder un par de peóns. Isto debería costarlle case de seguro a partida, pero Anand non o viu. A partida comezou con unha siciliana, na que Carlsen iniciou o medio xogo ca iniciativa e presionando. Anand ideou un plan de contraxogo e o levou a cabo, pasando por iso seguramente por alto o erro de Carlsen, e seguramente darse de conta do ocurrido fixo que fose impreciso e a súa posición caeu en poucas xogadas
O match está na metade, e o marcador de 3,5 - 2,5 e favorable a Carlsen. O luns a seguinte partida.

venres, 14 de novembro de 2014

Match Carlsen - Anand Sochi 2014 (R5) Táboas que manteñen o empate

A quinta partida do mundial rematou en táboas tras 39 xogadas. A defensa india de dama do campión foi suficiente para non pasar apuros serios na partida, que foi bastante tranquila. Anand tivo a iniciativa a maior parte do tempo, pero sempre moi escasa e sen posibilidade de crear perigo, polo que pouco a pouco foron cambiándose as pezas ata chegar a un final de torres completamente igualado e acordouse o empate.

mércores, 12 de novembro de 2014

Grischuk gaña o Memorial Petrosian 2014

O ruso Grischuk con 5,5 foi o gañador do Torneo Tashir, Memorial Petrosian, que tivo lugar en Moscú. Tras del quedou Kramnik, que mellorou sustancialmente os resultados que estaba a ter no último ano, e na terceira praza o veterano Gelfand empatado con Aronian pero con mellor desempate.